cultura

Iria Pinheiro [Imaxe: Olaia Sendón]
'Anatomía dunha serea' é o seu último traballo

Iria Pinheiro gaña o premio Maruxa Villanueva de interpretación teatral

O xurado da décimo oitava edición do premio Maruxa Villanueva de intepretación teatral decidiu outorgarlo á actriz Iria Pinheiro. “Destacamos a súa valentía na reivindicación do feminismo e na capacidade para empregar a arte e avisibilidade como actriz para causas xustas e necesarias”, sinalou.
 

elisa e marcela
O filme de Coixet estréase na Berlinale

Dispárase a petición para que Netflix dispoñibilice 'Elisa e Marcela' en galego

Avante LGTB lanzou unha petición vía Internet para que Netflix dispoñibilizase o novo filme de Isabel Coixet dobrado ao galego.

20 anos da actividade de divulgación

Museo Arqueolóxico de Ourense: 200 Pezas do Mes

Un coitelo tipo Simancas, do conxunto arqueolóxico natural de Santomé e datado nos séculos IV-V, foi, en febreiro de 1999, a primeira Peza do Mes do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Vinte anos e 200 pezas despois, o centro celebra esta actividade divulgativa e faino con outro material da mesma procedencia: unha placa de cinto ligada ao mundo Baixo Imperial da Meseta.
 

suso vaamonde
Libro sobre Suso Vaamonde

A historia do cantor que se exiliou do Réxime do 78

Voz do trebón é o primeiro libro que repasa a peripecia do cantautor Suso Vaamonde (Ponte Caldelas, 1950–Vigo, 2000). O seu autor é o xornalista Miguel Boó e presentarase en Salvaterra de Miño, vila á que tan vencellado estivo Vaamonde, o vindeiro sábado 16 de febreiro.
 

Primo_Levi_(1960)
Tradución galega de 'Se isto é un home', clásico sobre o Lager nazi

O testemuño como liberación

“Fun capturado pola milicia fascista o 13 de decembro de 1943”, comeza un dos libros máis importantes de todos os libros importantes escritos no século XX: Se isto é un home (1947), de Primo Levi. A súa versión galega vén de saír do prelo, traducida por Xoán Manuel Garrido Vilariño e publicada por Xerais.
 

raquel queizás
Sábado 16 de febreiro en Outeiro de Rei

Contos e lendas tradicionais na Casa Museo Manuel María

Na Maleta da avoa viaxan contos, lendas, monicreques, obxectos. Transpórtaa Raquel Queizás e este sábado, 16 de febreiro ás 18.00 horas, levaraa á Casa Museo Manuel María.
 

JF-VH
No ciclo Liberdades Sonoras

O singular folk de Josephine Foster, en Lugo o 23 de marzo

Josephine Foster, estadounidense de 1974, é unha das máis celebradas voces do novo folk. Prolífica -16 discos desde 2000- e aventureira, estará no Vello Cárcere de Lugo o vindeiro 23 de marzo, sábado ás 20.00 horas, dentro do ciclo Liberdades Sonoras.
 

A Biblioteca de Pedagoxía publica a famosa carta da Escola de Barbiana

Libros para educar na emancipación

“Este libro non se escribiu para os docentes, senón para os pais. É un chamamento a organizarse. Os autores somos un grupo de oito rapaces da escola de Barbiana. Outros compañeiros nosos, que están a traballar, axudáronnos os domingos”. Este é o inicio dun dos máis célebres textos da pedagoxía emancipadora europea, Carta a unha profesora, orixinal de 1967 e cuxa versión galega vén de publicar a editorial Kalandraka.
 

Idolo oculado. Foto de Spuntik Labrego. Tratamiento digital de Manuel Rey
“Dos máis importantes conxuntos peninsulares”

Arqueólogos descobren en Valdeorras pintura esquemática prehistórica

A pintura esquemática ibérica asóciase ás primeiras culturas metalúrxicas, maiormente na Idade do Cobre ou Calcolítico e na de Bronce. A esa escola pertence o achado dos arqueólogos de Sputnik Labrego e Estela Arqueoloxía en Casaio (Carballeda de Valdeorras): “Un dos conxuntos máis importantes do noroeste peninsular”.
 

finalistas Mestre Mateo
CULTURA

'Trote' e 'A sombra da lei' obteñen 30 candidaturas nos Mestre Mateo

Trote, de Xacio Baños, e A sombra da lei, de Dani de la Torre, son as gañadoras da previa dos premios Mestre Mateo: cada un dos filmes suma 15 candidaturas. Son dous filmes de vocación e filosofía diferente, pero erixénse desde xa e até a gala do vindeiro 2 de marzo nas favoritas.
 

