alimentación

Carla N. Barnett, a secretaria xeral, interviu na madrugada de onte. (Foto: Caricom)
star
INTERNACIONAL

A Caricom aborda os principais desafíos do Caribe

A cimeira de xefas e xefes de Estado da Comunidade do Caribe (Caricom) analiza o plan para incrementar a produción propia e garantir a seguridade alimentar, trata con entidades financeiras o mecanismo de financiamento climático e debate a intervención militar demandada polas autoridades de Haití.
Os alimentos e as bebidas non alcólicas son a tipoloxía de produtos que máis encareceron en 12 meses, cunha taxa de 15,6% (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
star
ECONOMÍA

Os alimentos lideraron a suba de prezos nos últimos 12 meses ao encarecer 15,6%

Os produtos de alimentación e as bebidas non alcólicas, cun encarecemento de 15,6%, lideraron a suba de prezos na Galiza entre xaneiro de 2022 e xaneiro de 2023. O custo que máis aumentou foi o do azucre, que é hoxe 52,1% máis caro do que era 12 meses antes. O IPC aumentou máis na Galiza (6,4%) do que o fixo no conxunto do Estado español (5,9%) desde xaneiro de 2022.
Froitas e verduras lideran as subas de prezo nos supermercados. (Foto: Leonardo Borges)
ECONOMÍA

17% dos alimentos con rebaixa do IVE encareceron no mes de febreiro

Oito cadeas de supermercados subiron no mes de febreiro os prezos de alimentos suxeitos á rebaixa do IVE.
Carrefour foi a cadea de supermercados, entre as analizadas por Facua, que máis aumentou o prezo dos produtos durante o último ano no Estado español. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

Os prezos da alimentación nos supermercados aumentaron 30% no último ano

O resultado do estudo elaborado pola organización de consumidores e consumidoras Facua amosa un incremento medio de 29,2% nas nove cadeas de supermercados que foron analizadas. Os datos achegados por Facua sinalan que as cadeas de supermercados inflaron os prezos alimentarios por riba do nivel do IPC.
O IPC xeral medrou unha décima este xaneiro, até situarse en 5,8%. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
ECONOMÍA

A inflación subxacente dispárase até un 7,5% de récord

A subxacente é un indicador considerado máis preciso polas persoas expertas por excluír os alimentos sen elaborar e os produtos enerxéticos e carburantes, considerados máis volátiles ao depender con máis forza de diversos factores vencellados á economía internacional.
Un voluntario nun banco de alimentos (Foto: Banco de alimentos de Vigo).
SOCIAL

O banco de alimentos de Lugo, baixo mínimos. Só teñen reservas para dous meses

A presidenta do banco, Amadora Núñez, precisou que teñen "seis produtos básicos, que son o arroz, a pasta, a fariña, o azucre, o aceite de xirasol e as lentellas". "Tendo iso xa teríamos todo", explicou.
O INE publicou esta sexta feira os datos avanzados do IPC. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A Cámara propón ao Goberno estatal a rebaixa do IVE para carnes e peixes

Pide que estes produtos sexan considerados "de primeira necesidade".
2023 será un ano de descenso da capacidade adquisitiva das maiorías sociais (Foto: Álex Rozados).
Análise

Certezas e incertezas sobre a inflación

O profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela analiza para 'Nós Diario' a inflación.
O prezo dos ovos aumentou 29,8% durante o ano 2022, tan só por detrás dos incrementos do azúcar, dos aceites e graxas e do leite (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
ECONOMÍA

Despois de 24 meses de subas de prezos, o IPC incrementouse 13,6% na Galiza

O prezo dos produtos de alimentación aumentou 16,2% na última anualidade e a electricidade case se duplicou desde 2020.
#leite #supermercado #supermercados #mercadona #gandaria #gandeiros (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A inflación fica en 6,4% na Galiza, sete décimas por riba do Estado: os alimentos custan hoxe 16% máis que hai un ano

A inflación subxacente xa supera en 1,3 puntos o indicador xeral e alcanza o valor máis alto en tres décadas.
Carrefour e DIA son, segundo Facua, os supermercados que deixaron máis produtos sen rebaixar o IVE. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Sete supermercados denunciados por non repercutir a baixada do IVE

Nalgúns casos o prezo de venda ao público mesmo aumentou, alerta Facua.
Lirios nunha peixaría do mercado de abastos de Compostela (Fotos: Nós Diario).
ECONOMÍA

A cadea mar-industria demanda a redución do IVE aplicado ao peixe

O sector pesqueiro pide unha "fiscalidade saudábel".
O sector servizos propiciou o mantemento das cifras de emprego na Galiza, mentres aumentou o paro no resto de sectores (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Os alimentos con rebaixa do IVE non poderán aumentar de prezo

Facua exixe o control do cumprimento da norma.
A panadaría Pallares, no municipio de Sarria, é un negocio familiar que produce pan artesán e leva aberto desde o ano 1876 (Foto: Panadaría Pallares).
ECONOMÍA

As panadarías lanzan un berro de alarma polo incremento de gastos que padecen

O custo de produción dunha barra de pan chegou a duplicarse en 2022.
Evolución da inflación nos 24 últimos meses con base no IPC xeral e o subxacente.
ECONOMÍA

A inflación subxacente avanza desbocada e xa supera o IPC xeral: 6,9% na taxa interanual

O IPC subxacente é un indicador considerado máis preciso da situación real da economía polas persoas expertas por excluír os alimentos sen elaborar e os produtos enerxéticos e carburantes, máis volátiles.
As crianzas menores de cinco anos non deben inxerir uvas enteiras. (Foto: Sonia Almudévar)
SOCIAL

Poden as crianzas comer as doce uvas en Noitevella? E froitos secos?

Estas son as recomendacións das persoas expertas de cara ás tradicións que caracterizan o último día do ano.
Os envases de froita fresca deberán superar 1,5 quilogramos (Foto: Patrick Stoltz).
ECONOMÍA

As froitas e verduras frescas deberanse vender a granel nos comercio polo miúdo

Comercios de máis de 400m2 terán á venda produtos sen envasar.
O presidente do Executivo do Estado español, Pedro Sánchez, esta terza feira durante a rolda de prensa.
ECONOMÍA

Estas son as dez chaves das medidas 'anticrise' aprobadas polo Executivo estatal

A rebaixa no IVE dos alimentos non compensará a suba do IPC en 2022. O peixe e a carne fican fóra das bonificacións fiscais.
A poboación galega gasta hoxe en día 6,4% máis no cesto da compra do que gastaba a comezos do ano 2022. (Foto: Andrey Bandurenko)
ECONOMÍA

O azucre, os lácteos e a fariña lideran a suba de prezos no cesto da compra

O Consello de Ministros aprobará esta terza feira, previsibelmente, o terceiro paquete de axudas para paliar as consecuencias económicas e sociais da crise de prezos. As novas medidas coas que o Goberno do Estado pretende facer fronte á escalada dos prezos dos alimentos entrarían en vigor o 1 de xaneiro.
Dise chapante da persoa afeccionada a comer e beber. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

Palabras con memoria: comendo palabras

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.