arquitectura

Sombras de namorar na pérgola-balcón do Parque Rosalía.
star
Arquitectura

Sensual e urbano

A pandemia púxoo ao descuberto: precisamos espazos abertos nas cidades onde intimar máis e consumir menos. 
Imaxe dunha das reportaxes do semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza analiza que foi do 15-M após unha década

O suplemento deste sábado tamén inclúe propostas de arquitectura e cociña e fala co reelixido presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, de diversos temas. Procura o 'Sermos' co teu 'Nós Diario' de mañá nos puntos de venda habituais para ler todos os contidos.
O centro Down da Coruña iluminado pola noite como un vagalume.  Foto: Héctor Santos
star
Arquitectura

Emilio Rodríguez: Arquitectura e divertimento

O xogo e o divertimento forman parte do desenvolvemento da mocidade. Coa chegada á vida adulta todo se viste dunha pátina gris de seriedade imposta. Emilio Rodríguez mantén un espíritu novo, busca o divertimento na arquitectura. Pretende que os seus edificios sexan vividos con alegría.
gallegojorreto
CULTURA

Os Premios de Arquitectura 2020 destacan o labor de rehabilitación

A Cidade da Cultura, en Compostela, foi hoxe o escenario da entrega dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galiza 2020

A compoñente moral da arquitectura

Unha rúa da Coruña con seis carrís para os vehículos.
star
Arquitectura

Ruídos impostos

Un terzo da poboación urbana vive exposta a máis dos 55 decibeles de confort. Por enriba deles, tensión e malestar, nin comunicación nin descanso.

Un dos deseños incluídos no volume.
CULTURA

Engaiolarte publica un volume que recolle os debuxos dos cadernos de viaxe de Antonio Palacios

Engaiolarte Edicións vén de publicar Trazar a mirada, máis de 250 debuxos inéditos de Antonio Palacios rescatados dos seus cadernos de viaxe. Imaxes de paisaxes, monumentos e tipos humanos, que permiten comprender mellor a colosal dimensión artística do arquitecto porriñés.
O museo de Campo Lameiro emerxe da terra como unha gran rocha artificial.  / Tono Mejuto
star
Arquitectura

RVR: Paisaxe e memoria

A produción deste estudio de arquitectura de apelidos RVR xira ao redor dos conceptos de paisaxe e memoria. Territorio e tempo son as súas ferramentas de traballo cotiá. Chegan a asegurar que non fan obras novas. Din que nada é completamente novo, todo parte dun lugar ou dunha historia á que pode dar continuidade. 
Activismo ciclourbano: J. Jacobs, NI; M. Gaviria, MAD; J. Beuys, DUS e M. Duchamp.
star
Arquitectura

Moito por rodar

O ciclismo urbano irrompe na cidade moderna como unha alternativa ecolóxica, saudábel e eficiente, e non desprovista dunha erótica propia.
O interior das oficinas de Valga forma un grande atrio monumental.  / Foto: Héctor Santos
star
Arquitectura

Ansede Quintáns: Diálogo do Posíbel

Definir o traballo destes arquitectos é complexo. Vou valerme de dous extremos para acoutalos. A identidade da arquitectura de Ansede e Quintáns móvese entre a rehabilitación silenciosa e a innovación. Nun diálogo entre o lugar, as necesidades dos clientes e eles mesmos.
Imaxe dunha das reportaxes que sairán publicadas no semanario. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos analiza o futuro da ilustración na Galiza

O semanario que sae publicado mañá tamén abrangue o tema da lingua da man do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato e fai unha parada na arquitectura pragmática. Para ler todos estes contidos e aínda máis só é preciso acudir ao quiosque e mercar o Sermos Galiza xunto co Nós Diario ou facelo a través da nosa loxa en liña.
Centro Sociocultural en Teo, de Ameneiros Rey
star
Reportaxes

Ameneiros Rey: por unha arquitectura sustentábel

Na construción debe haber un equilibrio, entre o deseño pensado polos arquitectos e a capacidade técnica de quen o vai executar. Amaneiros Rey é un estudio de arquitectura que se define como pragmático, dos que buscan ese equilibro, mais sen perder a intensidade dunha obra sensíbel ao contexto.
O centro de día de Leiro ábrese ao sur ao tempo que se protexe do sol. Abaixo, o edificio busca a integración na natureza recreando os vellos socalcos. (Foto: Müller e Feijóo)
star
Reportaxes

