Seguimento total da greve en Alcoa na Coruña

O persoal da factoría coruñesa iniciou esta quinta a primeira de tres xornadas de folga na defensa do convenio colectivo.

Mobilización en Alcoa
photo_camera Imaxe: CCOO

Seguimento total na primeira das tres xornadas de greve convocadas en Alcoa-A Coruña na defensa do convenio colectivo. Na actualidade as negociacións están bloqueadas e de que estas se retomen e cheguen a bo porto, sinaland esde CCOO, dependen as condicións laborais de 370 persoas.

Nesta primeira xornada unicamente acudiron a traballar os servizos mínimos. O presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho lamentou a actitude da empresa, que ademais de dilatar as negociacións —duran xa ano e medio—, “teima en vincular o convenio ao sistema de poxa eléctrica. O sindicalista tamén reprocha que Alcoa propoña subas salariais que nin sequera cobren o incremento do IPC”.

Comentarios