fotografía

Os paneis da mostra en Ourense (Foto: Afundación).
star
CULTURA

O Colectivo Ollo mostra a realidade dos incendios

O novo proxecto expositivo do Colectivo Ollo de fotografía, 'Lume. Imaxes dunha terra que arde', abre unha reflexión sobre as causas e as consecuencias dos incendios forestais nos montes galegos. Trátase dunha mostra de rúa conformada por imaxes instaladas en paneis que vén de ser inaugurada en Ourense e que poderá verse até o próximo 2 de xullo.

Escolma de fotopoemas

O fotógrafo holandés Ton Van Vliet, onte, a carón das  fotografías súas realizadas en Agolada na década dos 70.
star
CULTURA

Miradas desde fóra que axudan a construír a identidade galega

Unha exposición en Compostela, comisariada por Antón Reixa e Xosé Luís Canido, investiga a pegada deixada pola Galiza na obra de 50 autores universais como García Lorca, John Berger, Stephan Zweig, Miles Davis, David Chipperfield ou Sebastiao Salgado.
Imaxes compartidas na conta de Instagram de @streetviewcompostela
CULTURA

StreetviewCompostela explora a imaxe da Galiza en Google

O espazo Solaina de Lugo exhibe o proxecto @streetviewCompostela.
A primeira imaxe da exposición mostra un grupo de mulleres traballando na tasca do liño. (Foto: Gustav Henningsen)
star
Reportaxes

'Co sentido do común': unha achega ao traballo colectivo tradicional

En maio de 2021, os prestixiosos antropólogos Gustav Henningsen e Marisa Rey doaron ao Museo do Pobo Galego o seu valioso arquivo fotográfico. Como agradecemento ao matrimonio, esta institución organizou a mostra titulada 'Co sentido do común. Homenaxe a Gustav Henningsen e Marisa Rey', que estará aberta até o próximo 30 de abril do presente ano. A exposición busca a reflexión das persoas espectadoras sobre a relevancia do traballo comunitario, tan característico da sociedade tradicional galega, principalmente no medio rural.
Detalles do novo 'Sermos Galiza'.
O sábado non hai xornal

Teresa Táboas e a tempada de lamprea, no 'Sermos Galiza' desta sexta feira

Adiántase a publicación da revista cultural de 'Nós Diario' polo descanso da prensa, que non sairá o sábado.
José Gestal 'Cardoña' e a súa filla Matilde.
star
CULTURA

A mirada humilde do fotógrafo Cardoña

José Gestal, 'Cardoña', foi un deses fotógrafos populares que percorrían as aldeas creando un arquivo de imaxes que hoxe nos permite coñecer unha parte do que fomos no pasado. O Centro Ágora da Coruña acolle a estrea do documental 'Cardoña, fotos a 7 pesetas' que, dirixido por Carlos Lorenzo, relata a súa historia e permite coñecer os pormenores do oficio dos fotógrafos que traballaban no rural galego.
O fotógrafo Adra Pallón. (Foto: Belén Cordero)
Contracultura

Adra Pallón: "O feito de facer as fotos lévame o 5% do meu tempo, pois o resto destínoo a documentarme"

Adra Pallón, fotógrafo documentalista, vén de recibir o Premio Galicia en Foco pola súa serie Cinza e lume. Pallón relata nesta entrevista a problemática dos lumes en relación co despoboamento. Advirte de que “hai toda unha base sociolóxica que tampouco podemos esquecer”.
Sala da exposición no Museo de Pontevedra (Foto: Xulio Gil).
star
Reportaxes

Xulio Gil: Entre o rito e o mito

Xulio Gil é un fotógrafo que entende o seu traballo como unha expresión artística que non admite desvíos: Premio da Crítica da Galiza das Artes Plásticas, en 2013, foi un pioneiro en tratar a fotografía como unha máis das Belas Artes. Coñecido como retratista e por libros como Vigo, fronteira do Alén, con textos de Ferrín, ou Tigres coma cabalos, realizado con Xela Arias, a súa obra explora terreos aparentemente contraditorios, aínda que unha mirada atenta descobre unha unidade conceptual que agora se exhibe na exposición Símbolos do conflito, no Museo de Pontevedra. 
Filippo Prosperi. Embarque de tropas para Cuba, 1886. (Arquivo Vítor Vaqueiro)
star
Reportaxes

Prósperi e Otero. Cando Vigo era en branco e negro

A obra Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915 (Galaxia, 2022) condensa entre as súas páxinas o relato en forma de crónica dunha parella -Filippo Prósperi e Cándida Otero- pioneira na fotografía da cidade olívica. O seu autor, Vítor Vaqueiro (Vigo, 1948), realizou un laborioso traballo de case dez anos de investigación achegando imaxes inéditas e documentación coa intención de difundir un legado que quedou agochado tras a sombra da traxectoria doutro gran fotógrafo: Pacheco.  
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Fina Casalderrey protagoniza o 'Sermos Galiza' desta fin de semana

