'En concreto': Luísa Villalta e nós

O símbolo da subida, asentado na experiencia andante de Luísa Villalta, é unha máquina polisémica que serve para expresar tamén a consciencia do labor de escrita poética. Sobe, pois, Luísa, no aprezo de lectoras e lectores e continúa a subir no autorretrato que deseñan os seus versos, na imaxe en que ela mesma descobre novos atributos do seu ser. Afástase a poeta do perfil da súa propia figura para, desde a distancia oportuna, contemplar outro dos seus vértices humanos, o da loitadora esperanzada, soñadora, a que albisca no horizonte un futuro tal vez realizábel de liberdade e xustiza.
Luísa Villalta, por Andrade.
photo_camera Luísa Villalta, por Andrade.
Sobe as escadas Luísa unha e outra vez. Ascende, gabea, rube chanzo a chanzo en dirección á Cidade Alta do seu propio nome, cara ao facho do seu mellor poema, da máis clara definición do seu ser. Os…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Reportaxes
Comentarios