Finaliza sen acordo a primeira xuntanza da representación das traballadoras de Bershka coa dirección

Seguemento total e fechamento de todas as tendas na provincia de Pontevedra na sexta xornada de paro. As traballadoras analizarán en asemblea os resultados da reunión.

bershka folga greve CIG
photo_camera bershka folga greve CIG

Seguimento absoluto na sexta xornada da greve en Bersha na provincia de Pontevedra, día na que a representación das traballadoras mantivo unha primeira xuntanza en Compostela coa dirección da empresa que rematou sen acordo, polo que o paro indefinido continúa. Esta cuarta feira as traballadoras analizarán en asemblea o contido nesa reunión.

A greve convocada polo comité de empresa (cinco delegadas da CIG) faise contra a discriminación laboral que padecen as empregadas pontevedresas con respecto ao persoal doutras provincias. Desde o sindicato salientan que o conflito laboral está a espertar unha “gran vaga de solidariedade non só no país senón tamén no conxunto do Estado a pesar do silenciamento informativo de boa parte dos medios de comunicación”.

A reunión coa dirección prolongouse dende as 13:00 até case as 21:00 horas, e a pesar de que se achegaron posturas con respecto a algunhas das reivindicacións o acordo non foi posíbel pola negativa da empresa a aceptar as reclamacións económicas do cadro de persoal.

Exemplo

Entre os apoios chegados dende distintos puntos do Estado salienta o da central sindical vasca LAB, que fixo público un comunicado no que lle traslada o seu apoio e solidariedade ao persoal pontevedrés de Bershka,

Comentarios