O sistema de xestión das Incapacidades Temporais a través das Mutuas Patronais de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais crea indefensión nas traballadoras e traballadores. Os sindicatos aseguran que nos últimos anos multiplicáronse os casos e as denuncias.
Os sectores máis afectados son aqueles cunha grande precariedade e a muller é a máis prexudicada. Desde CCOO denuncian casos que afectan á maternidade con mutuas que non conceden a baixa seguindo criterios diferentes que os que emprega o Instituto da Seguridade Social.
Desde a CIG apuntan que a falta de información é un dos problemas que teñen as traballadoras e traballadores para defender os seus dereitos.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.