SOCIAL
Decretada a alerta vermella pola calor na comarca de Valdeorras
21/ago./23
Toda a Galiza fica afectada polas altas temperaturas
Calor, bochorno, fogaxe. Xuño, e previamente maio, está a ser un mes marcado por temperaturas máis altas do normal na Galiza, coas consecuencias que iso implica, tamén en canto á saúde. Do 1 de xuño ao 18 dese mesmo mes as altas temperaturas foron a causa do falecemento de 14 persoas na Galiza, case unha por día.
O cuarto mes de 2023 foi entre seco e normal a nivel de precipitacións na Galiza e extremadamente cálido, con temperaturas até 2,5 graos centígrados superiores á media no leste do país, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía. No abril máis caloroso e con menos choiva no Estado desde que hai rexistros, Galiza foi a excepción en precipitacións aínda que, en todo caso, estiveron por baixo da media dos últimos anos.