Acción para denunciar sobre-explotación e a fraude nas obras de ampliación de Rande

Xornadas de até 12 horas, salarios de 7 euros á hora, traballar a 60 metros de altura a pleno sol... 

cig rande

CIG-Construción e CIG-Industria realizaron esta terza feira unha acción nas obras de ampliación da ponte de Rande para denunciar a “sobre-explotación” e “fraude” nestas obras.  Xornadas prolongadas de  até 12 horas, salarios de 8 euros á hora que inclúen pagas extras e vacacións e traballos que deben ser realizados a 60 metros de altura sen o pertinente descanso.

Estas son algunhas das condicións dos operarios que traballan na ampliación da AP9 na ponte de Rande, segundo teñen denunciado desde a CIG e tamén o BNG no Parlamento galego. O parlamentar nacionalista denunciara que esta situación provoca “unha fraude a Facenda e a Seguridade Social” e o gran número de horas traballadas  polos  actuais traballadores, entre 210 e 300, impiden que se xeren novos postos de traballo.

Comentarios