alimentación

Preparado de produtos vexetais con aspecto e sabor de peixe (Nós Diario).
Alimentación

É peixe ou vexetal? A frota alerta sobre a etiquetaxe "confusa"

O sector pesqueiro denuncia unha suposta fraude na etiquetaxe dos peixes de orixe vexetal ou de laboratorio ante Consumo.
O prezo dos alimentos segue a medrar na Galiza. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O elevado prezo dos alimentos fai repuntar a inflación na Galiza, que sobe máis que no Estado

Os alimentos e bebidas non alcólicas lideran a suba do IPC galego, que se sitúa en 2,7% na taxa interanual, adiantando de novo a media estatal por unha décima.
Proceso de envasado de aceite de oliva para a súa comercialización (Foto: Extenda).
ECONOMÍA

A seca e a falta de 'stock' elevaron 227% o prezo do aceite de oliva extra

O prezo do aceite segue a súa escalada alcista. A suba foi continuada, tamén en Portugal onde pedirán axudas ao Estado. Na Galiza, pola contra, agardan unha boa colleita.
O presidente do Brasil, Lula da Silva (Foto: O Globo / GDA via ZUMA Press Wire / DPA).
INTERNACIONAL

'Brasil sem fome': O novo plan de Lula da Silva para sacar o país da inseguranza alimentar

"O problema non é de falta de comida, non é de falta de cultivos, o problema é que o pobo non ten para comprar comida", dixo Lula nun acto público desde a cidade de Teresina.
Un cocido galego (Foto: alexat25 / Adobe Stock).
LINGUA

Palabras con memoria: non vai faltar comida

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Traballadores descargan atún na lonxa de Burela (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Análise

Comemos máis pescado, pero menos especies

Gonzalo Rodríguez é profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC
Imaxe de arquivo dun supermercado (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Retiran do mercado 34.000 quilos de comida non apta para consumir

Os alimentos vendíanse no Estado español e no luso.
A tapa de polbo supera en 65 quilos a da pasada edición. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
VÍDEO NO INTERIOR

Así bateu O Carballiño o seu propio récord: unha tapa de polbo de 580 quilos en 10 minutos

Alén dos 580 quilos de polbo, precisáronse 45 litros de aceite, cinco quilos de sal e dous de pemento, alén do prato típico de polbo, o de madeira, de 5,37 metros de diámetro.
Planta de sabugueiro en flor no concello de Vilar de Santos. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Do mito á mesa: o sabugueiro faise forte na Galiza para gañar en rendemento

O sabugueiro é un arbusto que pode alcanzar os 5 metros de altura, moi popular e doado de atopar na Galiza. Hoxe presume de ser un alimento rico en vitamina C e fósforo, prisioneiro aínda dun estigma moi apegado á tradición.
Granxa de leite (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Unións Agrarias denunciará que non se cumpre a lei de cadea alimentaria

As granxas galegas cobran 10 céntimos menos por litro de leite no que vai de ano. O sindicato afirma que denunciarán ante a Axencia de Información e Control de Alimentos (AICA) e a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) esta situación.
Cogomelos de verán nun cesto. (Foto: Alejandro Mínguez)
SOCIAL

Os cogomelos que chegan coas treboadas

Que non chove a gusto de todos é certo. Mentres produtores de viño e froita miran ao ceo con incerteza e medo por se as chuvias poden anegar campos e derramar a produción, as persoas afeccionadas aos cogomelos esperan treboadas continuas como as que aconteceron nos primeiros compases do verán.
Unha investigación no seo da USC demostrou se os ovos fan subir ou non o coloesterol (Foto: Inprovo).
Saúde

Os ovos fan aumentar o colesterol? Unha investigación galega dá a resposta definitiva a esta pregunta

A investigación ‘Avaliación de ovoprodutos mediante espectroscopía, centrifugación e filtración de fluxo tanxencial aplicado intelixencia artificial’ de Gema Manuela Puertas Hernando, debulla se realmente os ovos transmiten colesterolás persoas ue os consumen.
As condicións climáticas, edáficas e de auga permiten que no país se poida dar practicamente calquera cultivo (Foto: Nós Diario).
star
Especial Soberanía Alimentar

A carencia de alimentos en Galicia: por unha nova política agraria

O abandono da actividade agraria, que acadou valores extremos nas últimas décadas, supuxo que o noso país presente un raquítico nivel de cobertura das súas necesidades alimentarias de produción vexetal. A dependencia exterior respecto a cereais, hortalizas, legumes, froitas, froitos secos ou aceite significa, ademais dun lastre para a nosa economía, quedar a expensas dos países produtores e dos mercados globais. Galicia necesita pór en marcha unha política agraria que recupere a produción propia.
Capóns preparados para a Feira do Capón de decembro de 2022 en Vilalba. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Especial Soberanía Alimentar

