star
CULTURA
Galiza Cultura celebra o Samaín con Castelao
31/out./23
A cultura tradicional galega mantén un vínculo coa morte que refuta a visión máis cinematográfica e infantilizada que se estende a través da industria do entretemento. O relato de Castelao Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete emprega desde unha posición crítica e retranqueira esa especial ligazón co alén, por iso a Federación Galiza Cultura organizou unha lectura simultánea en varias vilas do país do texto do rianxeiro, para enraizar a data dos defuntos coa tradición.