entrevista

A redondelá Susana Álvarez forma parte da nova directiva da Associaçom Galega da Língua. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Susana Álvarez (AGAL): "Queremos construír pontes que fagan efectiva a mobilidade na nosa lingua máis aló da Galiza"

Susana Álvarez forma parte do Consello da Associaçom Galega da Língua (AGAL), que organiza, xunto coa Academia Brasileira das Letras (ABL), unha lectura continuada de 'A república dos sonhos' de Nélida Pinón. O acto, que conta co apoio da Xunta da Galiza e do Concello de Compostela, dará comezo en Rio de Janeiro e continuará o 3 e o 4 de maio na Cidade da Cultura, na capital galega.
O escritor e profesor Agustín Agra. (Foto: María Esteirán)
Contracultura

Agustín Agra: "Aínda que había mulleres na ciencia, moitas veces non aparecen ou só se nomea o apelido"

O escritor Agustín Agra (Noia, 1966) é o autor de 'O livro das contrárias', galardoado no XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole -promovido polo Concello de Lugo- e que recolle as voces e olladas das mulleres no ámbito científico.
Rosalía Quiroga e Eire Cid, esta sexta feira, no Carballo Interplay. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Rosalía Quiroga e Eire Cid: "Queríamos contar un aborto feliz, articular un relato non traumático propio do século XXI"

Eire Cid (Vigo, 1991) e Rosalía Quiroga (A Guarda, 1993) son as creadoras de 'A moza que abortou e o contou', premiada no Carballo Interplay de 2023 na categoría de mellor proxecto de serie web e estreada no festival deste ano que está a decorrer esta semana na vila bergantiñá.
O deputado do BNG e experto en materia enerxética Xosé Manuel Golpe. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Xosé Manuel Golpe (BNG): "Galiza, como produtora excedentaria, debería ter peaxes eléctricas máis económicas"

O BNG pon o foco no debate enerxético para este inicio de lexislatura. Esta mesma semana a formación rexistrou no Parlamento dúas proposicións de lei que perseguen dotar o país de maiores competencias para estabelecer unha tarifa eléctrica propia e constituír unha empresa pública de enerxía. 'Nós Diario' conversa co deputado Xosé Manuel Golpe (Irixoa, 1972), experto en enerxía, sobre estas iniciativas.
APERTURA entrevista
star
Entrevistas

Eva Veiga: a palabra resistente

Eva Veiga (Ombre, Pontedeume, 1961) acaba de ser recoñecida pola Academia Galega de Audiovisual co premio de Honra Fernando Rey polo traballo realizado nos albores da TVG. O seu foi un dos cinco primeiros rostros cos que se familiarizou a audiencia da canle pública e aínda que unha leucemia e os problemas de visión que lle provocou o tratamento a afastaron das cámaras, seguiu sempre vinculada á comunicación a través da poesía, a música ou o cine. Proba da súa mestría coa palabra foi o discurso, tan vindicativo como emotivo, que ofreceu na gala. Inesquecíbel.
Antonio García Teijerio é mestre e escritor recoñecido con varios premios literarios. (Foto:  Kalandraka).
Contracultura

Antonio García Teijeiro: "Quería homenaxear e sacar do esquecemento mulleres poetas dun nivel extraordinario"

Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) é o autor de 'Os ecos do vento' (Kalandraka), un álbum ilustrado por Noemí Villamuza con doce poemas dedicados a creadoras, poetas e narradoras de ambos os lados do Atlántico.
A actriz Susana Sampedro. (Foto: Sabela Eiriz)
Contracultura

Susana Sampedro: "Analizamos moito a personaxe de Carme en 'Matria' e buscamos moitos referentes"

Susana Sampedro (Ribeira, 1978) vén de ser recoñecida co Premio Mestre Mateo a mellor actriz de reparto polo seu papel de Carme no filme 'Matria' (Álvaro Gago, 2023). Sampedro aborda o percorrido da cinta así como a súa propia traxectoria.
A doutora en Hidroloxía e xestión de recursos hídricos, Ana Fernández (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Ana Fernández, especialista no ciclo da auga: "Altri solicita 9% da media de volume no encoro de Portodemouros"

Ana Fernández, doutora en Hidroloxía e xestión de recursos hídricos e portavoz de Augas de Adega, explica a 'Nós Diario' as implicacións do proxecto de Altri en Palas de Rei.
O catedrático de Filoloxía Galega Henrique Monteagudo é membro numerario e vicesecretario da RAG. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Henrique Monteagudo: "Sarmiento xa non é un mito, está recoñecido como unha das grandes figuras da Ilustración"

Henrique Monteagudo (Esteiro, Muros, 1959) foi un dos conferenciantes no 'Simposio Xosé Luís Pensado. 100 anos (1924-2024)', que decorreu en marzo na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Monteagudo interviu sobre a contribución do propio Pensado ao coñecemento de Martín Sarmiento.
Rita Míguez durante unha xornada de traballo. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Rita Míguez, presidenta das mariscadoras de Arcade: "Non podemos esperar máis pola rexeneración das rías"

A mortaldade do marisco mantivo as mariscadoras de Arcade, en Soutomaior (comarca de Vigo) nunha parada forzada desde novembro. Após meses de espera para regresar aos bancos, atópanse cos atrancos da confraría para volver traballar: négalles a embarcación para supervisar e comezar a rexenerar os fondos.
Clara Gayo (terceira pola esquerda) e Eva Alonso (quinta pola esquerda) co resto do equipo. [Foto: Nós Diario]
Contracultura