No novo número do semanario analizamos tamén Rosendo Salvado, ‘o defensor dos sen alma’, e o traballo de Filippo Prósperi e Cándida Otero que Vítor Vaqueiro condensou na obra 'Facedores de imaxes. Fotografía e sociedade en Vigo. 1870-1915'.
The Guy Bourdin Estate. (Foto; Charles Jourdan, 1978)
CULTURA

A arte e a tecnoloxía fusiónanse nunha mostra de máis de 300 fotografías

A sede da Fundación Barrié, na Coruña, acolle en primicia para o Estado español a exposición Proxecto Polaroid: Na intersección da arte e a tecnoloxía, máis de 300 pezas, entre as que se conta material gráfico elaborado con toda gama de papel e películas Polaroid e coas que se abarca unha produción artística que vai desde a década de 1940 até a actualidade.
Hotel da Toxa fotografado por Ksado.
O Museo Etnográfico de Ribadavia exhibe o proxecto 'Visite Galicia'

A imaxe do país difundida por Ksado

O Museo Etnográfico de Ribadavia exhibe, até o 31 de marzo, dúas placas de estampas do proxecto 'Visite Galicia' que, na primeira metade da década de 1930 e até o golpe de Estado de 1936, pretendía difundir os valores do país e que poderían constituír o primeiro arquivo fotográfico que contén unha visión xeal da Galiza. 
Filippo Prosperi. Embarque de tropas para Cuba, 1886. (Arquivo Vítor Vaqueiro)
CULTURA

Pioneiros da fotografía esquecidos

Os seus nomes apenas son coñecidos e da súa obra apenas sobrevivíu unha pequena mostra, mais Filippo Prosperi e Cándida Otero foron nomes ilustres da fotografía na Galiza no último terzo do século XIX. Vítor Vaqueiro recupera a súa historia no seu libro Facedores de imaxes (Galaxia). 
Ariadna Silva fotografando a costa galega (Foto cedida).
Contracultura

Ariadna Silva: "O problema é que falta unha conmemoración de maneira oficial do accidente do Prestige"

Ariadna Silva, fotógrafa, pon a súa mirada detrás de Friccións, un proxecto no que pretende capturar as pegadas que deixou o Prestige nas rochas das praias galegas. Silva aborda os pasos e a documentación que hai detrás da toma das imaxes así como as dificultades das novas xeracións para coñecer a catástrofe, algo que, baixo o seu punto de vista, “denota moitas cousas”. 
Fotografía de Joan Alvado que se expón en Lugo. (Foto: Joan Alvado)
A mostra expón o traballo gañador do X Premio Galiza de Fotografía

O fotógrafo Joan Alvado revela a cultura de ritos das serras transfronteirizas

O gañador do X Premio Galiza de fotografía Contemporánea, Joan Alvado, inaugura na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo a obra gañadora, titulada "Os batismos de meia noite". 
O fotógrafo Ramón Ocaña de mozo na Habana (Cuba), a comezos do século XX. (Foto: Asociación Cultural A Cepa de Cangas)
Máis de 400 fotografías retratan a vida da vila da comarca do Morrazo

Ocaña, o fotógrafo de Cangas do século XX

Ramón Ocaña foi o fotógrafo de Cangas durante o século XX. O seu traballo documentou a vida social e política da vila durante aquela época, nunhas fotografías que a Asociación Cultural A Cepa rescatou e puxo á disposición da veciñanza no monográfico titulado Ramón Ocaña, o fotógrafo de Cangas
do século XX
.
A fotoxornalista Vanessa Casteleiro (Foto: Oscar Pinal).
Contracultura

Vanessa Casteleiro: "Na fotografía faltan mulleres protagonistas de historias pola dominancia da mirada masculina"

Vanessa Casteleiro, fotoxornalista, é unha das fundadoras de Ollo, un colectivo fotográfico multidisciplinar recentemente creado para contar e divulgar historias a través da imaxe. Casteleiro aborda a creación de narrativas e o compromiso coa sociedade e coas mulleres, entre outros, xa que como ela di “decidimos que tiñamos un traballo pendente”.
Colexio Maior Cesar Carlos, de Aleandro de la Sota.
Mostra no Museo Interactivo da Historia

A arquitecta e fotógrafa Ana Amado expón unha mostra fotográfica sobre arquitecturas da modernidade en Lugo

Recolle dúas series, unha de imaxes en branco e negro de edificios seminais da arquitectura do século XX, e outra con fotografías en color dos poboados de colonización que proliferaron a mediados do pasado século,

Vista xeral da marisma de Santa Mariña, foz da Alvedosa. Redondela. c.1931. (Foto: Saturno Cal)
star
Reportaxes

Os Cal. Unha ollada familiar á fotografía desde Redondela

Se falamos de fotografía en Redondela falamos dos Cal. Tres xeracións traballaron esta arte de maneira autodidacta chegando a profesionalizarse e a transformar a súa paixón en algo constante ao longo de toda a súa vida. Agora a cooperativa Cal-3, nome actual do proxecto que mantén viva a chama desta familia, presentará este mes un libro sobre o seu legado que abrangue máis dun século e que retratou, principalmente, a vida e as xentes dese municipio da ría de Vigo. Catro foron os protagonistas desta saga familiar de fotógrafos: Saturno, Avelino, Mundo e Félix Cal.