Villares defende que a Coordenadora eleita “é moi plural” e non ve “risco de ruptura” de En Marea

Nunha entrevista en Europa Press, o portavoz da organización recoñece que “tería sido mellor” un “consenso” para a executiva e afirma que se sinte “respaldado”polos alcaldes da Coruña, Compostela e Ferrol.

Luís Villares. 27 Febreiro de 2017

Embora non ser elixida por consenso, a Coordenadora – órgano executivo- de En Marea é “moi plural” pois na mesma están representadas proporcionalmente as tres candidaturas que competiron nas eleccións internas do partido. Dío Luis Villares nunha entrevista con Europa Press, onde recoñece que tería sido mellor” chegar a un “consenso” mais este non foi posíbel embora que el indica que tentou acadar un acordo en todo momento.

Desbota que se poida falar de “exclusións”, senón que o que houbo foi “renuncias” a facer parte da Coordinadora de En Marea por parte de persoas que “estaban convidadas” a integrarse na executiva. Explica na entrevista que presentou unha proposto con sete nomes da candidatura ‘Máis Alá’, con Iago Martínez (Marea Atlántica), Rafael Dopico (Anova) ou Noemi Padros (Esquerda Unida), entre outros. Esta oferta propiciaba que os integrantes desta lista cedesen na súa proposta do sistema de portavocías (aceptando que Villares fose portavoz) en troques dunha maior representación.

Luis Villares afirma sentirse “respaldado” polos alcaldes da Coruña, Ferrol e Compostela embora que nesta semana os tres expresaran, en diferente nivel e intensidade, a súa discrepancia para coa conformación da Coordinadora, por entender que non abrangue todas as sensibilidades de En Marea. Villares tamén se refire na entrevista a opinión de Xosé Manuel Beiras nesta cuestión. Beiras defendeu que Villares sexa “referencia individual”. O papel de Beiras no  proceso de confluencia que se deu nestes anos foi posto en valor por Luis Villares. Destacou a súa “influencia decisiva” no mesmo.

Comentarios