arquitectura

05_MAXIA_4
star
Reportaxes

Trespes. O preciso

Preciso ten unha dobre acepción. Por un lado, significa que algo é necesario e útil. Aquilo que convén e é adecuado. Pero tamén quere dicir que una cousa está feita con exactitude e rigor, que ten precisión. Con este dobre significado definen estes tres arquitectos (Carlos, Alberte e Enrique) a súa arquitectura.
No centro da foto, o escultor Francisco Remiseiro, un dos relatores do ‘Laboratorio da Paisaxe. Escenarios para a vida’.
SOCIAL

A arquitectura como axente para a protección do patrimonio galego

O concello de Barro vén de acoller a actividade ‘Laboratorio da Paisaxe. Escenarios para a vida’. Trátase dun proxecto de investigación, organizado pola Asociación Cultura Tirante e dirixido pola arquitecta Sheila García, no que converxen diferentes artes co obxectivo de afondar nas relacións co territorio e para darlles visibilidade ás problemáticas da Galiza Baleira e o despoboamento do rural.
Transformación do Hospital Xeral en sede da Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Manuel G. Vicente)
star
Reportaxes

Alfonso Penela: arquitectura inconformista

Nunha dilatada carreira Alfonso Penela compaxina os grandes edificios públicos, as novas iconas urbanas, con pequenas intervencións case anónimas. Mestura os grandes proxectos con obras preocupadas polo detalle. Para o arquitecto todas as escalas son interesantes, mesmo o máis miúdo, que ás veces lle dá máis traballo que o grande.
Vivendas en fileira mantendo a escala do barrio de Mugardos. (Foto: Ana Amado)
star
Reportaxes

Jorge Salgado. Territorio próximo

O arquitecto Jorge Salgado Cortizas traballa coa mirada posta na paisaxe. Cada proxecto na súa contorna é unha maneira de ir arranxando aos poucos, e con modestia, o seu territorio máis próximo.
O edificio de Cambeses crea unha nova praza para a cidade de Vigo. (Foto: Héctor Santos-Díez)
star
Reportaxes

MMASA. Cidades sas

As arquitectas e os arquitectos deseñan edificios útiles e fermosos, pero iso non é suficiente para xerar un hábitat agradábel. O que sucede entre os edificios tamén é importante. Prazas e rúas forman parte do noso espazo vital. O urbanismo estratéxico é a ferramenta que emprega o estudio MMasa para facer máis sas as nosas cidades e vilas. 
Cristina Botana no asentamento da Pasaxe (A Coruña), hoxe en proceso de desmantelamento. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Cristina Botana, doutora en Arquitectura: "O antixitanismo é a forma de racismo menos cuestionada pola nosa sociedade"

A doutora en Arquitectura, Cristina Botana, estuda a segregación urbanística da poboación xitana.

mercado
star
A Praza de Abastos de Compostela

O mercado do Pobo

É difícil atopar hoxe en día unha persoa que resida en Santiago que non coñeza, polo menos de ter estado unha soa vez, a súa Praza de Abastos. Mesmo para o turismo que ateiga as rúas compostelás pasou a ser un punto de visita obrigada ao figurar entre os monumentos da cidade. Aínda así, as naves que o compoñen seguen agochando como naceron e quen foi o seu artífice. Coa intención de reparar esta situación, a arquitecta e investigadora Ruth Varela concibiu o documental Os segredos do Mercado de Abastos, un audiovisual que afonda sen complexos na obra que deseñou o arquitecto asturiano Joaquín Vaquero Palacios.
A fachada da escola conta con diferentes efectos de transparencia.
star
Reportaxes

Prieto Patiño. Complementarios

Juan Prieto e Faustino Patiño son dous arquitectos moi diferentes. As súas formas de pensar e traballar chegan a ser opostas, mais as súas diferencias fan que funcionen como equipo. As súas miradas son complementarias. 
26-04-2022 Iago Valverde-6-min
star
Entrevistas

Iago Valverde: "O que esconde a idea de feísmo é unha superioridade moral"

Iago Valverde (Nigrán, 1985), arquitecto e colaborador de Sermos Galiza, acredita nunha arquitectura “cotiá” e “próxima”, desligada desa idea de grandes proxectos monumentalistas. Defende, ademais, unha arquitectura que sirva no “día a día” da cidadanía e que parta do compromiso co respecto do pasado. Interesado na divulgación do coñecemento, defende que a actual arquitectura galega ten “boa saúde” e apunta que o seu futuro pasa non tanto por novas construcións como pola rehabilitación e recuperación do existente.
O crecemento urbano disperso é insostible. Devora materiais e enerxía, aumenta o tráfico privado e artificializa grandes superficies de solo. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

