arquitectura

388 repor 2
star
Reportaxes

Materia Viva: Salgado e Liñares

A sustentabilidade estase a converter nun elemento fundamental da arquitectura contemporánea. Búscanse edificacións que consuman moi pouco ou mesmo que sexan totalmente autónomas. Mais hai quen vai alén disto e trata de alcanzar tamén o equilibrio ambiental e dos materiais, con intervencións que alteren a paisaxe o mínimo e construcións con materiais naturais e renovábeis como a madeira. 
castroferro_bn
star
Reportaxes

Castroferro: Interiores emocionais

Moitas das lectoras e lectores que se atopan nas súas casas darían en reflexionar sobre a importancia que ten o interior dos nosos fogares para sermos felices. Estes días de reclusión forzada valórase moito que na vivenda entre o sol, que teña un balcón ou terraza ao que saír, que a distribución permita ter espazo de intimidade, que se adapte ao teletraballo... En definitiva, que os espazos onde convivimos sexan lugares confortábeis e flexíbeis. Nunca tantas horas pasou o país dentro da casa para poder examinar o funcionamento do seu fogar.
star
Reportaxes

Recuperar a memoria: Creus e Carrasco

Nos últimos 12 anos, a arquitectura practicamente desapareceu das páxinas de cultura dos xornais e pasou a figurar como marco das tramas de corrupción urbanística. En 2008 deu comezo a crise financeira en todo o mundo e no Estado español supuxo o estoupido da burbulla inmobiliaria, na que o sector da construción se viu gravemente danado. Os grandes investimentos paráronse, as obras que xa estaban en marcha acabáronse de mal xeito ou quedaron nun triste esqueleto.
Rehabilitacion vivenda praza Pescadores Vigo (2) COAG
CULTURA

As arquitectas galegas elixen as maiores aportacións á profesión neste 2020

Os Premios Gran de Area de Aportación á Arquitectura 2020 foron fallados desde as delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza (COAG).
MargaAlbores
Creou con Assegonia itinerarios para ver outra Compostela

Marga Alborés: "As gárgolas son un catálogo incríbel, un auténtico bestiario simbólico do barroco"

Foi mestra, durante 40 anos, en escolas unitarias como a de Camelle ou a de Oroso, e rematou o seu traxecto laboral no colexio Pío XII de Compostela. Agora, aínda que retirada, o seu interese pola divulgación e a creación de materiais didácticos non decae e deseña itinerarios 'pétreos' pola arquitectura compostelá que se recollen no blog que vén de facer público, Assegonia.  
Escaleira tripla de  caracol (Compostela).
Unha exposición divulga a obra do mestre

O xenio arquitectónico de Domingo de Andrade, ao descuberto na Alameda compostelá

Inaugúrase hoxe en Santiago unha exposición que divulga o legado do máis representativo arquitecto barroco da Galiza, cuxo traballo é fundamental para entender a arte do noso país. Andrade é a figura homenaxeada en 2020 e 2021 polo Día das Artes Galegas.
Detalle da maqueta dos 'ghalpóns' de Cans (Creus e Carrasco).
Cultura

Os 'ghalpóns' cinematográficos: un espazo reinventado para o público

Esta semana coñeciamos a nova de que os 'ghalpóns' do festival de Cans (O Porriño) estarán presentes nun proxecto dentro da Bienal de Arquitectura de Venecia, a cita referente dentro do eido a nivel internacional. O arquitecto Juan Creus explica polo miúdo a 'Nós Diario' as chaves da investigación do seu estudio, Creus e Carrasco, arredor da transformación dos espazos cotiáns en salas de proxección de cinema, desde unha perspectiva comunitaria que se presenta como unha das chaves para afianzar un evento que ten o rural como contexto e selo de identidade.
Isabel Aguirre (USC)
CULTURA

Isabel Aguirre, arquitecta: "Na Galiza hai moito 'bonitismo' e diso é do que se debería falar, non de feísmo"

Nunha recente enquisa universitaria entre estudantes de Arquitectura, o nome de Isabel Aguirre Urcola saíu como a arquitecta galega máis influínte. O seu traballo como docente na Universidade da Coruña e a súa obra ben merecen ese recoñecemento. Parte del veu en forma de premios como o Estatal de Arquitectura Manuel de la Dehesa en 1997 ou o Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística da contorna do Mosteiro de Caaveiro (Monfero). Anima as futuras xeracións a traballar e convencer.
Placido Lizancos boa
SOCIAL

Plácido Lizancos: "Descoñecemos o estado de saúde da vivenda na Galiza, ese é o reto que se nos presenta"

