galego

Vikingland
CULTURA

"Cahiers du Cinéma" descobre o Novo Cinema Galego

“Cando a industria cinematográfica española está severamente tocada pola crise, asístese a unha emerxencia do documental galego”. Así é o inicio da reportaxe “Loin de Madrid” que a prestixiosa revista de cine francesa “Cahiers de Cinéma dedica ao Novo Cinema Galego no número deste mes de outubro. 

Aínda que se molle o galego non encolle

O sábado 28 de setembro as rúas molladas de Compostela acolleron unha concorrida manifestación, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, en contra da LOMCE, cuxo nome auténtico debe ser Lei orgánica de desmellora da calidade educativa. Os seus principais méritos xa son ben coñecidos: españolizadora, confesional, clasista, privatizadora, sexista, reaccionaria.

Presentación do Fesstival
CULTURA

Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

A sexta  feira, día 4 de outubro, no mesmo inicio do San Froilán, e en Lugo desenvólvese o Festival “De Noso” que ofrecerá, segundo os seus promotores, a maior presenza de cultura galega nas máis populares festas. Cés Orquestra Pantasmas, Eudemónicas ou Os Tres Trebóns porán música á xornada. 

SOCIAL

Un seminario analiza as alternativas para o sistema financeiro galego

Organizado pola Fundación Galiza Sempre, decorrerá esta quinta feira na Facultade de Económicas de Compostela. Economistas, analistas, políticos..debullarán sobre o escenario financeiro galego.

SOCIAL

Solidariedade galega con Euskal Herría perante a detención de 18 integrantes de Herrira

A organización nacionalista Galiza Nova emitiu un comunicado de imprensa en que cualifica a operación policial ordenada pola Audiencia Nacional española como "un claro exemplo do mantemento de dinámicas de guerra en tempos de paz". Aliás, ducias de persoas secundaron a concentración convocada en Compostela polo colectivo antirrepresivo Silveira.

Peregrinacións e penitencias para galegofalantes. Que me digan despois que se pode vivir en galego con normalidade

Por mor de cumprimentar certos trámites ineludíbeis, pasamos hai escasos días, eu e algunhas persoas máis, unha mañá de banco en banco, e de aí á oficina dun notario. E, como cada vez que pasa iso, a mañá foi unha pelexa constante para poder cumprimentar eses trámites con toda a normalidade, é dicir, na nosa lingua. Escuso dicir que non chegamos a poder facelo na súa totalidade.

Ambrose Bierce
CULTURA

Ambrose Bierce, Anatole France ou Maupassant tamén se poden ler en galego

Malia non estar en páxinas de libro, podemos ler en galego obras de Washington Irving, Ambrose Bierce, Bécquer, Kafka, Anatole France, Flaubert ou Maupassant, Emily Brönte, Henry James, Mishima, Jane Austen ou Mark Twain grazas á biblioteca virtual Bivir que hoxe visitamos no Día Internacional da Tradución.

SOCIAL

'Queremos ensino en galego p'ra que o noso idioma non sexa estranxeiro'

Este bocadiño dunha copla contra a LOMCE que escollemos para intitular resume o obxectivo da marcha a pé que centos de persoas realizaron neste sábado de chuvia en contra dunha lei "españolizadora, confesional, clasista, privatizadora, sexista e reaccionaria''. Convocado pola Plataforma galega en defensa do ensino público, o protesto ateigou a praza compostelá das Platerías. Vídeo no interior

POLÍTICA

PSOE e Esquerda Unida avalan en Cambre o texto do PP sobre Resistencia Galega

O Bloque foi o único grupo municipal que rexeitou facerlle o xogo á formación conservadora e votou contra a iniciativa, cuxo texto foi modificado após a sentenza da AN española que condena catro independentistas a 56 anos de cárcere.

