igualdade

Manifestación en Compostela o pasado 8 de marzo (Foto: Arxina).
SOCIAL

De "casos illados" a cuestión de Estado: así evolucionou o tratamento da violencia machista

Oito de cada dez galegas e galegos consideran as violencias machistas "un problema social que compromete todas as persoas". Nos últimos anos a sociedade ten dado pasos significativos na concienciación sobre estes crimes, se ben tanto nas rúas como por parte dos medios de comunicación queda aínda "moito que facer".
O paraugas vermello é símbolo da resistencia contra a discriminación e os abusos que enfrontan as traballadoras sexuais (Foto: Isabel Infantes / Europa Press).
star
SOCIAL

Prostitución: o debate entre regular ou abolir colle impulso

Abolir ou regular a prostitución? O debate vén de vello pero avanza cada vez máis polarizado entre quen defende a súa extinción a través de políticas públicas integrais e quen reivindica un marco xurídico propio. 

Coa Rede Europea pola Igualdade das Linguas

Quen ama non maltrata (nin mata)

Capa da Axenda feminista 2020 deseñada pola ilustradora Codés Lillo. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

Unha axenda para doce deportistas

Dende hai doce anos, o Observatorio da Mariña pola Igualdade edita unha axenda protagonizada por doce mulleres destacadas nun determinado eido. Para o 2022, a entidade escolleu o ámbito deportivo para visibilizar e pór en valor deportistas como Lara Balseiro, Fátima Ameneiro ou Beatriz Seijas.
Protestas durante o cumio do clima de Glasgow.
ECONOMÍA

Crise climática (II). Igualdade e planificación

Afrontar as transformacións económicas imprescindíbeis esixirá máis igualdade e unha intervención pública decisiva 
Unha actividade do Festigual decorrida esta fin de semana. (Foto: Festigual)
CULTURA

A formación especializada e a arte mandan no Festigual

Haberá unha mostra de fotografía en varias rúas da cidade da Coruña. Aliás, está prevista unha representación no Teatro Colón e unha xornada sobre arte e saúde na Fundación Luís Seoane.
As asinantes do manifesto (Deputación de Pontevedra).
CULTURA

O Manifesto de Soutomaior reclama máis presenza de mulleres nas Letras Galegas

O documento urxe tomar medidas, entre outras, á Real Academia Galega, mais tamén a outras institucións do país. Foi asinado por 16 mulleres na segunda feira co gallo do Día das Escritoras e consta de doce puntos "para conseguir a igualdade".
A oposición critica a caída de orzamento de conciliación para o ano 2022.
POLÍTICA

A Xunta recorta en 25% as partidas para conciliación

Sen corresponsabilidade nin conciliación non hai igualdade real e efectiva. Mais para alén do consenso político ao redor desta reflexión do movemento feminista, a Xunta da Galiza reduce en 25% as partidas de conciliación para o ano que vén.

Moedas e billetes en euros. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O salario por hora na Galiza sobe menos dun euro en sete anos

O salario medio por hora situouse en 8,6 euros en 2019. Mulleres e mocidade son os colectivos que menos cobran, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE).
Ana Pontón.
Asemblea Nacional

O BNG dótase dun protocolo que sanciona militantes ante casos de violencias machistas internas

A XVII Asemblea do BNG que decorrerá o próximo 7 de novembro no Coliseum da Coruña servirá, ademais de para renovar os seus órganos de dirección con Ana Pontón á cabeza, para actualizar o seu ideario político e organizativo. Neste último caso, os nacionalistas apostaron por incluír un protocolo de actuación para previr violencias machistas no seo da organización, que poderán chegar a sancións -as recollidas estatutariamente xa, inclusive a expulsión da organización- se así o determina a comisión de garantías.

