Os contratos temporais aumentan un 25% desde o comezo da crise

Máis de 9.200 traballdor@s tiveron en 2013 contratos por un tempo inferior ao mes. Entre a mocidade, xa supoñen un terzo do total. 

Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), os dados da EPA reflicten que o número de contratos temporais aumentan notabelmente desde que estourou a crise. Neste senso, se en 2010 esta modalidade contractual --por días-- representaba o 2,8% do total, en 2013 situouse no 5%. 

Os dados reflicten que a precarización laboral está detrás dos postos de traballo creados nos últimos anos pois en 2013 foron 9.200 @s traballador@s contratad@s por un tempo inferior a un mes. Neste senso, en 2010 o número de contratos eventuais situábase en 22,7% mentres que no pasado ano ascendeu ao 25%. 

Entre os 20 e os 24 anos a temporalidade xa supón un terzo dos contratos

Aliás, os contratos a media xornada tamén se incrementaron de maneira notábel (+14%) en relación a hai tres anos. E atinxe de maneira especial ás faixas de idade máis novas. Así, entre as persoas de 20 e 24 anos esta modalidade contractual supón un terzo dos contratos totais. 

A proliferación destes contratos débese en boa medida, denuncian os sindicatos, á aprobación das reformas laborais que flexibilizaron as condicións e permiten o uso xeralizado deste tipo de relacións laborais. Por sectores, é nos servizos onde máis presenza de traballador@s eventuais e temporais se atopan mais tamén se está a producir con maior asiduidade na administración pública, por exemplo, en sanidade --como denuncian as centrais sindicais. 

Comentarios