trinta lumes - fotograma
Primeira longa de Diana Toucedo

Estrea en salas 'Trinta Lumes', un achegamento ao Courel no bordo do irreal

Trinta Lumes conta a historia de Alba, unha rapaza do Courel que na tardiña dun día de outono entra en contacto co invisíbel. A primeira longametraxe de Diana Toucedo (Redondela, 1983) transita entre o real e a fantasía para falar sobre a construción do mito, a extinción ou o traballo. Proxectada e premiada en non poucos e importantes festivais, esta sexta feira estréase en seis salas galegas e tres do resto do Estado.
 

miriam reyes
Presenta o seu primeiro libro en galego

'Sardiña': a poeta Miriam Reyes pensa a lingua

"Sardiña reflexiona sobre unha lingua que non é súa e, ao tempo, perténcelle”. Así resume a editorial Chan da Pólvora o novo libro de Miriam Reyes (Ourense, 1974), unha das poetas ibéricas de maior relevo e que agora se estrea en galego. Esta quinta feira en Compostela e a sexta en Vigo presenta a obra.
 

cartaz golfostela
22 de febreiro na sala Malatesta

Golfostela, escaparate do 'underground' pop da capital

A variedade preside a subterránea escena musical compostelá. Golfostela será o festival autoxestionado que dea conta dela. O vindeiro 22 de febreiro, na sala Malatesta, haberá pop, blues, rock alternativo e sons máis duros.
 

800px-Mutterkorn_090719
Illa Bufarda prepara un documentario sobre o dentón

A semente galega do LSD

Dentón, caruncho, cornecello, grao de corvo, dente de can, cornizó. Un fungo que lle medra ao centeo. Ademais, a semente da que derivou o LSD. E o núcleo de non poucos usos aplicados na industria farmacéutica. Protagonista dunha historia apenas coñecida, que incluíu a febre por recollelo e a especulación mercantil, o claviceps purpurea centra o novo proxecto documental de Illa Bufarda.
 

sumrrá - foto cedida
O combo de jazz celebra a súa residencia nas Crechas

Un cento de domingos con Sumrrá

O jazz non é unha teoría, é un acontecemento. Non unha idea, senón unha práctica. Así parece entendelo Sumrrá, o trío compostelán que este domingo, 10 de febreiro, fará o seu concerto número 100 na Casa das Crechas de Compostela. O escenario como hábitat preferente en que a música nace, muta, desenvólvese, afirma a súa praxe.
 

Castillo_de_Naraío_I
Sesión continua de filmes rodados en San Sadurniño

Estrea das 23 obras producidas no Chanfaina Lab

Vinte e tres filmes rodados en San Sadurniño conforman a sesión continua que, o vindeiro sábado, 9 de febreiro, se proxectarán na Casa da Cultura da localidade. Trátase das obras producidas no último Chanfaina Lab durante a primeira fin de semana de setembro do pasado ano.
 

roger waters 2
CULTURA

O fundador de Pink Floyd Roger Waters chama a “parar o golpe de Trump en Venezuela”

É un músico capaz de encher estadios para escoitar a súa reconstrución de The Wall, o mítico dobre disco de Pink Floyd. Roger Waters (Surrey, 1943), baixista e compositor, un dos fundadores da lendaria banda psicodélica devida en sinfónica, chamou esta segunda feira a “parar o golpe de Trump en Venezuela”.
 

20181228_214501
Sábado 9 de febreiro en Outeiro de Rei

A cantautora Paloma Suanzes actuará na Casa Museo Manuel María

Verbas de Auga é o espectáculo que a cantautora Paloma Suanzes presentará o vindeiro 9 de febreiro, sábado, na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. Será ás oito do serán e con entrada de balde.
 

kalte sonne
Presenta disco compartido cos chineses Alpaca

A banda lucense Kalte Sonne e a exploración do post metal

Kalte Sonne circula por lugares musicais pouco transitados. Nin sequera no metal, xénero dado ao extremismo sonoro e, nalgunhas zonas, á investigación formal. Formada en Lugo en 2013, a banda dedícase a ese peculiar subxénero que responde á etiqueta de sludge metal. Agora presenta disco, compartido cos chineses Alpaca.
 

Dorna Rosalía
Número 41 da máis veterana revista literaria

'Dorna' de palabras

A máis veterana das revistas literarias galegas, Dorna, vén de publicar o seu número anual, o 41. Poesía, narrativa curta, tradución, escrita dramática e poéticas compoñen este repositorio de voces novas e consagradas situadas en pé de igualdade.