O profesor e investigador Plácido Lizancos puxo en marcha xunto a outras integrantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña o proxecto "A Clínica das Casas". En conversa con Nós Diario, reflexiona sobre a vivenda: "Isto que se visualiza agora, cando chega a nós información que fala do mal que pode vivir parte da poboación reactívanos, estimúlanos para seguir investigando que está a acontecer".
terraza de sada
CULTURA

A Terraza modernista de Sada, Ben de Interese Cultural

Construíuse orixinalmente na Coruña
Plano do barrio multiecolóxico que proxecta o Concello de Lugo (Imaxe: Concello de Lugo)
SOCIAL

A veciñanza de Lugo coñece o ecobarrio

Conceptos como arquitectura sostíbel ou eficiencia enerxética son cada vez menos alleos á sociedade, mais na Galiza queda moito por facer. No camiño introducíronse novidades como os ecobarrios que, co pulo das subvencións europeas, se proxectan nas cidades de Lugo ou Ourense. 
gallego jorreto
Autor de Monte Pío ou do Museo da Conserva da Illa

O carballiñés Gallego Jorreto gaña o Nacional de Arquitectura do Ministerio de Fomento

Manuel Gallego Jorreto, arquitecto nado no Carballiño en 1936, vén de recibir o premio Nacional outorgado polo Ministerio de Fomento. “Máis de 50 anos de exercicio profesional marcado por unha arquitectura comprometida coa súa Galiza tradicional”, sinala o xurado do galardón.
 

San_domingos_de_bonaval_fachada_principal
CULTURA

A reforma do Museo do Pobo Galego ampliarao en 1.600 metros cadrados

A ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval acollerá, a partir de 2021, espazos e servizos relacionados coa actividade do Museo do Pobo Galego. Suporá unha ampliación de 1.600 metros cadrados cuxo proxecto -dirixido polo Consorcio de Santiago- se presentou esta segunda feira.
 

[Imaxe: Laura R. Cuba] Gárgola na Casa da Parra, en Compostela
Eira das Mouras

Diálogo da auga e as gárgolas, recurso con mito e arqueoloxía

Nesta nova entrega da sección Eira das Mouras, o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén reflexiona ao redor da relación entre a auga e a arquitectura, pondo a ollada na realidade galega do pasado e do presente. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 299.

[Imaxe: Xurxo Lobato]
Día das Artes Galegas

De la Sota, arquitectura con cerna galega

O presidente da Asociación Amigos dos Museos de Galicia elabora para Sermos Galiza un perfil do arquitecto pontevedrés Alexandre de La Sota, quen vén de ser homenaxeado co Día das Artes Galegas pola Academia Galega de Belas Artes.

terra3
Conmemórano cunha exposición divulgativa

O Proxecto Terra fai 15 anos

O Proxecto Terra festexa o seu décimo quinto aniversario cunha exposición itinerante por Galiza para divulgar a súa labor nos centros educativos, a cal tratou de aportar coñecemento sobre a orografía galega e o seu urbanismo, para mellorar a formación que a cidadanía ten dos espazos que habitamos, dende cativos. Vídeo no interior.

bienalvenecia
CULTURA

Arquitectura galega na Bienal de Venecia

As maquetas dos estudos de Creus e Carrasco e Elsa Urquijo móstranse en dous “palazzos” na Bienal de Venecia.

CASA REZA
CULTURA

A Escola de Arquitectura lamenta o derribo da casa de Reza

Poucos días despois de que o pasado 23 de xuño rematase o total derribo da casa de Reza, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña mostra a súa “profunda decepción” polo fin da vivenda. 

SOCIAL

Estudantes de Arquitectura boicotean un acto de Pilar Rojo e entréganlle "nun sobre" un manifesto contra os recortes

A presidenta do Parlamento mudou o galego polo castelán para inaugurar unha exposición perante alumnado de Franza e Alemaña, empregando incluso a forma deturpada 'La Coruña' para ubicar @s visitantes
Área de compostaxe no Campus da Zapateira da UDC A Coruña
Arte imaxe patrimonio

Trespés gaña o Premio A+ de Arquitectura Efémera

A Área de compostaxe no Campus da Zapateira, A Coruña, recibiu o galardón na gala dos Premios de Arquitectura Plus 2012. Noutras áreas quedaron finalistas o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo de Jacobo Bouzada e a rehabilitación y ampliación centro recursos personas discapacidad en Silleda (Pontevedra) de Arrokabe Arquitectos