cultura

Olalla Cociña e Branca Novoneyra
CULTURA

Picaversos bota a andar unha acción de poesía mural en Compostela

Follas con poemas de Lupe Gómez e Estevo Creus repartiranse hoxe no Picaversos, coa idea de seren pegadas polas rúas da cidade. “A Compostelana”, nome da acción, entra na rede da que toman parte La Madrileña, La Porteña e La Parisienne, nas cidades de Madrid, Bos Aires e París.
Eva Veiga en "A cicatriz branca"
CULTURA

Margarita Ledo estrea “A cicatriz branca” en Cineuropa

A cineasta Margarita Ledo Andión viaxa á emigración galega para recoller a memoria das mulleres que chegaron a Arxentina por volta dos anos vinte e trinta. Así nace A cicatriz branca, o film en que Margarita Ledo a través das súas personaxes busca recoller a historia de todas as emigrantes.O film estréase en Cineuropa.
Yolanda Castaño
CULTURA

Yolanda Castaño, singular finalista aos “Premios do Tren”

A escritora Yolanda Castaño foi escollida como finalista aos “Premios do Tren” o que fai da súa unha opción singular por varias razóns. A primeira por ser a única muller na listaxe de finalistas, a segunda por ser a súa a única obra escrita nunha lingua distinta do español na sección de poesía. Doce finalistas sobreviven a 976 obras presentadas de 825 participantes.

 
Salvador García Bodaño
Letras e Ideas

García Bodaño e o grupo de teatro Airiños de Rianxo entre os Premios da Cultura 2012

Os galardóns máis destacados da cultura galega recaen esta edición en Salvador García Bodaño, Manuel Quintana Martelo, o grupo de teatro Airiños de Rianxo, a Fundación Eduardo Pondal, a Asociación Internacional Estudos Galegos, Manuel Rodeiro e Miguel Anxo Fernández.
Cans
CULTURA

O BNG pide ao Ministerio que continúe coas axudas ao Festival de Cans

A solicitude realizouna Olaia Fernández Davila a través dunha iniciativa parlamentaria, despois de saber que o Ministerio e Educación, Cultura e Deporte decidiu eliminar a axuda que concedía cada ano.
Imaxe da exposición Balea Negra.
CULTURA

Noite branca, exposición en negro e portas abertas para os dez anos do MARCO

Abría o MARCO no edificio do antigo cárcere de Vigo e o Prestige embarrancaba na costa galega, todo na mesma noite de treboada. Esta fin de semana, para conmeorar o décimo aniversario o Museo da rúa de Príncipe abre ate madrugada nun fin de semana de actividade para conmemorar o seu décimo aniversario, arredor da exposición “A Balea Negra”.

 

O Certame ten lugar en Compostela
CULTURA

Fin de semana de bandas en Compostela

Arredor de mil persoas tocarán este fin de semana en Compostela, no VI Certame Galego de Bandas que terá lugar do venres 16 ao domingo 18 no Auditorio de Galiza, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.
Sés
CULTURA

Música en Pontevedra para lembrar o Prestige

O sábado 17 de novembro, no Recinto Feiral de Pontevedra, terá lugar a festa-concerto coa que a Plataforma Nunca Máis e a Asociación pola Defensa da Ría lembran o atentado ecolóxico do Prestige e homenaxean aos voluntarios e voluntarias que contribuíron a vencer ao chapapote.
Eusebio Lorenzo Baleirón
CULTURA

Volver a Eusebio Lorenzo Baleirón

O poeta Eusebio Lorenzo Baleirón cumpriría neste ano medio século de vida, aniversario que coincide coa 25 edición do premio que leva o seu nome, creado xa despois da súa morte. As contas quedan á vista, Eusebio morreu moi novo pero deixou unha sólida obra e unha memoria de afectos que se percibe no seu entorno máis próximo. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega réndelle este sábado día 17 ás 12.30 unha homenaxe en Laíño, concello de Dodro.
Acto de presentación do libro de X.M. Pereiro
CULTURA

“A Galiza de hoxe é filla do que aconteceu hai dez anos co Prestige”

Xosé Manuel Pereiro presentou en Santiago o seu libro 'Prestige. Tal como foi, tal como fomos', unha crónica sobre a catástrofe e a súa mala xestión. Xosé Hermida e Miguel de Lira acompañaron o autor nunha presentación cargada de memoria, xornalismo e activismo
CULTURA

