Unha das probas atléticas máis senlleiras e importantes que teñen lugar ano tras ano na Galiza é o Gran Premio Cantóns de Marcha da Coruña. A case 40 anos vista da súa primeira edición, a súa proximidade aos Xogos Olímpicos de París garante a presenza na cidade herculina dos e das mellores do planeta.
Antía Chamosa comezou no atletismo na súa cidade, Pontevedra, aos sete anos. En 2022, debutou no Campionato de Europa absoluto. En abril, con 24 anos, gañou o bronce no mundial de marcha por equipos.