“A sanidade privada incrementa os beneficios e pretenden recortar persoal e salarios”

Os sindicatos retoman as mobilizacións contra o “bloqueo patronal” da negociación do convenio colectivo na provincia da Coruña

sanidade privada CIG

Unha protesta no Hospital San Rafael deu o disparo de saída a retomar as mobilizacións convocadas por CIG, UGT e CCOO contra o bloqueo patronal na negociación do convenio colectivo da sanidade privada da Coruñao.

As negociacións están totalmente bloqueadas porque a patronal "négase a entrar a calquera tipo de negociación que non sexa o incremento salarial do 0,625% para 2016, 2017 e 2018. Isto supón hipotecar o futuro dos traballadores para os próximos tres anos", explica o delegado da CIG e voceiro do colectivo, Milton Pérez.

“Non acepta nin tan sequera que os permisos por enfermidade ou por falecemento se concedan en días hábiles e non solapando as libranzas semanais que xa corresponden por dereito as traballadoras e traballadores", critica.

Beneficios empresariais

Pérez informou que os salario bruto para un enfermeiro está nos 1.002,76€/mes, nos 841,05€ para un auxiliar de enfermaría ou nos 755,33€ para un pinche de cociña, limpador/, etc. Salarios que cualificou de "miserábeis", tendo en conta que "estes hospitais privados están recibindo un cantidade importante de doentes derivados do Sergas e que cada ano incrementan a súa facturación". Sobre o negocio que supón a sanidade privada, CIG lembra que xa no ano 2012, os hospitais privados de Galiza facturaron uns 300 millóns de euros. "E ao tempo que incrementan beneficios pretenden reducir o persoal para facer o mesmo traballo e recortar os salarios", censura.

Comentarios