literatura

warsan-shire-870x457
Das africanas praias

Literatura de África a Galiza

O semanario Sermos Galiza estreou este 2019 a sección “Das africanas praias”, unha escolma de textos de mulleres africanas ou afrodescendentes da man de Xoán Costa. “É bon contribuír, desde aquí, a internacionalizar unha maneira de ver África e a súa problemática reflectiva a través da literatura sen interferencias interpostas”, explica.

20190123_ObradoiroNovelaCidadedaCultura2
Entre marzo e xuño

Obradoiro de novela na Cidade da Cultura

“Unha actividade pensada para axudar a desenvolver o talento de novos valores na literatura galega”. Así define a Xunta o Obradoiro de Novela Cidade de Cultura que a fundación que xestiona o complexo vén de anunciar e que se desenvolverá entre o 1 de marzo e o 7 de xuño.
 

Victor F Freixanes ©Iolanda Casal
A rompedora 'O Triángulo inscrito na Circunferencia' é orixinal de 1982

Reedición da novela debut de Víctor Freixanes

Cando se publicou por primeira vez en 1982, O Triángulo inscrito na Circunferencia foi saudada como peza chave da renovación da novela galega após a ditadura. Trinta e sete anos máis tarde, Galaxia reedita o debut de Víctor Freixanes, unha epopea que ignora as lindes entre a realidade e a ficción.

libros
CULTURA

Novela negra e distopías dominan entre a literatura traducida para 2019

O campo da tradución aboarase este 2019 con novela negra, distopías e clásicos da literatura para todas as idades. Inglés será a lingua máis anosada, pero irromperá un selo para pasar literatura finesa ao galego. As editoras especializadas tirarán do carro, mentres a aposta das xeralistas permanecerá discreta.
 

albert camus
Isabel Soto e Xavier Senín traducen 'A peste'

Camus e as ratas mortas que inzan a cidade

A potencia da súa parábola trascendeu o mundo das letras. Publicada por volta da Segunda Guerra Mundial, A peste converteuse nun compás moral, un aviso, “alegoría de corte existencialista” e novela da asfixia. Isabel Soto e Xavier Senín presentan agora a versión galega dunha das obras cimeira de Albert Camus.
 

libros
Novidades para 2019

A literatura que aí vén

Os catálogos editoriais inician o ano axitados. A súa programación xa prevé os principais de entre os títulos e autoras que publicarán ao longo de 2019. E hai pezas de relevo: a biografía de Castelao escrita por Miguel Anxo Seixas, o regreso do inspector Caldas de Domingo Villar, un repaso a vinte anos de poesía de María do Cebreiro, novos títulos da supervendas Ledicia Costas.

Ana Cabaleiro 1 - por Alba Sotelo
Ana Cabaleiro, escritora

“Na literatura óbviase a diferenza de clase e iso é perigoso”

As ramonas (Galaxia, 2018, Premio García Barros) sucede no interior de automóbiles que cobren o traxecto de Santiago de Compostela ao Deza. Vidas precarias e expectativas frustradas, a descomposición material das esperanzas, traballadoras pobres e artistas no bordo da subsistencia, atravesan a primeira novela de Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974). “Unha visión non edulcorada da vida sempre está moi presente no que escribo”, afirma. Eis un extracto da entrevista publicada no número 328 de Sermos Galiza.

greve feminista mulleres 8m
Segunda novela da autora de 'Escapados'

Mosaico sobre mulleres que loitan

Con Escapados, María del Carmen Rey Núñez presentouse no campo literario cunha historia de maquis no Monte Pindo, asentada en feitos históricos. Autodidacta, a escritora recunca agora cun mosaico de “mulleres que levantan a cabeza, que saen adiante polos seus propios medios” e que titulou directamente Mulleres.
 

Luz Pozo
'Pazo de Tor' sae en Alvarellos

Luz Pozo publica novo libro de poemas aos 96 anos

É talvez a máis veterana das poetas galegas en activo. Publicou o seu primeiro libro en galego en 1952. Sesenta e sete anos despois, Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) volve ao prelo con Pazo de Tor, 30 poemas que pescudan nas súas orixes familiares.
 

ledicia costas búlgaro 2
CULTURA

Os libros de Ledicia Costas chegan ao búlgaro

Ledicia Costas é unha das autoras de maior proxección da literatura galega. As aventuras de Escarlatina, a cociñeira defunta (Xerais, 2014) conquistaron lectoras por toda a parte. O seu libro de 2016, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais), dá agora proba da súa potencia: acaba de publicarse en búlgaro.
 