Müller e Feijoo: obra contextual

Na arquitectura cada obra supón un "comezar de novo". Cada edificio conta cun tempo, cun lugar e cuns axentes implicados diferentes. Isto pode ser visto como unha eiva da profesión ou como unha maneira de aprender cousas novas de cada volta. Un novo proxecto pode ser unha oportunidade de experimentar e innovar, así é como o ven no estudio Müller.Feijoo. 
Hórreo de araño (Foto: Carlos Fernández Coto).
star
Reportaxes

Horreos: posíbel patrimonio da humanidade

Os hórreos representan un patrimonio material e inmaterial de enorme relevancia, tanto na cultura galega como na peninsular e mesmo a nivel mundial, pois podemos encontrar exemplares por todo o planeta. Para velar pola súa protección, o pasado 11 de decembro tivo lugar a primeira reunión co fin de analizar a situación na que se encontran na actualidade os hórreos da Península Ibérica. Nela acordáronse as liñas de actuación e os obxectivos da iniciativa, entre os que destaca a posibilidade de declarar os hórreos Patrimonio da Humanidade.
María Fandiño propúxose desfacer unha explanada e transformala en socalcos (Foto:  Gabriel Rodríguez)
star
Reportaxes

Emerxentes voces novas

Nos últimos días saíron á palestra unha serie de nomes de arquitectas moi novas. Aínda que con diferentes historias ás costas, Sofía Blanco, María Fandiño, Ander Bados e María Montenegro teñen en común pertencer a unha xeración que comeza a agromar.

A casa do Taberneiro (Foto: Luís Díaz Díaz).
star
Reportaxes

Arrokabe: tocar madeira

Resulta paradoxal que moitas arquitectas vexan a madeira como un dos materiais do futuro, cando se leva usando desde sempre. Na construción tradicional era moi empregada, presente en tellados, vigas, portas, fiestras ou pisos. A industrialización fixo que se fose substituíndo por aluminio, aceiro, formigón ou plástico. Na actualidade, coas novas tecnoloxías aplicadas ao material e aos derivados, está a recuperar o protagonismo perdido.
Miradoiro da Pedra da Ra (Ribeira). (Foto: Ana Amado).
star
Reportaxes

Carlos Seoane: rehabilitando lugares

Georges Perec escribiu un breve texto, Tentativa de esgotamento dun lugar parisiense, onde narraba os acontecementos cotiáns. Describiu pormenorizadamente o que acontecía nun instante nunha praza, falaba sobre actos nos que ninguén reparaba. Os espazos públicos, rúas e parques, o que está baixo os pés, tamén ten importancia. As últimas obras de Seoane están orientadas a recuperar lugares para a cidadanía e o uso diario. Obras que pasan desapercibidas.
Manuel Carbajo e Celso Barrios na randeeira do baixo das Trece Rosas. (Foto: Estudio).
star
Reportaxes

Carbajo Barrios: convivir

Houbo un tempo no que no Estado español se construían vivendas a un ritmo descontrolado. Nese momento fixéronse tantas como en Alemaña, Francia, Italia e Gran Bretaña xuntas. Na periferia das cidades e vilas apareceron novos e anódinos bloques de edificios, moitos deles para alimentar a especulación. Porén, a vivenda é un dereito e merece outra maneira de facer. 
Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso. (Foto: Iago Valverde).
star
Reportaxes

Abalo Alonso: facendo paisaxe

Era habitual hai 10 anos que todos os alcaldes quixesen ter un Guggenheim no seu concello. Agora, a vella crise económica obriga a traballar con orzamentos moi axustados, e algúns simplemente seguiron facendo o que xa facían. Quen estivo sempre propondo arquitecturas sensatas, modestas e adaptadas ao lugar, non tivo, nin terá, problemas para afacerse ás restricións actuais e as que virán.
Espazo central da Praza de Armas fronte á escalinata do concello de Ferrol. (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Carlos Pita: monumentalidade cotiá

No día a día atopamos espazos magníficos sen decatarnos. Quen deseña unha praza tranquila ou sitúa un banco estratexicamente á sombra dunha boa árbore toma decisións que melloran a vida da cidadanía. Detrás da construción de lugares ordinarios atópase o traballo e entusiasmo de moitas e moitos profesionais.