"Déixenos vivir a nosa vida como nación", responde París ás alusións de Trump aos coletes amarelos
O último balanzo oficial do confronto nas rúas entre os coletes amarelos e as forzas policiais deita marcas inéditas nas últimas décadas: máis de 1.700 persoas detidas e 260 feridas. A crise non pasou desapercibida en Washington. En twitter Donald Trump ligou o descontentamento popular en Francia á aplicación do acordo de París sobre as alteracións climáticas, do que se retirou os Estados Unidos ao chegar o magnate republicano á Casa Branca.
Máis de 300 persoas detidas nunha nova mobilización dos "coletes amarelos"
A policía usa gases lacrimóxenos contra unha marcha dos "coletes marelos" en dirección ao Eliseo. A retirada da suba das taxas sobre os carburantes anunciada esta semana por Macron non conseguiu desativar un movimento que xa ten como obxectivo derrubar o presidente da República.
Macron cede ante os “coletes amarelos”
O primeiro ministro francés Édouard Philippe anuncia que a suba das taxas dos carburantes que debía entrar en vigor o próximo 1 de xaneiro se retrasa.
Macron, disposto a que a singularidade corsa figure na constitución francesa
O presidente rexeita, iso si, outras reivindicacións do goberno nacionalista, como a cooficialidade do corso ou o estatuto de residente.
Macron atinxe maioría parlamentar nunhas eleccións con abstención récord
Os Republicanos, segunda forza mentres PS cae a 42 escanos. Francia Insubmisa obtén 27 deputados e a Fronte Nacional, 8. O nacionalismo corso entra na Asemblea, con 3 parlamentares.
Macron volve gañar
O partido de Macron abeira a maioría absoluta nunhas lexislativas marcadas pola alta abstención. A dereita, hexemónica fronte unha esquerda que non pasaría dos 50 deputados nun Parlamento de 577. O nacionalismo corso podería entrar na Cámara con 2 escanos.
Macron pon en marcha o novo bonapartismo republicano
O movemento República en Marcha! podería atinxir a maioría absoluta na Asemblea Nacional. O novo goberno, en que se incorporan perfís do PS e dos Republicanos, será o brazo executor do proxecto presidencial de Macron. A nivel internacional o Elíseo aposta en profundar a integración europea e en recuperar papel a nivel mundial como potencia dentro da OTAN. Analizamos os tempos en Francia no Sermos Galiza 247. Eis un extracto.
24 deputados socialistas irán nas listas do partido de Macron ás lexislativas
República en Marcha!, o partido de Emmanuel Macron, vén de apresentar esta quinta feira a súa lista de candidatos para as próximas eleccións lexislativas que se realizarán en xuño. A lista, conformada por 428 homes e mulleres entre os que se contan 24 deputados socialistas, conta con 52% de persoas que nunca exerceran un cargo público.
O partido de Macron denuncia un “pirateo masivo” de documentación
En Marcha di que é un intento de “desestabilizar” as eleccións francesas como, engade “xa aconteceu en Estados Unidos”.
Valls anuncia que votará o centrista Macron e non o candidato do seu partido
As e os votantes social-liberais do PS receberon unha clara mensaxe do seu principal referente, Manuel Valls. O ex primeiro ministro, derrotado nas primarias do seu partido, anunciou esta cuarta feira que, xa na primeira volta do 23 de abril, non votará o candidato do PS, o socialdemócrata Hamon, senón o centrista Macron.
Macron, favorito nas presidenciais francesas, denuncia interferencias rusas
O guión sería o mesmo do que a campaña norteamericana. Interferencias informáticas, campañas de desprestixio na imprensa. Todo dirixido desde Moscova para influír nas presidenciais francesas, a realizar en dupla volta, co 7 de maio como votación decisiva. É o que denuncia o movimento En Marche, do centrista populista Emmanuel Macron.