Covid-19

carmen calvo
INTERNACIONAL

Carmen Calvo: "Da pandemia non se pode saír debilitando os dereitos"

A vicepresidenta primeira do Goberno demanda ás autonomías colaboración e coordinación. Desde o seu punto de vista non se pode facer política coa situación do coronavirus e tampouco reducir os dereitos máis fundamentais.
Bellvitge
INTERNACIONAL

Aceleran a ampliación de cinco hospitais cataláns para atender as necesidades da pandemia

As melloras nos cinco centros sanitarios estaban aprobadas antes da afección da pandemia, pero decidiuse apurar os trámites para comezar os traballos o antes posíbel. A intención é que os novos espazos poidan albergar tanto pacientes de coronavirus como unidades dedicadas de unha ou outra forma á procura dunha solución para a Covid-19
Incio
SOCIAL

Falece unha contaxiada no Incio e eleva o número de mortos por Covid-19 a 641

A muller, que padecía patoloxías previas, estaba ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dase a circunstancia de que no centro onde vivía o gromo xa afectou a 117 persoas, entre persoal e usuarios e usuarias. De feito, trátase da sexta vítima mortal do gromo do Incio.

A Covid-19 e os perigos do pensamento único

Persoas portan un número por cada falecido nas residencias de Domus Vi en Barreiro e Aldán (Nós Diario)
SOCIAL

Homenaxe reivindicativa nas residencias de DomusVi de Barreiro e Aldán

Decenas de persoas se concentraron este domingo ante as residencias de DomusVi en Barreiro (Vigo) e Aldán (Cangas) para homenaxear ás 270 persoas maiores e dependentes que perderon a vida nestes centros desde marzo.
Test de coronavirus Covid-19 (Europa Press).
SOCIAL

Galiza suma 190 novos positivos e eleva o número de falecidos até 640

Galiza conta con 3.484 casos activos, 190 máis nas últimas 24 horas, e suma dous novos falecementos, segundo os datos da Consellaría de Sanidade.
Tres mulleres na porta da residencia do Incio (Imaxe: Europa Press)
SOCIAL

Unha muller de 83 anos, quinta vítima mortal vinculada coa residencia do Incio

É o segundo falecemento en menos de 24 horas na residencia do Incio, intervida pola Xunta
Un policía impón unha sanción a unha muller en Lugo (Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Até 120.000 euros de multa na Galiza por non respectar o confinamento

Vulnerar a corentena ou o illamento na Galicia poderá ser sancionado con entre 3.000 e 120.000 euros
José Tomé Roca, presidente da Deputación de Lugo.
SOCIAL

A Deputación de Lugo suspende visitas e saídas nas súas residencias

A Deputación de Lugo decide o feche das residencias de Ribadeo, Trabada, Pol e A Fonsagrada para non ter que lamentar consecuencias maiores
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.
POLÍTICA

O BNG insiste na rebaixa do IVE ás máscaras

O BNG volverá instar ao Goberno español no Congreso que garanta o acceso universal aos medios de protección por unha cuestión de saúde pública
Residencia privada de maiores en Allariz da Fundación San Rosendo (Imaxe: Arxina)
SOCIAL

A falla de persoal fai vulnerábeis as residencias

"Nada mudou nin moito menos mellorou" nas residencias de maiores e de dependencia na Galiza a respecto da situación previa á pandemia nin durante o confinamento. Así o denuncian organizacións de traballadoras e traballadores e a federación REDE de usuarias e familiares. Coinciden todas en que o principal escollo que tiña que solucionarse para afrontar a segunda onda da pandemia é solventar a falla de persoal cualificado, tanto no sistema público, onde non se cobren vacacións, como nos centros xestionados por empresas, onde as condicións laborais son "moi precarias".  
 

Prostíbulos

Un sanitario realiza unha proba para detectar posíbeis positivos da COVID-19.
SOCIAL

Tres novos falecementos e preto de 3.300 casos activos na Galiza

A Consellaría de Sanidade comunica a existencia de 3.294 casos activos e dous novos falecementos por Covid-19 nas últimas horas, unha muller de 85 anos no CHUAC e un home de 71 no CHUO, ambos con patoloxías previas.
Residencia de maiores do Incio, xestionada pola Fundación San Rosendo, na que se detectou un foco da Covid-19 o 20 de agosto (Imaxe: Carlos Castro/Europa Press)
SOCIAL

A residencia do Incio rexistra a cuarta vítima pola Covid-19

Un home de 93 eleva a catro as vítimas do gromo detectado na residencia de maiores do Incio
2020033022364835661
SOCIAL

España autoriza o seu primeiro ensaio clínico para unha vacina da Covid-19

Tres hospitais de Madrid e Santander iniciarán o primeiro ensaio clínico que se autoriza en España para probar unha vacina contra a Covid-19. Autorizouno a Axencia Española de Produtos Sanitarios, para un estudo que se desenvolverá tamén en Alemaña e Bélxica e que espera resultados nos próximos meses. 
Traballadora na planta de PSA en Vigo
ECONOMÍA

O gromo en PSA pon en alerta os principais centros produtivos do país

Catro positivos de Covid-19 na factoría viguesa de PSA acenden as alarmas nun sector do que depende boa parte da economía do país. De momento a produción non está en risco, pero serve como chamada de atención para que o tecido produtivo galego extreme as precaucións se non quere pagar as consecuencias.
Hostalaría compostela
SOCIAL

O TSXG ratifica as restricións á hostalaría coruñesa pola Covid-19

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza considera que as limitacións impostas pola Xunta ao sector teñen que mantenerse. Porén, pronto terá que atender o recurso do empresariado compostelá da hostalaría. As asociacións da capital galega criticaron onte que Feixoo dirixa "ataques inxustificados" cara estes negocios e os culpe de moitos gromos de coronavirus.
jesús sergas
SOCIAL

O Sergas prohibe servir no interior dos bares en Arteixo e nun barrio de Lugo

O conselleiro de Sanidade tamén anuncia que as reunións en ambas zonas quedarán limitadas a un máximo de cinco persoas que non convivan. A semana próxima haberá restriccións aos eventos masivos e os que se celebren esta fin de semana deben ser comunicados á Xunta para que se poida levar un control das e dos participantes.
Pandemia
SOCIAL

Os casos activos da Covid-19 superan os 3.000 cunha suba de 200 nun día

Os datos que manexa a Consellaría de Sanidade amosan que dos 3.139 casos activos, preto da metade circunscríbense á área sanitaria da Coruña e Cee. Porén, esta sexta feira rexistráronse novas afeccións en todas as demarcacións sanitarias. Un dos grupos máis afectados pola pandemia segue a ser o das persoas que viven en residencias.

Agosto (4)