SOCIAL
Coronavirus Galiza: seguen a aumentar os casos activos, até 14.909
22/abr./22
As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza aumentan a 3.316, de acordo coa información facilitada polo Sergas.
O Consello de Ministras e Ministros do Estado español aprobou esta terza feira un Real Decreto polo que o uso de máscaras deixará de ser obrigatorio en espazos interiores a partir desta cuarta, tras ser publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE). Porén, o seu uso recoméndase en determinados casos, cando non se poida garantir o distanciamento social.
E ti, que opinas?
Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 no conxunto da Galiza incrementáronse nunha vintena a respecto do día anterior ao situarse en 583.
A presión hospitalaria aumenta lixeiramente, pero a taxa de positividade dispárase até o 37%