CIG estrea nova web

Desde esta segunda feira, redeseño estético e de fundcionalidade, para alén de introducir novidades.

web cig

Desde esta segunda feira a CIG ten unha web renovada e redeseñada, cun novo pulo tanto en estética como funcionalidade. Accesibilidade e simplicidade foron dous dos eixos da nova web, que contempla novos servizos e apartados, un completo centro de documentación e un buscador de convenios, entre outros. A central traslada ao novo dominio “CIG.gal” o seu diario dixital e páxina web central.

No apartado multimedia agora será máis doada a pesquisa de galerías de fotos nunha base de datos que parte de 2008, coa posibilidade de descargar as imaxes de xeito individual. A sección de vídeo mellora, así mesmo, a presentación, algo que sucede tamén coa de opinión.O redeseño do apartado de novas, pola súa banda, contempla tanto a capa principal como a maqueta de cada peza, procurando unha maior facilidade na lectura, cohesionando mellor o corpo cos materiais grá cos e audiovisuais e incorporando destacados e noticias relacionadas. Tamén se potencia a integración coas redes sociais, simplificando a partilla en facebook, twitter e whatsapp. A visualización adáptase, asemade, a calquera dispositivo móbil ou tablet

Comentarios