animais

Cartaz nunha concentración animalista (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
SOCIAL

Animalistas piden a reforma do Código Penal polos casos graves de sadismo animal

A Fundación Franz Weber denunciou este domingo a proliferación de casos de sadismo contra os animais na Galiza e tamén advertiu da súa "virulencia" e "sensación de impunidade".

Activistas defensoras da Lei Trans celebran o avance do texto no Congreso, esta quinta feira. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
POLÍTICA

As leis trans, do aborto e de benestar animal avanzan no Congreso a pesar do intento de bloqueo das dereitas

"Cada vez que hai un avance social o PP votou 'non' e recorreu nos tribunais", reprochou a bancada socialista.

Touradas e tortura

Exemplar de mascato común. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Detectan na Galiza cinco novos casos de gripe aviaria en mascatos

Hai unha semana detectáronse os dous primeiros casos.
O Goberno galego confirma os dous casos de gripe de aviaria detectados recentemente en mascatos. (Foto: Conny Pokorny)
SOCIAL

Confirmados os dous primeiros casos de gripe aviaria

Os positivos nesta variante da influenza en dous mascatos detectáranse recentemente en Cangas e Valdoviño.
Bandada de aves migratorias. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Galiza detecta dous casos de gripe aviaria en aves migratorias

Os positivos están a ser analizados para concretar o grao de patoxenicidade, é dicir, o dano que poden chegar a causar.
Cans nun centro de adopción (Foto: Aranzazu Navarro).
SOCIAL

O Estado español é un dos que máis animais de compañía abandona de Europa

Un estudo precisa que, no ano 2021, as protectoras recolleron ao redor de 285.000 cans e gatos en todo o territorio estatal, unha cifra similar á de anos anteriores.
Can pastor (Foto: ActiCan Pastoreo Galiza)
ECONOMÍA

Exixen da Lei de Protección Animal respecto nos usos tradicionais do rural

UUAA agarda que nas emendas do texto aprobado polo Consello de Ministras e Ministros para a súa tramitación haxa rectificacións.
O gasto das galegas en mascotas, tanto en alimentación como noutros servizos, incrementouse nos últimos anos .(Foto: María José López / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta identificará os animais de compañía que aparezan mortos na vía pública para avisar os donos

Os propietarios terán "a obrigación" de facerse cargo da xestión e tratamento dos restos das súas mascotas.

Animais coma nós

Balea alibranca de case seis metros e medio foi varar a semana pasada a Combarro, na ría de Pontevedra, onde faleceu. (Foto: Cemma)
SOCIAL

130 varamentos no que vai de ano

Cemma verifica un "gran" descenso na varada de mamíferos mariños.
O modelo preditivo da Universidade australiana de Sidney estima que en cada hectárea conviven dez animais. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

#lume #incendios #apobradobrollon #pobra #brollon #pobradobrollon
SOCIAL

Unha ONG cifra en 250.000 os animais mortos polos incendios destes días

Por outra parte, as 'brigadas deseucaliptizadoras' de Verdegaia limparán os montes e eliminarán especies exóticas este sábado en Froxán (Lousame).
Un técnico do Centro de Biomedicina Experimental da Galiza (Foto: Europa Press).
Ciencia

A USC considera a experimentación con animais "imprescindíbel"

A tendencia que apuntan as estatísticas é un descenso xeneralizado no emprego de animais de experimentación
O exemplar de quenlla solraio avistado na Arousa. (Foto: Europa Press)
Mar

Avistada na ría de Arousa unha especie de quenlla de tres metros nunca antes localizada na Galiza

O animal, propio de augas tropicais, morreu varado na praia.
A presenza de osos no Courel incrementouse notabelmente nos últimos anos. (Foto: Fundación Oso Pardo)
star
Reportaxes

Tras as novas pegadas do oso pardo na Galiza

O oso pardo volve a Galiza cento cincuenta anos despois dos últimos asentamentos autóctonos. O último exemplar avistado observouse en abril deste ano no Courel, captado polos alumnos da Escola Poeta Uxío Novoneyra como parte dun proxecto educativo. A presenza dese oso sumado á dun exemplar novo visto na Serra do Invernadoiro ourensán en maio de 2020, evidencian a volta aos montes galegos do oso pardo, unha especie minada pola acción humana e que é un elo fundamental na cadea dos ecosistemas que habita.
Miñato cun merlo nas poutas. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: miñato

Sen lugar a dúbidas, o miñato ou buxato, é a nosa ave de rapina máis coñecida e recoñecida. Presente durante todo o ano, reprodutora e sempre á vista en postes, árbores e cables da luz desde os que dá caza a ratos, pero tamén a réptiles e insectos ao longo de todo o país e en ambientes moi diferentes como bosques, campos ou montes. Fácil de identificar pola súa silueta en voo de ás redondas, é posíbel confundila, especialmente na primavera e verán, con outras aves de rapina das que falaremos cara ao final do coleccionábel.
A bubela ten preferencia polas zonas abertas, beiras de bosques, parques e cultivos, sendo tamén frecuente perto de granxas. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: a bubela

A bubela é probabelmente unha das aves estivais máis facilmente recoñecíbeis polas súas cores, voo característico e un canto inconfundíbel que dá orixe ao seu nome. Paxaro insectívoro, é un aliado das labregas e labregos capturando baixo terra co seu peteiro multitude de presas, unha habilidade especial que lle facilita un alimento ao que outras moitas especies non conseguen acceder.
Exemplares de gaivotas. (Foto: Ramsés Pérez)
star
Coleccionábel

As nosas extraordinarias aves comúns: a cotiá gaivota patiamarela

Cos seus mil setecentos quilómetros de costa, a Galiza é un paraíso para as gaivotas. A patiamarela é de todas elas a máis estendida e podemos atopala por todo o litoral pero tamén en vilas e cidades do interior do país. A súa determinación á hora de defender o seu niño tenlle causado conflitos cando convive cos humanos. A pesar do seu número, e aínda que sexa difícil de crer, está en regresión desde hai uns anos.
Para atopar as píllaras das dunas teremos que achegarnos a praias como a da Lanzada (O Grove), Carnota ou Baldaio (Carballo). (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: píllara das dunas

A píllara das dunas non é unha das nosas aves máis cotiás, xa que só está presente nalgunhas zonas do noso litoral, pero considerabamos de interese recollela como representante das limícolas. É unha das nosas aves máis ameazadas con apenas noventa parellas nidificantes en areais moi localizados, aínda que durante o inverno recibimos a visita de exemplares foráneos que veñen pasar o inverno.
A laverca gusta dos campos abertos, ben sexa con cultivos, ermos, herbeiras de tamaño baixo e é habitual tamén nas beiras dos camiños. (Foto: Ramsés Pérez)
star
SOCIAL

As nosas extraordinarias aves comúns: a locuaz laverca

Quen non ten paseado por un prado na primavera tendo enriba varias lavercas que semellan estar a discutir sobre cuestións referidas ao seu territorio ou asuntos que se escapan ao noso entendemento? Representantes dunha familia que na Galiza inclúe outras tres especies que se denominan aláudidos, as lavercas son as que máis se fan notar e das que seguramente temos maiores referencias na cultura popular. Porén, como sucedeu noutros territorios de Europa, a súa poboación vai a menos. Quen sabe se neses balbordos que escoitamos aló no alto, mentres voan, están a falar do mal que os humanos estamos a provocar no medio ambiente.