Os operarios esixen unha solución ao Goberno central que garanta os seus postos de traballo. O Executivo de Sánchez asinou un preacordo con Alcoa segundo o que as partes se comprometen a buscar un investidor antes do 1 de xullo. O presidente do comité de empresa da factoría da Coruña asegurou que, para que apareza un investidor, “debe regularse antes o estatuto para as empresas electrointensivas”.
Á protesta laboral asistiron traballadores asturianos de Alcoa -a outra planta ameazada de peche está en Avilés- e representantes de Ferroatlántica. As consignas pediron a dimisión da ministra -“se non hai solución, Maroto dimisión”- e a nacionalización da emptresa: “A solución, a intervención”.