alimentación

Varias persoas traballan nunha plantación de café en Kenia (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O abaratamento dos alimentos a nivel global non se reflicte na Galiza

Os prezos da alimentación a nivel mundial descenderon 22% en 14 meses.
Plantación de millo na Galiza. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

Agroecoloxía e prácticas sostibles

Rosa Mosquera é Catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC.
Persoa mercando alimentos (Foto: Arxina).
ECONOMÍA

80% da poboación ve no prezo un obstáculo para un consumo sostíbel

Un estudo mostra a inquietude polo cambio climático.
Estabelecemento de alimentación en Santiago de Compostela (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

A inflación segue á alza e os alimentos son 12,9% máis caros que hai un ano

O Instituto Nacional de Estatística (INE) deu a coñecer onte os datos do Índice de Prezos de Consumo (IPC) que sinalan que na Galiza medrou 0,7% en abril en relación co mes anterior, aumentando a súa taxa interanual até 4,1%. Os datos, semellantes aos do Estado español, modéranse con respecto a 2022 mais evidencian que os alimentos son 12,9% máis caros que hai un ano. 
A produción de alimentos é esencial, utiliza recursos propios, posúe capital de seu e destina a  mercadoría ao mercado interior e exterior (Foto: Joaquin Corchero / Europa Press).
ECONOMÍA

A inflación segue sen dar tregua no cesto da compra: os alimentos encareceron 12,9%

Na comparativa mensual, con todo, o custo da alimentación rexistra unha leve moderación ao baixar en case catro puntos en abril a respecto do dato de marzo. O IPC interanual fica en 4,1%.
Tractorada en Lugo, esta quinta feira. (Foto: TVG)
Agora

Unha tractorada de produtores de carne volve colapsar o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos"

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo esta quinta feira cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). O seu presidente, Santiago Rego, denuncia que cobran polo quilo de carne 'Suprema' arredor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos "de hai 30 anos", polo que esa cifra debería subir até uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería "un prezo razoábel, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo".

Logo de Nestlé nas súas instalacións en Alemaña. (Foto: Christoph Schmidt / Deutsche Press / DPA)
ECONOMÍA

Dia, Nestlé e Mostos Españoles, sancionados por incumprir a Lei da Cadea

Suplementos

Voluntariado atende persoas que acoden a buscar comida no almacén do Banco de Alimentos de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O Banco de Alimentos de Lugo estima que a fin de mes podería aceptar novas altas

O Banco de Alimentos de Lugo agarda solucionar os problemas de abastecemento de produtos alimenticios a finais do mes de maio para poder aceptar novas altas que, polo momento, limitan a súa capacidade. Será cando conclúan as accións de ‘Operación Kilo’, iniciativa de recollida de alimentos que realizan conxuntamente varias tendas de alimentación.

Colleita de gran en Baikivtsi, na rexión ucraína de Ternopil. (Foto: Pavlobaliukh)
star
INTERNACIONAL

O prezo dos alimentos mantense á alza a pesar da baixada nos mercados mundiais

A invasión rusa de Ucraína levou a un incremento pronunciado do prezo dos alimentos que se viña producindo desde a pandemia da Covid-19. Un ano despois, a baixada do prezo a nivel global percíbese nos mercados mundiais, mais non nos fogares.
O INE publicou esta sexta feira os datos avanzados do IPC. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

O IPC rexistra en abril a súa maior suba desde maio de 2022

O índice subiu 0,6% en abril en relación co mes anterior e elevou oito décimas a súa taxa interanual.
Unha grúa carga gran nun buque de mercadorías no porto ucraíno de Odessa (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O baixo prezo das importacións de gran ucraíno fai perigar o abastecemento

A exportación de gran de Ucraína a baixo prezo provocou que algúns Estados da UE procederan a un veto temporal destas compras. Unha crise que podería desembocar en problemas de abastecemento para os territorios dependentes desta materia, como é o caso da Galiza. A alta dependencia dos cereais foráneos coloca o país nunha situación de risco.
A vicepresidente primeira do Estado español, Nadia Calviño, esta segunda feira (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

O Ministerio di que baixar o IVE non implica reducir prezos

O Goberno estatal admite a ineficacia da medida da rebaixa do IVE.
En marzo, os prezos dos legumes e das hortalizas foron os que máis encareceron con respecto ao mes de febreiro, cunha taxa de 5,7% (Foto: Europa Press).
star
ECONOMÍA

Os prezos dos alimentos marcan na Galiza o seu segundo aumento récord consecutivo

Os datos de inflación de marzo achegados esta sexta feira polo INE amosan que os prezos dos alimentos aumentaron na Galiza 16,6% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Esta taxa interanual supón unha repetición do índice de febreiro, o máis alto da serie histórica. Os custos aumentaron máis a nivel galego que no Estado español nos últimos 12 meses.
Os alimentos e as bebidas non alcólicas son a tipoloxía de produtos que máis encareceron en 12 meses, cunha taxa de 15,6% (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
ECONOMÍA

O IPC segue a ser máis alto na Galiza que no conxunto do Estado

O IPC queda no país unha décima por encima do rexistrado a nivel estatal, xa que no total do Estado os prezos incrementáronse 3,3% en marzo, en relación co mesmo mes de 2022.
O Consello Reitor de Proligal, a cooperativa olivareira da Galiza (Foto: Proligal).
ECONOMÍA

A cooperativa Proligal nace para fomentar o aceite galego

A cooperativa olivareira xa está legalmente constituída.
Unha muller sostén unha presa de grelos. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
star
Análise

Andar (e papar) cos tempos

Arancha Nogueira é escritora e profesora de Lingua Galega e Literatura.
O consumo dos fogares galegos caeu 0,5% no segundo trimestre de 2023 con respecto ao mesmo período do ano anterior (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
star
Análise

Os prezos dos alimentos amosan a desprotección das persoas

Isabel Vilalba é gandeira e secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.
Os combustíbeis abaratáronse con respecto a marzo de 2022 (Foto: Sandor Jackal).
ECONOMÍA

A inflación aumenta en marzo case medio punto con respecto a febreiro

O IPC subxacente segue en niveis máximos en 40 anos.
O primeiro ministro de Portugal, António Costa (Foto: Goberno de Portugal).
star
ECONOMÍA

A carne e o peixe, xunto a outros 42 produtos, venderanse sen IVE en Portugal

Esta terza feira entrou en vigor a rebaixa do IVE para 44 alimentos básicos en Portugal, entre eles, a diferenza de na Galiza, a carne e o peixe. As cadeas de supermercados lusas aínda teñen 15 días para aplicar o IVE cero neses produtos nos estabelecementos de venda. Os sindicatos agrarios da Galiza poñen o foco sobre a necesidade de controlar as marxes de beneficio dos supermercados.