Despedida "por non cumprir obxectivos" unha traballadora que estivo de baixa por enfermidade crónica

Este é o segundo despedimento deste tipo que Clence, concesionaria do servizo de limpeza do Hospital Lucus Augusti (HULA), executa no último ano, denuncia a CIG. 

Acceso principal do HULA, en Lugo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Porta_Lucus_Augusti_HULA_Lugo

“Incluso deixaron que a traballadora se vestira de uniforme para recibir a noticia, tendo que irse de seguido para a súa casa", afirman desde a CIG, que achacan a decisión de despedir a traballadora ao servizo de persoal de Clence en Madrid. O Comité denuncia que a empresa ameaza as traballadoras con coaccións telefónicas, cambios nas vacacións, entrevistas obrigatorias, e mesmo se nega a recoller os partes de baixa entregados por familiares. "Se quere rebaixar o absentismo laboral esta non é a vía. O que tería que facer sería valorar a distribución das cargas de traballo e o clima laboral, entre outras moitas cousas", apuntan.

O Comité demandou a implicación da Xerencia do HULA para que, como titular da contrata, "condicione ás empresas subcontratadas a levar prácticas éticas na xestión dos recursos humanos". Dende o Comité de Empresa e o de Seguridade e Saúde engaden que realizarán todas as peticións e denuncias que sexan precisas "para frear estas malas prácticas empresariais".  

Comentarios