Galiza
As bandeiras percorren rúas e prazas de Compostela
22/xul./12
Manifestacións e actos políticos e festeiros enchen prazas, parques e carballeiras en Compostela neste 25 de xullo. As manifestación do BNG sairá ás 12 da Ferradura, como todos os anos, e despois Nós-UP e Causa Galiza comezarán no mesmo lugar a súa marcha. CompromisoxGaliza e Anova optaron por actos políticos e festivos en parques e prazas da cidade.