ulf de jakobsland 2
CULTURA

A historia dos viquingos en Galiza, en banda deseñada

Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia é unha novela gráfica de Alberto Varela, publicada por Xerais, que conta a historia dos viquingos en Galiza.

carlos penela - poeta
CULTURA

Carlos Penela gaña por segunda vez o Lorenzo Baleirón de poesía

O poeta Carlos Penela (Vigo, 1975) vén de se facer, por segunda vez, co premio Eusebio Lorenzo Baleirón, fallado esta segunda feira na Casa da Cultura de Dodro. O seu libro O tépedo vento que pasa sobre o mundo, presentado a concurso baixo o lema Anábase,valeulle a consideración do xurado como mostra de “síntese e depuración ascensional”.
 

Virginia Woolf 1927
Obra mestra do modernismo literario

'A señora Dalloway' de Virginia Woolf, en galego

A señora Dalloway é unha peza fundamental do modernismo literario. Publicada por vez primeira en 1925, prodixio técnico da narrativa, esta historia dun día en que Virginia Woolf cruza os destinos de Clarissa Dalloway e Septimus Warren Smith non existía en galego. A editorial Irmás Cartoné acaba de corrixir a eiva da man de Celia Recarey Rendo.
 

O único lugar onde ficar inmóbil

Lugar_-_Falcultade_de_Filoloxía_USC
CULTURA

Arancha Nogueira, Lois Alcayde e Benjamín Vidal reciben os premios literarios da USC

Mapa mudo, unha composición de Arancha Nogueira que “poetiza a memoria da súa intimidade cunha linguaxe depurada”, obtivo o primeiro premio do Concurso Literario Mazarelos organizado pola Facultade de Filoloxía da universidade compostelá. Esta cuarta feira 12 de decembro recibe o galardón.
 

Henrique Dacosta
CULTURA

Henrique Dacosta, premio Manuel Lueiro Rey pola novela 'Illas a Sotavento'

O certame Lueiro Rey, convocado polo Concello do Grove, premia unha novela curta en lingua galega. Está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra na editorial Xerais. A extensión das obras non pode superar as 100 páxinas. Nesta edición, a número 25, distinguiu Illas a Sotavento, de Henrique Dacosta López.

vivir a galope
Rarean volumes de xénero memorialístico

A difícil memoria da literatura galega

“Por que escribo sobre min? Ha ser polo mesmo motivo que actúo, que falo, que me dedico ao oficio de escribir, por unha conciencia de ser un elo na calceta universal e estar obrigada, si obrigada, a non interromper o labor”. Eis a xustificación que María Xosé Queizán coloca no Preámbulo ás 803 páxinas de Vivir a galope, as súas memorias e un dos escasos volumes do xénero na literatura galega.
 

[Imaxe: Erik Dobaño] Xabier P. Docampo
Fóra de catálogo desde 1988

Xerais rescata 'A chave das noces' de Xabier P. Docampo

Unha novela policíaca que indaga “nos turbios manexos dun grupo de industrias”, publicada orixinalmente en 1988, é a libro coa que Edicións Xerais volve colocar a obra do escritor Xabier P. Docampo, morto o pasado xuño, na mesa de novidades. A chave das noces é o seu título.
 

Andrea Maceiras
É a sétima autora galega que se fai co galardón

Andrea Maceiras gaña o premio Lazarillo cunha “aposta á imaxinación desbordante”

Unha obra “ben urdida e entramada cunha linguaxe poética de belísimas escenas que transportan a un mundo galáctico” valeulle á escritora Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) o premio Lazarillo na modalidade de creación literaria. Rusgalía títulase a obra, “unha aposta á ciencia ficción e á imaxinación desbordante”.
 

mario
Entrevistamos Mario Regueira

"Á literatura galega fáltalle un Estado propio”

Cada semana, desde os inicios de Sermos Galiza, poden ler nestas páxinas as críticas literarias de Mario Regueira (Ferrol, 1979), quen ten xa unha nutrida relación de obras publicadas. Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, vén de gañar o XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O premio supón para o escritor “unha especie de retorno”. “Faime unha ilusión especial porque levo seguindo a traxectoria do certame bastante tempo e sempre me pareceu unha aposta moi orixinal que ten dado uns libros absolutamente fulcrais na última década, como carnia haikai, de Elvira Ribeiro, ou Amantes, de María Lado, entre moitos outros”, salienta. Eis un extracto da conversa, publicada no número 322 de Sermos Galiza.