Moderna periferia

O arquitecto Iago Lestegás prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'.
Interior dun espazo aberto para uso cultural. (Foto: Roi Alonso)
star
Reportaxes

Fermín Blanco: facendo escola

As novas pedagoxías reclaman outro xeito de educar. Outros enfoques, como o da arquitectura, están entrando nas aulas. Arquitectos como Fermín Blanco están a facer un labor híbrido, entre a arquitectura e a educación. Ao tempo que crea dinámicas de aprendizaxe, transforma o espazo educativo.
Proceso da construción en terra dunha casa na Pobra do Brollón
(Foto: Hábitat Social).
star
Reportaxes

Terra

A terra é un dos materiais de construción máis antigos que se coñecen. Aínda que está presente en construcións antigas da Galiza, hai poucas persoas que continúen con esta tradición. O estudio de arquitectura Hábitat Social está recuperando este material, poñéndoo ao día.
As oficinas nun sinxelo volume aproveitando todos os usos do granito.  (Foto: Imagen Subliminal)
star
Reportaxes

Ola Estudio: Cotián e ecléctico

A arquitectura está presente na vida de toda a xente, no cotián debe responder ás nosas necesidades do día a día. Porén, hai ocasións especiais onde, cando o encargo o esixe, é precisa unha arquitectura fóra do normal. OLA estudio desenvólvese nas dúas frontes, entre o ordinario e o extraordinario.
Mercado de abastos demolido tras o desleixo habitual.
star
Arquitectura

E aquí había…

As melloras evidentes na cidade, sobre todo de espazos públicos, fan esquecer o destruído e incorporámolas axiña, mentres que as desfeitas vémolas reversibles e alleas a nós.
10_HORTA
star
Reportaxes

Santos Mera: A pel da arquitectura

Cando a fachada, teito e cuberta teñen un tratamento especial ou cando un material cobre todo o edificio, nese momento en arquitectura fálase de "pel". Aquilo que envolve os edificios e que pode ter múltiples formas, texturas e cores. Esa é unha das especialidades do estudio Santos Mera.
Reportaxe sobre a Casa da Galiza, no Sermos Galiza deste sábado. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza entra na Casa de Rosalía 50 anos despois

O semanario que poderás atopar este sábado nos quiosques e puntos de venda habituais, así como na nosa loxa en liña, tamén fai un repaso á historia da banda deseñada no país e atopa tempo para analizar a "pel" dos edificios.
A investigadora en arquitectura María Novas (Nós Diario).
SOCIAL

María Novas, arquitecta: "Desvalorízase a vivenda como o que é: un espazo de traballo"

A arquitecta María Novas volta a casa para achegar en formato libro as súas investigacións sobre a súa profesión desde unha óptica feminista. Doutoranda pola Universidade de Sevilla, traballa na Universidade Tecnolóxica de Delft, nos Países Baixos. Hoxe presentará a súa obra no Centro Social do Mar de Bueu.
Montaxe coa exposición sobre Michel Pacewicz. (Foto: COAG) #vigo #coag #arquitectura #michelpacewicz
CULTURA

Vigo dálle outra mirada á obra inadvertida de Michel Pacewicz

A delegación viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza (COAG) e o Concello de Vigo inauguraron esta segunda feira unha exposición sobre as creacións do arquitecto, cuxo traballo foi requerido no seu día pola sociedade burquesa da cidade.
Centro de saúde do Castro de Ribeiras de Lea deseñado a partir de prefabricados de formigón.  (Foto: Fernando Blanco)
star
Reportaxes

Fernando Blanco. Volver á orixe

Arquitecto, escultor, pintor e profesor. Fai pouco viuse obrigado a xubilarse da universidade, pero segue activo nas outras tres disciplinas. Leva máis de 40 anos de carreira interdisciplinaria, movéndose con naturalidade entre a materia e as ideas. 
"Pop up pandémica" no hotel San Cibrao, que gañou un premio. (Foto: COAG)
CULTURA

Os premios á arte da arquitectura viran cara ás solucións residenciais na Galiza

O xurado dos Gran de Area do Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza (COAG) elixiu 13 achegas, 9 delas casas unifamiliares, pisos e mesmo un edificio de vivendas sociais. Tamén levou un premio un elemento pensado como solución dunha infraestrutura hoteleira fronte á Covid-19.