A Xunta abre expediente ás empresas de bus por incumprimento "flagrante" de servizos mínimos

Os conselleiros de Infraestruturas e Educación, Ethel Vázquez e Román Rodríguez,  anunciaron que a Xunta vai abrir expediente informativo, que pode derivar en sancións, ás empresas de autobús por incumprimento "flagrante" dos servizos mínimos establecidos para a greve do transporte de viaxeiros que decorreu esta terza e cuarta feira.

 

A Xunta afirma que na primeira xornada da greve ficaron sen transporte escolar 67.500 alumnos e no segundo día uns 57.000.

 

Os paros están a ter un seguimento masivo, segundo os sindicatos. Unha greve que denuncia a paralización da negociación colectiva no sector e de rexeitamento ao novo plan de transporte de viaxeiros da Xunta

estación de compostela greve de transporte por estrada
Comentarios