Ana Otero (cuarta pola esquerda) e o resto do Goberno de Bueu presentaron un xogo de mesa sobre igualdade. (Foto: Nós Diario) #igualdade #bueu #anaotero #feminismo
Ana Isabel Otero é concelleira de igualdade de Bueu

Ana Isabel Otero: “Intentamos involucrar todos os estamentos do concello na loita pola igualdade e o feminismo”

O concello de Bueu, a través da súa Concellaría de Igualdade, vén de elaborar e estrear un xogo de mesa que trata sobre a igualdade, destinado aos centros educativos da vila. Esta iniciativa está inserida na liña de colaboración estabelecida entre o Goberno local e a comunidade educativa de Bueu. O xogo foi deseñado pola empresa Andamiaxe con cargo aos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero do ano 2020. O xogo busca “erradicar o sexismo na sociedade e previr as violencias machistas”.

Igualdade

Ana Corredoira xunto a unha das vacas da súa granxa, A Cernada, na comarca da Ulloa.
star
SOCIAL

Mulleres da Galiza rural: "O problema non é de baleirado senón de abandono institucional progresivo e silencioso"

Máis da metade das mulleres que habitan na Galiza viven no rural. Mulleres traballadoras, nais, fillas, irmás, coidadoras, emprendedoras e profesionais que loitan por derrubar o muro da invisibilidade mais tamén por borrar as dificultades de acceso á terra, vivenda ou transporte coas que baten a diario. O abandono, o illamento e os problemas de accesibilidade resumen as carencias dun territorio que reclama igualdade, recoñecemento e servizos. No Día Internacional da Muller Rural, mulleres de todas as idades e perfís urxen políticas específicas que garantan a vida e o futuro do medio rural.
María Obelleiro, Izaskun Landaida, Nuria Varela e Eva Istúriz (Foto: Rafa Estévez).
SOCIAL

Soutomaior eríxese epicentro das políticas feministas cunhas xornadas sobre igualdade

A directora de 'Nós Diario', María Obelleiro, moderou unha das mesas de debate da primeira xornada do evento.
concello coruña fachada bandeiras
SOCIAL

Inspección inicia expediente sancionador contra o Concello da Coruña por non ter un plan de igualdade

Tras a denuncia presentada pola CIG pola "falta de negociación do novo plan e o incumprimento das medidas recollidas no anterior", segundo informa a propia central sindical.

Concentración na Coruña e 2020 con motivo do 25-N, día internacional contra a  violencia de xénero. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Rexistráronse 18 denuncias ao día por violencia machista no segundo trimestre

Os xulgados galegos recibiron no segundo trimestre do ano un total de 1.649 denuncias por violencia machista, un 10,4% máis que no mesmo período do ano pasado, cando se presentaron 1.493.

As protagonistas da xornada de igualdade no Parlamento (Europa Press)
POLÍTICA

As primeiras deputadas volven ao Parlamento

Unha xornada lembra no pazo do Hórreo experiencias de igualdade.
Yasmina Moreira é a 'ideóloga' de “Fálame delas”. (Foto: Nós Diario)
Yasmina Moreira é concelleira de Igualdade de Baiona

Yasmina Moreira: “O feminismo non pode ser só cousa dun día ou dun mes, ten que estar presente sempre”

“Fálame delas” é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Igualdade de Baiona que ten como obxectivo recompilar historias de mulleres pioneiras en calquera ámbito e que repercutisen de forma notábel na evolución da localidade. A concelleira Yasmina Moreira, explica que o papel das institucións na recuperación da memoria histórica é fundamental. Defende que a loita pola igualdade e polo feminismo debe ser unha realidade e non unha "pose".
Mónica Novas traballa en proxectos de sensibilización de xénero, ademais doutras actividades (Nós Diario).
Psicóloga e sexóloga

Mónica Novas: "Habería que traballar máis na sensibilización sexo-afectiva nos centros educativos"

Mónica Novas ten, de seu, un espírito emprendedor. Psicóloga e criminóloga, especializouse en igualdade. Fundou a empresa Asistogal, que colabora con varias institucións na Galiza realizando campañas de información e sensibilización contra a violencia machista, como a Caravana Morada que percorre os municipios das comarcas do Salnés, Ulla e Umia. Como investigadora atopou relacións entre a gastronomía e o sexo ideando o termo "gastrosexoloxía" que deu a coñecer en universidades e escolas de hostalaría de todo o Estado español.