Madrid

[Imaxe: GZVideos]
ECONOMÍA

Madrid lexitima unha outra quita ás preferentes mentres @s afectados advirten: "seguiremos até anular os contratos"

O Fondo de Garantía de Depósitos anunciará o vindeiro día 10 de xuño a porcentaxe de perdas que asumirán @s afectad@s polo calote das preferentes se queren acudir á canxe por accións. Imaxes: GZVideos

SOCIAL

Exixen que a consellaría de Educación presione en Madrid para que a LOMCE non se aprobe

A Plataforma galega en defensa do ensino público entrégalle un escrito a Jesús Vázquez en que o instan a se colocar do lado "do clamor popular" ou a presentar a súa demisión

INTERNACIONAL

A Comunidad de Madrid obriga @s desempregad@s a traballaren gratis para as institucións públicas

Até 100 traballador@s poderán ser chamados por cada concello madrileño sen lle facer un contrato nin cotizar por el@s á seguridade social. Porén, a persoa non se poderá negar se quere manter a prestación que cobra

Galiza

24 e 25 de xuño: xuízo en Madrid contra 4 independentistas por "pertenza a banda armada"

A Audiencia Nacional sentará no banco d@s acusad@s a María Osorio, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto R. Fialhega após mantel@s ano e medio en prisión sen estaren condenad@s, en aplicación da lei antiterrorista. Enfróntanse a 64 anos de cárcere

 

Preferentes
POLÍTICA

Dupla linguaxe do PP: non ás quitas na Galiza, si ás quitas en Madrid

A deputada popular Matilde Asian acusou de "redundante" a Proposición presentada polo BNG e asegurou que o Decreto 6/2013 polo que se aprobou a quita ás persoas estafadas pola fraude das preferentes "xa ten por obxecto devolver integramente os seus aforros" a aquelas que non foron debidamente informadas 

Congreso español
POLÍTICA

BNG e Izquierda Plural presentan en Madrid unha reforma do sistema electoral

Propoñen a supresión das circunscricións provinciais para "alcanzar un maior grao de proporcionalidade" e representatividade

INTERNACIONAL

A policía española prende dous fotoxornalistas nas súas casas e acúsaos de ''atentado contra a autoridade''

Coñecidos por dar cobertura ás mobilizacións dos colectivos sociais, Raúl Capín e Adolfo Luján foran sinalados por xornais como ABC, El Mundo ou La Razón como "extremistas infiltrados"

Galiza

Unha simulación electoral de El País dálle ao BNG grupo parlamentar en Madrid

O BNG tería grupo parlamentar en Madrid, pasando de 2 a 5 escanos, de se celebraren eleccións xerais. Os datos forman parte do estudo de Metroscopia que hoxe publica o diario El Pais. 

Miguel Blesa
INTERNACIONAL

O expresidente de Caja Madrid sae do cárcere en menos de 24 horas após pagar 2,5 millóns de fianza

En menos de 24 horas, o expresidente de Caja Madrid, Miguel Blesa entrou e saíu do cárcere de Soto del Real, após os seus avogados depositaron a fianza de 2,5 millóns que o xuíz demandaba. 

ECONOMÍA

A xustiza suspende cautelarmente os 97 traslados de Unisono a Madrid

O Xulgado do Social número 3 de Vigo acordou a suspensión cautelar dos traslados unilaterais acordados por Unínoso, por considerar que pode vulnerar o dereito á tutela efectiva 

POLÍTICA

Pachi Vázquez adía tres meses as primarias no PSdG para evitar o veto de Madrid

A consulta á militancia para escoller secretari@ xeral estaba fixada para o 1 de xuño. Porén, ao ter que pasar a proposta polo Comité Federal que se reúne en xullo, a proposta do do Carballiño terá que se retrasar até o 7 de setembro. O consello extraordinario fica marcado para o 29 do mesmo mes

Mariano Rajoy
INTERNACIONAL

Rajoy anuncia que destruirá máis emprego e subirá impostos

Nunha rolda de imprensa ateigada de viravoltas para evitar chamar as cousas polo nome, recoñeceu que o seu paso polo Goberno español deixará a taxa de desemprego tres puntos por riba de como a deixou o PSOE. Prorroga até 2015 a subida do IRPF que na campaña electoral prometeu non realizar

Obradoiro
DEPORTES

O 'Mataxigantes' Obradoiro aloumiña os 'play off' após derrotar ao Madrid (61-64)

 

O Obradoiro remontou un partido que de inicio se lle puxo difícil. Nunca perdeu a confianza e rematou gañando e achegándose aos 'play off'. O Madrid só fora derrotado tres veces nesta liga. Con esta vitoria, os composteláns xa gañaron aos catro combos españois que este ano disputaron a Euroliga

Feijóo
POLÍTICA

A oposición denuncia as contradicións do PP en Galiza e Madrid

As preferentes, o naval, os impostos á banca ou a revalorización das pensións. Núñez Feijóo escapou ás preguntas da oposición que exixiron á Xunta de Galiza unha política "autocentrada" que vele polos intereses de Galiza "e non da oligarquía madrileña". 

Olimpíadas en Madrid: recortes aquí.

O enorme gasto e esforzo orzamentario que supón a celebración dunha Olimpíada, non estaría xustificado nun momento económico coma o que vive a cidadanía do Estado acuciada polo desemprego e os recortes, pero ademais trátase dunha medida claramente centralista e unha nova transfusión de recursos públicos cara a empresas privadas.
SOCIAL

Instan a Xunta a que reclame en Madrid a derrogación das novas normas do emprego doméstico

O BNG leva á Cámara unha proposición non de lei para que a Xunta reclame en Madrid a derrogación do RD 29/2012, que entrará en vigor en abril, pola "regresión" que introduce: máis economía somerxida ligada ás mulleres
Núñez Feijóo e Rajoy na Moncloa
POLÍTICA

Feijóo preséntase en Madrid como aliado estratéxico do Goberno español

O presidente da Xunta viaxa a Moncloa para se reunir con Mariano Rajoy. O Partido Popular que promoveu o encontro asegura que Núñez Feijóo presentará a Galiza como "a aliada estratéxida" fronte á crise gabándose de teren "os mellores datos do paro".
Iago Aspas
DEPORTES

Desgaste sen recompensa do Celta ante o Madrid

Abel quería intensidade e ten intensidade. Abel quería compromiso e ten compromiso. O Celta enfiou, aliás, bon futebol ante a escadra de Mourinho. Mais o arsenal do Real é o que é. O Celta chega máis inteiro e máis críbel que o Deportivo ao derbi da sexta feira.
DEPORTES

O Celta, a tirar proveito da resaca europea do Madrid

O Celta recibe esta tarde o Real Madrid en Balaídos (19 h). "Espero o mellor Madrid", di Borja Oubiña. Unha vitoria do Celta, sumada a unha eventual derrota do Zaragoza, tiraría os galegos da zona de descenso.
ECONOMÍA

Madrid advirte que a quita media das preferentes roldará o 40%

As persoas defraudadas pola estafa das preferentes perderán boa parte dos seus aforros e só percibirán títulos pola parte compensada. Así o asegurou o executivo de Mariano Rajoy que di estar procurando "fórmulas para darlles liquidez".