igualdade

A ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra (Foto: Cézaro de Luca / Europa Press).
TRABALLO

Estudan ampliar a seis meses os permisos para o coidado de crianzas

Os ministerios de Dereitos Sociais e Igualdade estudan ampliar a duración dos permisos de maternidade e paternidade a seis meses.
María Muiño
SOCIAL

Igualdade da Deputación da Coruña destina máis de 400.000 euros a iniciativas de conciliación e loita contra a violencia machista

Un total de 39 entidades reciben 416.042  euros a través da liña de axudas para financiar os seus programas de igualdade.

A xornalista e escritora, Eva Mejuto. (Foto: Cedida) #evamejuto #deputacióndacoruña #diversidade #lgtbiqa #lgtbi #lgtbqi+ #orgullo #investigación #libro
Eva Mejuto traballa no libro 'A memoria diversa'.

Eva Mejuto: "As entrevistadas resaltan que, malia os avances, a igualdade do colectivo LGTBIQA non é real"

Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) é doutorada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicadas diversas obras como 22 segundos, onde trata a historia dun mozo trans, ou Memoria do silencio, unha novela que se desenvolve na Galiza durante a Segunda Guerra Mundial. Agora mesmo está a traballar na obra A memoria diversa, un libro que forma parte do proxecto homónimo da Deputación da Coruña. 
Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

O Estado dá luz verde a unha 'Lei Trans' inzada de críticas

Após varios meses de leas internas, o Goberno estatal vén de dar o primeiro paso cara á aprobación definitiva da 'Lei Trans', un texto que os colectivos LGBT+ consideran "insuficiente". Desde un sector do feminismo, por outra banda, alertan da "fraude como consecuencia da arbitrariedade".
Miriam Couceiro
CULTURA

Miriam Couceiro, autora de 'A Galiza feminista': "Unha parte do feminismo ten presente Rosalía e outro identifícase con Pardo Bazán"

Miriam Couceiro Castro (Ordes, 1985) vén de publicar o libro 'A Galiza feminista', baseado na súa tese doutoral, onde trata de "achegar o feminismo a todas aquelas persoas que por calquera razón ou non o comprenderon ou asústaas". En conversa con 'Nós Diario', a escritora destaca algúns aspectos da súa tese como o feminismo atomizado, a dualidade que existe sobre grandes bloques do movemento, a esperanza que hai nas novas xeracións e a idea dunha gran reunión entre mulleres.
 
Sofía Gutierrez Pereira xunto á escultura de Concepción Arenal en Compostela (Nós Diario).
SOCIAL

Sofía Gutiérrez: "Se non sabes nada da historia das mulleres é porque ninguén cha contou"

Sofía Gutiérrez Pereira e Pablo Sarmiento-Neira veñen de publicar na revista Mazarelos un traballo que analiza a deficitaria presenza da muller nos nomes das rúas, prazas ou na representación na esculturas das cidades galegas. No seu proxecto 'Creando cidade', ademais, achegan algunha solución que facilite a visibilización da muller.   
Manifestación convocada en San Cibrao, en Cervo, en apoio ás 87 mulleres afectadas polas gravacións das festas da Maruxaina (Foto: Bumei)
SOCIAL

A valedora pide "perspectiva de xénero" na habilitación de aseos públicos para evitar episodios como na Maruxaina

A valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, instou o Concello de San Cibrao a que actúe con "perspectiva de xénero" na planificación das infraestruturas e servizos públicos co fin de evitar que se repitan as gravacións sen consentimento a 87 mulleres ocorridas mentres ouriñaban durante as festas da Maruxaina de 2019 en San Cibrao, que foron colgadas en webs pornográficas.

Igualdade de conveniencia

ourense_lgtbi
SOCIAL

Ourense, única cidade do país sen actos institucionais polo Orgullo

Nun comunicado, o grupo socialista ourensán criticou ademais que o alcalde aínda non convocase o Consello Municipal de Igualdade. Paralelamente, a sociedade civil organiza diversos actos estes días até o vindeiro 28 de xuño. 

