cultura

Cesáreo Sánchez Iglesias nun xunco polo río Mekong
Cesáreo Sánchez Iglesias publica 'As bolboretas do Mekong'

Testemuño e memoria poética de Vietnam

A contradición é tamén un dos motores da poesía. Percibiuno Cesáreo Sánchez Iglesias (O Irixo, 1951) no Vietnam, o territorio do seu último libro de poemas: “Eu tiña vontade de falar daquel país e da súa historia. Mais, ao tempo, pensaba que era cruel falar da guerra nun lugar tan fermoso”.  Decidiu asumir o paradoxo. As bolboretas do Mekong é o resultado, un extenso volume de memoria e crónica, de celebración e dó.
 

Miguel-Anxo Murado
Segunda feira, 14 de xaneiro

Miguel Anxo Murado e o portugués Valter Hugo Mãe recitan na Coruña

Unha das voces máis relevantes da literatura portuguesa última -Valter Hugo Mãe e un dos grandes narradores, e poeta de culto, da galega -Miguel Anxo Murado- comparten escenario esta segunda feira no auditorio do Centro Ágora da Coruña.
 

Ellis_Island_in_1905
Organiza o Consello da Cultura

Exposición en Ellis Island, Nova York, sobre a emigración galega

Os adeuses é o título da exposición que o Consello da Cultura Galega inaugura o vindeiro 9 de febreiro en emblemática Ellis Island, a illa da baía de Nova York que funcionou como “principal entrada de inmigrantes” aos Estados Unidos de América na primeira metade do século XX.
 

albert camus
Isabel Soto e Xavier Senín traducen 'A peste'

Camus e as ratas mortas que inzan a cidade

A potencia da súa parábola trascendeu o mundo das letras. Publicada por volta da Segunda Guerra Mundial, A peste converteuse nun compás moral, un aviso, “alegoría de corte existencialista” e novela da asfixia. Isabel Soto e Xavier Senín presentan agora a versión galega dunha das obras cimeira de Albert Camus.
 

libros
Novidades para 2019

A literatura que aí vén

Os catálogos editoriais inician o ano axitados. A súa programación xa prevé os principais de entre os títulos e autoras que publicarán ao longo de 2019. E hai pezas de relevo: a biografía de Castelao escrita por Miguel Anxo Seixas, o regreso do inspector Caldas de Domingo Villar, un repaso a vinte anos de poesía de María do Cebreiro, novos títulos da supervendas Ledicia Costas.

academias galega e brasielira
LINGUA

As Academias Galega e Brasileira asinan “estreitar lazos entre linguas irmás”

“Na Real Academia Galega hai conciencia de que a lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Mozambique. O galego forma parte dese proxecto internacional”. Con esta clareza saudou Víctor Freixanes, presidente da RAG, o acordo asinado co seu homólogo brasileiro, Marco Lucchesi.
 

Foto Lucía Aldao. Autor- Seyfettin Dincturk 1
Lucía Aldao estréase nunha editora con 'Todo isto antes era noite'

A poeta que baixou do escenario ao libro

“Hai que entreterse. / Para que o teu corpo sexa un corpo e non todos os corpos / todas as rúas / todos os versos / todas as cancións, / hai que entreterse”, escribe Lucía Aldao en Todo isto antes era noite, o seu primeiro libro nunha editora comercial. Son poemas nocturnos, urbanos e con banda sonora, experiencias no bordo do outro, un sistema de comunicación alternativo, nada autocompracente.
 

CULTURA

A Academia asina un convenio coa súa homóloga brasileira

A Real Academia Galega asinará esta quinta feira “un convenio marco de cooperación” coa Academia Brasileira das Letras.
 

10_diaz-pardo_0286
Domingo 13 de xaneiro en Boisaca (Compostela)

Homenaxe a Díaz Pardo no seu sétimo cabodano

No sétimo cabodano da súa morte, un monllo de amigas e persoas achegadas -organizadas como Academia Real Isaac Díaz Pardo- volven homenaxear o artista, intelectual e creador de Sargadelos. Será este domingo, 13 de xaneiro, no cemiterio de Boisaca, en Compostela.
 

