literatura

premios crítica
'Tempo fósil' e 'Extraordinario'

Pilar Pallarés e Antón Lopo, premios da Crítica 2018

O quinto libro de poemas de Pilar Pallarés e a primeira novela de Antón Lopo en oito anos son os Premios da Crítica Española 2018 en lingua galega. Tempo Fósil (Chan da Pólvora, 2018) e Extraordinario (Galaxia, 2018) titúlanse as obras distinguidas pola Asociación Española de Críticos Literarios a proposta da Asociación Galega da Crítica.
 

casa museo manuel maría
Sábado 6 de abril na Casa Manuel María

Final do concurso de recitado de Rosalía en Outeiro de Rei

“Potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía en galego de Rosalía de Castro e da ampla obra poética de Manuel María” é o obxecto do concurso Rosalía Sempre Viva, que este sábado 6 de abril acolle a súa fase final na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei.
 

carlos callón
CULTURA

Callón inscribe a perda no seu segundo libro de poemas

A poesía di o que non se sabe dicir. Explora áreas devastadas e censa ausencias. Enfronta o ser humano coa súa propia finitude. Intenta. Á pregunta de como rexistrar a perda procura respostas Inscricións (Galaxia, 2019), o segundo libro de Carlos Callón. “O que inscrebo / ten máis vida que quen o escrebe”, afirma un poema.
 

foto_XabierPDoCampo-por-EduardoCastroBal-2014-05
29 de maio na Coruña

Homenaxe a Xabier Docampo, o escritor amigo

“Grande homenaxe a que estamos argallando, cuxo día principal será o 29 de maio no Teatro Rosalía de Castro”. Así comunican a Asociación Cultural Alexandre Bóveda e mais a Asociación de Escritoras en Lingua Galega a xornada, con varias previas, que están a preparar en honra do do escritor Xabier Puente Docampo (Rábade, 1946 – A Coruña, 2018).
 

salón do libro de pontevedra 2018
Esta sexta feira comezan 20 días de programación

A lingua portuguesa protagoniza o Salón do Libro Infantil de Pontevedra

A cultura convidada á 20ª edición do Salón do Libro Infantil de Pontevedra non é reducíbel ás fronteiras estatais. Porque máis que unha cultura, son moitas unidas por unha lingua común: a denominada lusofonía. “Lingua irmá do noso idiomas, cómpre cruzar pontes e atravesar océanos”, afirma a organización do encontro, que inicia esta sexta feira 20 días de programación.
 

salón libro pontevedra
Do 22 de marzo ao 12 de abril

Máis de 300 actividades no 20 aniversario do Salón do Libro de Pontevedra

Máis de 300 actividades en vinte días para o vinte aniversario. Son as cifras que resumen o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que tomará literalmente a cidade entre o 22 de marzo e o 12 de abril. “O proxecto naceu para revolucionar a cidade”, expuxo a concelleira de Cultura Carme Fouces (BNG), “non hai un evento similar en todo o país”.
 

Manuel_Vilanova_(AELG)-3
Autor do visionario 'E direi-vos eu do mister das cobras'

Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso

No medio da década dos 70, a poesía galega viviu a axitación propia dunha mudanza de época. Os manuais sinalan en primeiro lugar Con pólvora e magnolias (1976), de Ferrín, e títulos de López-Casanova ou Afonso Pexegueiro, como fitos. Pero houbo outros. Manuel Vilanova, que morreu esta cuarta feira aos 74 anos, foi talvez o máis discreto e, á vez, un dos máis radicais poetas contemporáneos.  
 

Manuel Rivas
O galardón recoñece autoras en linguas minorizadas

Manuel Rivas recibe o premio de Lingua Nai de Ostana en Italia

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) será o segundo autor en galego que recibe o Premio Internazionale de Scritture in Lingua Madre de Ostana. O galardón distingue escritoras e escritores en “lingua materna”, linguas de pequenos territorios ou minorizadas.
 

tirán (moaña)
Sae á venda 'O último barco', terceira novela de Domingo Villar

O inspector Leo Caldas regresa á ría de Vigo

O inspector Leo Caldas e o seu axudante aragonés Rafael Estévez cruzan a ría. A de Vigo. Porque en Tirán (Moaña) reside Mónica Andrade, profesora de cerámica que faltou a unha comida familiar e á que o seu pai busca con certa reserva. Eis a apertura de O último barco, a terceira novela de Domingo Villar que sae á venda este 6 de marzo, cuarta feira.
 

luísa villalta - foto AELG
Xornada en Compostela o 6 de marzo

Lembrar Luísa Villalta, poeta “de inequívoca pegada feminista”

Cando morreu, en 2004, a poeta Luísa Villalta deixaba catro libros de poemas. Tamén varios ensaios, entre eles O outro lado da música, a poesía (A Nosa Terra, 1999), que reflexionaba sobre as súas dúas grandes paixóns. O Centro Ramón Piñeiro lémbraa este 6 de marzo na xornada Palabra de Muller, en Compostela.
 

