TRABALLO
O estrés térmico por calor afecta tamén no laboral
15/xul./22
A Galiza non está afeita a soportar unhas temperaturas tan altas como as que se están a experimentar nas últimas xornadas. A tensión térmica é un fenómeno provocado pola calor extrema vinculada ao cambio climático e que se está a facer sentir entre as traballadoras e traballadores e tamén nas actividades do campo. Explotacións agrogandeiras ven minguada a produción.