'Razzia' da Policía española contra bandeiras nacionalistas galegas en Balaídos no Celta-Athletic
Seareir@s do equipo celeste denuncian a actuación da policía española no encontro de Copa contra o Athletic de Bilbao, requisando estreleiras e mesmo camisolas de peñas do equipo vasco. Afirman que “non é unha novidade” que as forzas de seguridade queiran estragar “a festa entre célticos e athletictzales”.