Ana Pontón, en rolda de prensa no Parlamento galego (Foto; Arxina)
POLÍTICA

Pontón defende implantar no ensino unha materia de igualdade

“Educación, educación e educación en igualdade debe ser a prioridade”, reclama Ana Pontón.
A enxeñeira agrícola María Balbina Álvarez coas vides do seu pai en Quiroga (Nós Diario).
SOCIAL

María Balbina Álvarez: "Hai de todo, mais ás veces os que non saben nada de viñas son os que mellor as coidan"

María Balbina Álvarez leva oito anos dedicándose a asesorar como sacar o mellor rendemento ás viñas en Quiroga e a súa comarca. O inicio da pandemia coincidiu coa súa entrada na confraría do Viño e pasou a ser a primeira muller na súa historia. Desde esta entidade vixían e controlan a procedencia dos caldos que participan na feira, que este ano terá lugar os días 24 e 25 de xullo.   
Concentración na Coruña e 2020 con motivo do 25-N, día internacional contra a  violencia de xénero. (Foto: Arxina).
star
Denuncias confinadas contra a violencia de xénero

Belén Rubido: "Os xulgados de violencia sobre a muller funcionaron ao mesmo ritmo que un xulgado de garda"

O Informe anual sobre violencia de xénero reflicte as cifras das violencias machistas sobre a muller no ámbito doméstico. 'Nós Diario' repasa algúns dos principais indicadores e analiza o pouso que deixan os datos do ano da pandemia.
A Coruña mobilizouse contra o machismo (Arxina)
SOCIAL

O 15% dos homes cre que as mulleres provocan as agresións sexuais ou que as sofren por non ter coidado

Ao redor do 15% dos homes cre que as mulleres que sufriron algún tipo de agresión sexual ou ben a provocaron ou non tiveron o suficiente coidado para evitala. Ademais, só o 56,9% considera que as mulleres vítimas de violencias sexuais son tratadas de forma inxusta pola sociedade ou que a súa veracidade é posta en cuestión cando o denuncian.

ECONOMÍA

Conde recúa e porá unha muller a dirixir o ente dos fondos Next Generation

Conde avanza que unha muller dirixirá a Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos da Galiza e xustifica que non haxa presenza feminina no consello de administración porque aínda non está fechado

Comando igualdade

O escritor, deportista e adestrador de fútbol feminino Pere Tobaruela (Nós Diario).
DEPORTES

Pere Tobaruela: "O deporte reflicte a nosa sociedade. Vivimos nun capitalismo furibundo no que non hai grises"

Pere Tobaruela, catalán de nacemento e galego de adopción, compaxina a súa profesión como escritor coa paixón polo deporte. Pasou polo atletismo, cun bronce no campionato galego absoluto en pista de 2009, e polo fútbol gaélico, entre outros. Xogador e adestrador, agora comeza unha nova andaina nun proxecto deportivo de fútbol feminino en Villestro, Compostela.   
'Sen coidados non hai vida', un dos lemas do pasado 8-M (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta oponse a remunerar os coidados que recaen sobre as mulleres

A Xunta rexeita remunerar os coidados que soportan as mulleres ao velo incompatíbel co seu "acceso ao mercado laboral".
Amara García Aldán
SOCIAL

Amara García Adán: "É preciso incluír a perspectiva de xénero no ámbito do Dereito"

Após a sentenza da Audiencia de Nafarroa sobre o xuízo da "Manada", Amara García Adán deu un xiro na súa carreira e decidiu realizar o seu Traballo Final de Grao (TFG) de Dereito (USC) sobre a "inxustiza epistémica". A súa orixinalidade e a importancia do tema levouna a recoller o premio da Valedora do Pobo.
Consello de Ministros nunha imaxe de arquivo. (Foto: Pool Moncloa)
INTERNACIONAL

Centros 24 horas para vítimas de violencia sexual

A primeira partida é de 19,8 millóns de euros
Os cinco amigos fundadores dos Fillos do Sol posando diante da palafita en cuxa porta se distingue unha inscrición co nome do grupo. De esquerda á dereita no primeiro andar: Natalio Abad, Víctor Monde e Antonio Villaverde; e no andar superior, tamén de esquerda á dereita: Emilio Peña e Pepe Villaverde.
star
Reportaxes

Os Fillos do Sol. A modernidade no Vigo dos anos 30

Anos 30, Vigo. Entran as primeiras raiolas de sol por unha das xanelas da palafita. Natalio Abad comeza en breve o seu horario laboral. Garda o traxe e a gravata nunha bolsa e monta na piragua coa que se desprazará até a fábrica de conservas na que traballa. Con el, catro amigos máis realizan as súas rutinas, que confluirán inevitabelmente na praia, na que se bañarán espidos ou vestirán saias de palla mentres bailan sobre a area. Os membros do grupo, coñecidos como Os Fillos do Sol, gozan dunha liberdade sen prexuízos nin barreiras que os poidan constrinxir.