Tanto nos dan: alimentos de orixe animal

Son frecuentes as acusacións á actividade gandeira de ser unha das principais fontes de emisión de gases de efecto invernadoiro. Engádense as tendencias alimentarias que denuncian o exceso de consumo de carne nas sociedades actuais por insostibles. A gandería galega é a base da nosa economía agraria e ademais conforma paisaxes e agroecosistemas. Debemos considerar os sistemas alimentarios no seu conxunto, diferenciando entre formas máis ou menos industrializadas de produción, para ver efectos diferentes sobre a súa sustentabilidade económica, social e ambiental.
Campo de trigo do país, nunha explotación en Abegondo. A produción podería verse incrementada coa irrupción do selo Pan Galego (Foto: Procegal).
star
Especial Soberanía Alimentar

Cereais, o elemento esencial: a perda da superficie cultivada

Os cereais son elementos esenciais para o ser humano. Como fonte rica en carbohidratos complexos, fibra, vitaminas e minerais, deben formar parte de calquera dieta equilibrada. Durante a maior parte da súa Historia, Galiza produciu cereal diverso e abundante pero o devalo das últimas décadas supuxo unha perda do 60% da superficie dedicada. Como consecuencia, Galiza padece unha elevadísima dependencia da importación de cereais que é preciso reverter mediante a ordenación dos usos do solo e unha nova política adaptada ás necesidades reais do agro galego.
Plantación de amorodos. (Foto: Nós Diario)
star
Especial Soberanía Alimentar

Os produtos da terra: a importancia do traballo labrego

A perda da capacidade de produción de hortalizas, legumes e oleaxinosas coloca o país en situación de extrema debilidade. As políticas públicas deben considerar un obxectivo principal a mobilización das terras necesarias para recuperar esa produción e para iso han artellar unha estratexia de apoio ás persoas labregas e de investimento nas infraestruturas e solucións necesarias. Así, facilitarase a promoción de proxectos agroecolóxicos que garantan unha produción hortícola local abonda para cubrir as necesidades de consumo.
A produción de froitos en Galiza ten un futuro prometedor (Foto: Nós Diario).
star
Especial Soberanía Alimentar

O froito das árbores: recuperarmos a tradición e a produción

As árbores froiteiras, esas grandes ignoradas nas estatísticas do noso país, sempre xogaron un papel imprescindible na soberanía alimentaria. Non resulta doado asignar un valor económico á froita que se produce na nosa Terra porque apenas entra nas canles de comercialización habituais, pero calquera que posúa froiteiras na casa, sabe ben canto supón de aforro na economía familiar. Tamén podería supoñer un aforro enorme nas importacións de froita de Galiza; mentres todo tipo de froitos se estragan polas cunetas das nosas aldeas, a maioría dos que comemos proceden de fóra.
Capas do caderno especial polo Día da patria sobre soberanía alimentar e da revista de pasatempos 'A formiga no carreiro'.
Especial 25-X

O 'Nós Diario' vén con sorpresa este Día da Patria Galega!

Recibirás de balde xunto ao xornal o caderno especial sobre soberanía alimentar, coordinado polo economista Marcelino Fernández Mallo. E, aliás, as persoas subscritoras terán de agasallo a revista de pasatempos 'A formiga no carreiro', que poderá mercar o público en xeral nos quiosques do país a un prezo de 1,40 euros.

Eucaliptos ao fondo dunha plantación de millo. (Foto: Nós Diario)
Especial 25-X

A carencia de alimentos en Galicia

O abandono da actividade agraria en Galicia, que acadou valores extremos nas últimas décadas, supuxo que o noso país presente hoxe en día un raquítico nivel de cobertura das súas necesidades alimentarias de produción vexetal. A dependencia exterior respecto a cereais, hortalizas, legumes, froitas, froitos secos ou aceite significa, ademais dun lastre para a nosa economía, quedar a expensas dos países produtores e dos mercados globais. Galicia necesita pór en marcha de xeito urxente unha nova política agraria que recupere a produción propia de alimentos vexetais para consumo humano.
Algunhas variedades de mazá galegas. (Foto: R. M. P.)
Especial 25-X

O froito das árbores

As árbores froiteiras, esas grandes ignoradas nas estatísticas do noso país, sempre xogaron, e en menor medida seguen a xogar, un papel imprescindible na nosa soberanía alimentaria. Non resulta doado asignar un valor económico á froita que se produce na nosa terra porque apenas entra nas canles de comercialización habituais noutros produtos, pero calquera que posúa froiteiras na casa e aproveita o que elas nos dan sabe ben canto supón de aforro na economía familiar. Tamén por extensión podería supoñer un aforro enorme nas importacións de froita de Galiza. Mentres todo tipo de froitos se estragan polas cunetas das nosas aldeas, a maioría dos que comemos proceden de fóra.