Francisco Castro
Estrea o 29 de abril

A Escola Municipal de Teatro de Vigo adapta 'Chamádeme Simbad', de Francisco Castro

Chamádeme Simbad (Galaxia, 2009) é un dos títulos de máis éxito de entre a prolífica obra de Francisco Castro (Vigo, 1966). O libro, publicado nunha colección infantil, reflexiona sobre a memoria e a enfermidade. O 29 de abril estréase a versión teatral, no auditorio de Vigo, a cargo da Escola Municipal de Teatro.
 

Raúl Zurita na Coruña con Yolanda Castaño
27 de febreiro na Coruña

O poeta chileno Raúl Zurita inaugura a residencia literaria promovida por Yolanda Castaño

A Residencia Literaria 1863 é o último proxecto da polifacética escritora Yolanda Castaño. A internacionalización da literatura galega e a promoción da escrita creativa, os seus motores. Para inaugurala, contará cun dos poetas de maior relevo de Latinoamérica, o chileno Raúl Zurita (Santiago de Chile, 1950). Recitará este 27 de febreiro, ás 18.00 horas, na sede do proxecto, na Coruña.
 

carralpoesiafacebook2
CULTURA

Mosquera Camba gaña o Díaz Castro de poesía con 'A traxedia da arquitectura'

A traxedia da arquitectura valeulle a Xosé Luís Mosquera Camba (Bergondo, 1961) a cuarta edición do premio de poesía Xosé María Díaz Castro, que convoca anualmente o Concello de Guitiriz.
 

tumba Rosalía de Castro
Esténdense as conmemoracións do seu nacemento

Rosalía de Castro desprégase sobre o país

182 anos despois do seu nacemento en Santiago de Compostela, a figura de Rosalía de Castro non deixa de medrar. Como escritora e como símbolo. O 24 de febreiro, día do seu aniversario, medra ano tras ano como xornada de celebración da súa obra, da lingua galega, da literatura e, ao cabo, da muller rebelde e libertaria que foi. Velaquí unha compilación das ducias de actos que se despregan sobre Galiza este domingo, Día de Rosalía.
 

rosalia
A inicativa da fundación esténdese

O Caldo de Gloria de Rosalía chega máis alá

“Fixen un caldo de groria / que me soupo que la mar; / fixen un bolo do pote / que era cousa de envidiar”, escribiu Rosalía de Castro en Miña casiña, meu lar. Estes versos serviron á fundación da poeta para, hai dous anos, lanzar a iniciativa Caldo de Gloria, que involucra locais de hostalaría de todo o país e algúns concellos nunha celebración da “épica diaria da supervivencia”.
 

correntes d'escritas 2019 cartaz
A principal cita literaria de Portugal

Teresa Moure, O Leo, Cesáreo Sánchez ou Uxía, no festival Correntes d'Escritas

A 20ª edición do encontro Correntes d'Escritas, que esta segunda feira comeza en Póvoa de Varzim, conta con importante presenza galega. Teresa Moure, Cesáreo Sánchez Iglesias, a cantante Uxía ou Compostela como cidade convidada son algúns dos integrantes da delegación.
 

Rosalia-Sellier
Helena González propón unha antoloxía feminista da poeta

O “triángulo de furias” de Rosalía de Castro

“Isto non é outra escolma. É un reto. O reto de leres como feminista a poesía rosaliana”. Con esta contundencia abre a profesora Helena González Fernández (Vigo, 1967) o limiar a Rosalía feminista, a escolma de poemas de Rosalía de Castro que vén de elaborar para Edicións Xerais. “Deberás disporte a ler desde o 'triángulo de furias”, advirte ao lector.
 

Primo_Levi_(1960)
Tradución galega de 'Se isto é un home', clásico sobre o Lager nazi

O testemuño como liberación

“Fun capturado pola milicia fascista o 13 de decembro de 1943”, comeza un dos libros máis importantes de todos os libros importantes escritos no século XX: Se isto é un home (1947), de Primo Levi. A súa versión galega vén de saír do prelo, traducida por Xoán Manuel Garrido Vilariño e publicada por Xerais.
 

miriam reyes
Presenta o seu primeiro libro en galego

'Sardiña': a poeta Miriam Reyes pensa a lingua

"Sardiña reflexiona sobre unha lingua que non é súa e, ao tempo, perténcelle”. Así resume a editorial Chan da Pólvora o novo libro de Miriam Reyes (Ourense, 1974), unha das poetas ibéricas de maior relevo e que agora se estrea en galego. Esta quinta feira en Compostela e a sexta en Vigo presenta a obra.
 

presentación lettartura
CULTURA

50 protagonistas das Letras Galegas, nunha antoloxía en italiano

Entre o 17 de maio de 1963, cando un grupo de galeguistas decidiron conmemorar un século da publicación de Cantares Gallegos, e o de 2011, dedicado ao poeta Lois Pereiro, transcorreu medio século de homenaxes. La letteratura galega. Autori e testi pércorreo para o lectorado italiano.