Camilo Nogueira, nunha entrevista de 2016. (Foto: Nós Dairio)
Xerais publica 'Unha nación no mundo', o seu novo ensaio

O incesante optimismo de Camilo Nogueira

Máis de 700 páxinas ocupa Camilo Nogueira (Vigo, 1936) en argumentar o seu incensante optimismo a respecto de Galiza. Unha nación no mundo. A razón resistente titúlase o seu novo ensaio, unha pescuda nas raíces do presente que comeza en 1480.
 

caerán lóstregos do ceo fotograma
'Caerán lóstregos do ceo' é o título

A crítica Nicole Brenez escolle unha curta do burelense Adrián Canoura entre o mellor do ano

A francesa Nicole Brenez, profesora na Sorbona, é unha das voces máis respectadas da crítica cinematográfica actual. Experta en vangardas e cinema militante, investigadora das relacións entre filme e política, vén de escoller a última curtametraxe do burelense Adrián Canoura entre o máis salientábel de 2018.
 

greve feminista mulleres 8m
Segunda novela da autora de 'Escapados'

Mosaico sobre mulleres que loitan

Con Escapados, María del Carmen Rey Núñez presentouse no campo literario cunha historia de maquis no Monte Pindo, asentada en feitos históricos. Autodidacta, a escritora recunca agora cun mosaico de “mulleres que levantan a cabeza, que saen adiante polos seus propios medios” e que titulou directamente Mulleres.
 

Pórtico da Gloria Policromía restaurada
CULTURA

Abre o Pórtico da Gloria restaurado con entradas a 12 euros

Visitar o Pórtico da Gloria custa, desde inicio deste ano, 12 euros. Por primeira vez na historia da Catedral de Santiago, acceder a esta xoia do románico será de pago.
 

poesía visual
Escolma de autoras inéditas en volume individual

Poetas no exterior dos libros

“puxémosche música electrónica / e luces rosas estroboscópicas / por enriba dos recordos e as hortensias / estabas tamén naquela rave ás 6 da mañá dando de comer ás pitas”, escribe Nuria Vil no poema A crespa de Comesaña. Vil (Vigo, 1993) é a autora que pecha Dentes para a mazá, antoloxía subtitulada Doce poetas en creación.
 

man de camelle - por carmen hermo
A artista Carmen Hermo homenáxeao cun ábum de debuxos

Man de Camelle, o home que esculpía o natural

A súa figura era totémica. Recibía os visitantes practicamente espido e deixaba que se internasen no xardín da súa casa, no espigón de Camelle (Camariñas). Alí, o Alemán -Manfred Gnädinger- fora construíndo un monumento de land art, esculturas extraídas dos cons, pintura primitivista. A artista Carmen Hermo homénaxeao nun álbum de debuxos, sinxelamente titulado Man de Camelle.
 

Luz Pozo
'Pazo de Tor' sae en Alvarellos

Luz Pozo publica novo libro de poemas aos 96 anos

É talvez a máis veterana das poetas galegas en activo. Publicou o seu primeiro libro en galego en 1952. Sesenta e sete anos despois, Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) volve ao prelo con Pazo de Tor, 30 poemas que pescudan nas súas orixes familiares.
 

foto Novos Cinemas
CULTURA

O festival Novos Cinemas de Pontevedra aposta pola internacionalización

Non é o máis usual, pero o festival Novos Cinemas de Pontevedra adoita escapar do usual. Volveuno facer para, tres semanas despois da súa celebración, emitir un documento de “balanzo” en que reafirma a súa aposta pola internacionalización e o “talento emerxente”.
 

ataqueescampe
Disco dobre de rarezas e inéditos

A letra pequena de Ataque Escampe

A verdadeira historia estética dun grupo é ás veces máis lexíbel na letra pequena da súa obra espallada ca nos grandes titulares dos seus discos. Eis a posibilidade que, para os carismáticos Ataque Escampe, abre o dobre disco Ídolos adolescentes / A vida dos animais, que desde esta segunda feira se pode escoitar na Rede.
 

miúcha
CULTURA

Morre a cantora brasileira Miúcha, voz en discos de Jobim ou João Gilberto

Tardou en entrar nos estudios como cantora, mais cando o fixo rodeouse dos titáns da música brasileira. Con Vinicius de Moraes, con Tom Jobim, con Toquinho ou con João Gilberto, Miúcha intepretou as composicións maiores da bossa nova. Ao seu nome graveu 14 discos. Morreu a pasada semana no Rio de Janeiro.
 

ledicia costas búlgaro 2
CULTURA

Os libros de Ledicia Costas chegan ao búlgaro

Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte. O seu libro de 2016, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais), dá agora proba da súa potencia: acaba de publicarse en búlgaro.