Clara Gayo e Eva Alonso: "'As damas de Ferrol' trata de dúas mulleres que viviron situacións de moita violencia"

A produtora Eva Alonso (Compostela, 1982) e a directora Clara Gayo (Vigo, 1971) son dúas das involucradas en 'As damas de Ferrol', unha revisión do texto teatral de Eduardo Alonso unida a todo un proxecto que vén de ser recoñecido co Premio de Igualdade Luísa Villalta da Deputación da Coruña.
Lindsay Semel é tradutora e editora. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Lindsay Semel, tradutora e editora: "A audacia, irreverencia e tenrura de Méndez Ferrín chamaron moito a miña atención"

Lindsay Semel (Nova York, 1991) é a autora gañadora da IV edición da Residencia Xacobeo. Así, será a encargada de traducir ao inglés a novela No ventre do silencio, de Xosé Luís Méndez Ferrín. 
Anxo Rabuñal Rey. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Anxo Rabuñal Rey: Castelao, artista en acción

O 'Diario 1921. Francia, Bélxica, Alemaña' de Castelao foi o último libro do rianxeiro en ser coñecido e durante moitos anos chegou a nós censurado e mal editado. O investigador e editor Anxo Rabuñal Rey (Compostela, 1963) pasou o traballo de  analizalo a fondo e cun traballo de investigación moi detallado consegue entregar un ensaio —'O pintor e a vida moderna' (Serbal, 2024)— que desvela e actualiza o pensamento sobre a arte dun Castelao que, tamén por problemas visuais, decide deixar a pintura, e encarreirarse como debuxante nunha arte de intervención que compatibilizou simultaneamente cunha acción política incesante. Unha viaxe na que tamén muta en autor literario e reconduce as súas orientacións ideolóxicas e relixiosas.
O redondelán Roberto Casal é profesor de teatro. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Roberto Casal (A Fedora): "Imos ter un espazo en Redondela para abrilo á xente que aposta pola creación cultural"

Roberto Casal (Redondela, 1980) é un dos fundadores de A Fedora, conserveira cultural, un espazo que pretende recuperar unha antiga nave industrial da vila redondelá (na comarca de Vigo), tanto para o público como para dar cabida a artistas e proxectos.
Paula Alonso (segunda pola esquerda) na celebración do aniversario de Cuac FM. [Foto: Nós Diario]
Contracultura

Paula Alonso (Cuac FM): "O máis importante é obter a licenza para emitir, e contamos con lograla este ano"

Paula Alonso (Riotorto, 1989) é a presidenta de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña que vén de celebrar o seu 28 aniversario. Alonso fai un balance do camiño percorrido e aborda os retos dos anos vindeiros.
A pontevedresa, posando sorrinte coa súa histórica medalla. (Foto: Club Galaico Sincro).
ENTREVISTA

Daniela Suárez, nadadora: "A 'sincro' axuda á memoria e tamén a facer amizades"

Ten apenas 15 anos, pero Daniela Suárez (Pontevedra, 2008) xa está dando sólidos pasos para deixar de ser considerada como unha promesa da natación sincronizada, senón como toda unha realidade dun deporte no que as representantes da Galiza non están afeitas a saborear os meles do éxito.
O congresista Oskar Matute no Café de Catro a Catro en Vigo. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Oskar Matute, deputado de EH Bildu: "As forzas soberanistas temos a chave da gobernabilidade do Estado"

Oskar Matute (Barakaldo, 1972) é líder de Alternatiba, formación integrada en Euskal Herria Bildu. Vén de participar en Vigo no ciclo de charlas organizadas pola plataforma Ecoar co título "Violencia corporativa e resistencias colectivas", onde salientou a importancia da soberanía dos pobos.
Xanma Louro, Matías Romero, Samuel González e Xaquín Martínez forman The Rapants. (Foto Andrea Sánchez)
CONTRACULTURA

Xaquín Martínez, de The Rapants: "Para o vídeo Blaster W4u pedimos 300 figurantes co fin de que viñesen 150 e apareceron 450"

Xaquín Martínez (Muros, 1999) é o batería de The Rapants, banda que o domingo esgotou as entradas na compostelá sala Capitol. Ademais, o grupo vén de ser nomeado como finalista dos Premios MIN da Música Independente na categoría de mellor artista emerxente. 
A tomiñesa Fátima Oroña durante un dos desfiles deste Entroido. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Fátima Oroña: "As Estrelas da Noite ten máis de 27 anos e é un grupo unido alén das datas do Entroido"

Fátima Oroña (Tomiño, Baixo Miño, 1969) é a presidenta da Comparsa Estrelas da Noite, da súa localidade natal. O camiño da auga é a temática coa que decidiron desfilar no Entroido e coa que levaron o primeiro premio nos lugares nos que concursaron.
O Ateneo Atlántico, que preside Luísa Abad, ten aberto o prazo para participar no Certame Exeria. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Luísa Abad: "No Ateneo Atlántico colaboramos coas entidades viguesas, é a maneira de realizar o que facemos"

Luísa Abad (A Coruña, 1951) é a actual presidenta do Ateneo Atlántico (Vigo), un espazo que busca manter activa a vida cultural da cidade. Nestes momentos, e até o 10 de maio, estarán recibindo orixinais para participar na cuarta edición do Certame Exeria de relato curto.