SOCIAL

''Os moitos recursos renovábeis da Galiza non resolven a dependencia enerxética''

Conversamos con Xoán Doldán, presidente da asociación Véspera de Nada, ao redor do teito do petróleo, da dependencia enerxética do noso País e as estratexias para saírmos dela. O sistema enerxético actual está en crise e, nestas circunstancias, mudar a nosa maneira de vivir e consumir "tórnase inevitábel".

ECONOMÍA

“A venda de NGB ao fondo Guggeinheim deixaría o 40% do mercado galego en mans do responsábel da crise das 'subprime'

A CIG exixe a paralización do proceso de venda da entidade financeira e demanda a súa transferencia a Galiza para a súa conversión nun Banco Público.

Deixemos morrer en paz ao galego!

Son unha nena de aldea. Na miña casa falábase galego. Era o normal. Na escola, na igrexa, no médico falábase en español. Dicían que era normal, mais para min había algo que non encaixaba. Inxenuamente pensaba: “se somos galegos, por que non falamos a nosa lingua?” Lembro a confusión que me xeraba escoitar que o galego era unha lingua “bruta”, “un atraso”, que “non valía para nada”. Tardei en comprender a situación.

Empresa galega precisa crédito

En varias ocasións EL CORREO GALLEGO ten advertido da continua restrición de crédito que vivimos dende hai 6 anos na Galicia. Ao longo de 24 trimestres seguidos éste baixou continuadamente.  Por outra banda, a relación entre depósitos (4,5 % do total estatal ao termo do 2012) e créditos (3,4% nesas datas) amosa que Galicia segue a ser financiadora neta doutros países do Estado. 

A Fondo Sanidade
SOCIAL

Unha empresa privada será quen decida sobre as prestacións de especialidades dos hospitais galegos

A empresa vai poder decidir se estas especialidades se prestan na sanidade pública ou se se privatizan e desde a CIG xa alertan das consecuencias que isto pode ter para as e os doentes e para a propia calidade asistencial.

Imaxe de Bierzo Ceibe
Galiza

Reclámanlle á Xunta que actúe ante a supresión de aulas de galego no Bierzo

A Junta de Castela e León está a suprimir aulas de galego no Bierzo, incumprindo o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a promoción da lingua na comarca. Tanto a Academia Galega como o Consello Escolar do IES de Cacabelos -un dos afectados- diríxense ao goberno galego para que faga cumprir o acordo subscrito polas dúas institucións. 

X Congreso da AIEG
CULTURA

O Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos terá lugar en Bos Aires en abril de 2015

A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) celebrará a XI edición do seu congreso en Bos Aires os días 6,7 e 8 de abril de 2015. 

Un pensionazo anti-social e anti-galego

A nova contrarreforma das pensións promovida polo Goberno do PP torna aínda máis penosas as condicións de vida de centos de miles de persoas na Galiza.

Galiza

Neste Sermos, nº66, falamos do 'pensionazo', de Escocia, do galego... e moito máis

Sermos Galiza volve á rúa cun novo número. O desacato do conselleiro de Educación ás sentenzas do TSXG sobre o galego e a análise do 'pensionazo' que prepara o goberno español son algunhas das cuestións nas que nos debruzamosr. Entrevistamos a Gómez Noya e falamos tamén cos afectad@s das preferentes que se organizan para entrar no consello de NGB. Todo no número 66 do noso semanario, disponíbel xa na nosa loxa!

SOCIAL

28-S: as mulleres galegas, contra a reforma do aborto ''por xustiza social e saúde pública''

Cadrando co Día internacional pola despenalización da IVE, a Plataforma galega polo dereito ao aborto convoca máis unha mobilización en Compostela que arrincará ás 17.30h do sábado desde a estación de comboios e rematará na Praza Roxa.

naval, estaleiro
ECONOMÍA

“A man de obra especializada do naval galego ten que emigrar a Holanda ou Panamá”

Responsábeis sindicais do naval da CIG e membros de comités de empresa dos estaleiros de Vigo denuncian a “situación agónica do sector”. Responsabilidades? “Goberno español e empresariado”.