Noticia de Prestige, unha exposición de Isaac Cordal en Bruxelas

O artista galego, Isaac Cordal (Pontevedra, 1974), vén de inaugurar o pasado 8 de Novembro unha exposición individual na Galería Harlan Levy Projects, en Bruxelas, baixo o título Prestige, que vén ser ao mesmo tempo unha chamada de atención sobre a catástrofe do Prestige, acontecida hai dez anos e da que agora se está celebrando –finalmente- o xuízo, e unha chamada de atención sobre a ausencia de autoridade moral daqueles –os políticos- que perderan progresivamente o seu prestixio.
Imaxe de Burla Negra nunha manifestación. Foto Andrés Panaro.
CULTURA

A Burla regresa dez anos despois do loito da cultura polo Prestige

Dez anos despois de que o Prestige comezara a botar chapapote sobre as nosas costas regresa A Burla, o nome co que se rememora o movemento social e cultural que encheu as rúas de negro e botou a andar moreas de iniciativas para facerlle fronte ao maior atentado ecolóxico da nosa historia. Unha cadea humana, un concerto expansivo e o aniversario do grande velorio e a morte de Man son algunhas das accións, na memoria do que aconteceu hai agora dez anos da man do que entón se chamaba Burla Negra.
Rodaxe de Arraianos
CULTURA

Arraianos” de Eloy Enciso, premiada no Festival de Cine Europeo de Sevilla

O film “Arraianos” de Eloy Enciso ven de ser recoñecida no palmarés do Festival de Cine Europeo de Sevilla . A película galega resultou vencedora na sección “Las Nuevas Olas” co Premio do Xurado Camp-Us.
CULTURA

O Apóstolo chega aos cinemas

A longametraxe de animación galega, gañadora do premio á mellor pelicula no festival arxentino ExpoToons 2012, conta a historia de Ramón e d@s habitantes dunha aldea do Camiño de Santiago baseada nas lendas e historias do patrimonio oral da Galiza.

María Lado e Lucía Aldao participarán nas xornadas.
CULTURA

A AELG revisa a “maridaxe” entre literatura e ensino

Arredor de 20 participantes darán corpo ás II Xornadas de Literatura e Ensino que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra en Compostela na tarde do día 9 e ao longo de todo o sábado día 10 de novembro.


Festival de Cans
CULTURA

Patrocinar un chimpibús ou un jalpón para apoiar o X Festival de Cans

Poñerlle o nome dunha zapatería a un chimpibús ou bautizar un jalpón co cartaz dun supermercado. A organización do Festival de Cans decidiu non quedar parada despois de saber que o ministerio de Cultura non apoiará a realización do que sería a súa décima edición. Para lle facer fronte ao revés, botan a andar unha campaña para acadar apoios privados no décimo aniversario do singular festival audiovisual do rural. A cambio, ofrecen “agroglamour”.
CULTURA

“Ti tes a chave” do programa do Culturgal en Pontevedra

O anuncio fala dunha romaría cltural de tres días en Pontevedra. Culturgal xa ten programa para a súa nova edición que terá lugar o 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro en Pontevedra.
Jean Salem
CULTURA

Jean Salem: Eleições, armadilha para tolos

Jean Salem, professor de história da filosofia na Sorbonne e filósofo marxista, vem de publicar no início deste ano um livro, no qual, sob o título “Eléctions, piége à cons” , aborda a questão da democracia formal representativa e faz uma análise demorada da ascensão de forças fascistas e de extrema-direita no seio das democracias "burguesas".
Sala de cine
CULTURA

Idioma subvencionado? O cinema en español recibe un euro de axuda por cada dous de billeteira

En 2011 o cinema español non chegou aos 100 millóns de euros de recadación, mais recibiu máis de 50 millóns en subvencións e axudas públicas. Un dato que contrasta co discurso que tilda de "subvencionadas" as outras linguas oficiais no Estado
Os Diplomáticos reaparecen no Castanhazo
CULTURA

Os Diplomáticos incumpren a súa promesa e... volven!

Cando fixeron vinte anos anunciaron que, como pouco, tardarían dez máis en subir aos palcos. mais... aquí están de novo “Os Diplomáticos de Monte-Alto”, no seu espazo natural, tocando no Mercado Gandeiro de Chantada, como prato forte do décimo aniversario do Castañazo Rock que terá lugar o sábado día 3.