memoria histórica

Susana Villaverde está rematando a súa formación na Escola Superior de Arte Dramática da Galiza. (Foto: Cedida)
CONTRACULTURA

Susana Villaverde: "Escribir sobre a memoria histórica é unha forma de coñecer máis a miña avoa"

Susana Villaverde, alumna da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) da Galiza, foi galardoada co premio do Certame de Microteatro de Memoria Histórica -impulsado pola Deputación de Pontevedra e pola ESAD- pola obra Espigas negras, para a que se baseou nos testemuños orais da súa familia.
 
Homenaxe a Johan Carballeira no pasado ano. (Foto: Concello de Bueu)
star
Análise

A cultura do silencio

Míriam Ferradáns, poeta e ensinante.
A maternidade foi usada como ferramenta de represión polo nacionalcatolicismo. (Foto: Arquivo da autora)
star
Análise

A maternidade como ferramenta de represión no franquismo

Montse Fajardo é xornalista e escritora especializada en memoria histórica.
Membros da Comisión pola Memoria Histórica da Coruña diante da casa natal de Barrié de la Maza, nunha protesta decorrida o pasado ano.
MEMORIA E HISTORIA

A Coruña aínda mantén 141 símbolos franquistas

Rúas, retratos, distincións honoríficas, monumentos e outros símbolos.
O colectivo presentou as súas demandas esta quinta feira en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Estes son os 45 símbolos franquistas que aínda perduran en Ferrol

O colectivo de presos e presas da ditadura demanda da corporación municipal o "compromiso" de retiralos antes das eleccións de maio.
Amalia tamén gardou, como aceno silencioso de memoria, cascotes da árbore onde mataron o seu home, Alexandre Bóveda (Foto: Concello de Pontevedra).
star
Análise

A dignidade dos pequenos acenos de resistencia e memoria

A xornalista e escritora especializada en memoria histórica Montse Fajardo analiza para 'Nós Diario' a resistencia ao franquismo.
Fotografía da Federación de Guerrillas Antifascistas da Galiza e León tirada do documental 'Ciudad de la Selva', de Miguel Riaño (Foto: Sputnik Labrego).
star
Análise

'Bella ciao' nas Fragas

A profesora de ensino secundario e doutora en Filoloxía, Anxos García Fonte, analiza para 'Nós Diario' a guerrilla antifranquista na Galiza.
Presentación do programa 'Acordamos'. (Foto: Rafa Estévez)
MEMORIA E HISTORIA

O programa 'Acordamos' recupera a historia da República da Illa de Arousa, a Fraternidade Mariñeira ou os mártires de Sobredo

Unha serie de videoclips a vítimas da represión franquista.
Reunión do xurado que resolveu o IV Premio Luísa Villalta. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Dez proxectos de divulgación feminista da memoria local, premiados co Luísa Villalta

A música, o teatro ou o audiovisual, eixo das propostas galardoadas por este certame que convoca a Deputación da Coruña.
O Pazo de Meirás o día da súa devolución ao Estado, en 2020.(Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

A Comisión da Memoria Histórica urxe Sada a reabrir o Pazo de Meirás

Tras o incidente con Oleiros a CRMH acusa o Concello de impedir visitas ao Pazo.
Concentración convocada polo BNG en Neda (Ferrolterra) para esixir a retirada da cruz dos caídos. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O BNG exixe a retirada da 'Cruz dos Caídos' de Neda

O BNG denuncia a falta de compromiso político do goberno municipal do PSOE, que rexeita a eliminación do monumento franquista e a substitución do nome da rúa que homenaxea un alcalde franquista.

Acto de homenaxe ás vítimas do franquis da Mariña, en Mondoñedo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Memoria da Mariña lembrou en Mondoñedo as vítimas do franquismo

Un cento de persoas homenaxearon ás persoas executadas -Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez- o 11 de xaneiro de 1938 no lugar da Rocha, en Mondoñedo, por un grupo de gardas civís e falanxistas.
Acto de inauguración dun monólito en homenaxe a Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez en Mondoñedo en 2019 (Foto: Memoria da Mariña).
MEMORIA E HISTORIA

Memoria da Mariña homenaxea esta sábado en Mondoñedo ás vítimas do franquismo

O acto desenvolverase a carón do cemiterio vello mindoniense.
Fraga saúda ao ditador Francisco Franco durante a recepción ofrecida no Salón do Trono do Palacio Real en 1966.
star
Reportaxes

Camarada Fraga

O pasado 23 de novembro foi o centenario do nacemento de Manuel Fraga e este 15 de xaneiro fanse once anos do seu pasamento. Coincidindo con estas datas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) elaborou o documental Camarada Fraga. Memoria dun franquista. O documental, que ten unha duración de 25 minutos, é resultado dun grupo de traballo da CRMH (Manuel Monge, Beatriz Gómez Amigo e Carlos Babío), foi presentado o pasado 12 de xaneiro no Circo de Artesáns da Coruña e está a dispor de todas aquelas entidades que soliciten a súa proxección. Este texto que publica Sermos Galiza é un resumo do guión do documental, elaborado por Manuel Monge —a realización é de Daniel Carballada—, que será entregado ás persoas que asistan ás presentacións.
Xosé Velo.
MEMORIA E HISTORIA

Avance do álbum 'Adiante. A palabra de Xosé Velo', con música de Sindo Otero

O Comité de Memoria Histórica de Celanova e a Fundación Moncho Reboiras están a traballar na recuperación da obra do poeta, activista e intelectual celanovés Xosé Velo, un labor que xa dá os seus primeiros froitos. Hoxe, cando fai 90 anos a publicación en Celanova do primeiro e único número de Adiante, semanario da Mocedade Galeguista, ambas as institucións publican un anticipo do disco Adiante. A palabra de Xosé Velo, no que o músico Sindo Otero recrea e musica cinco poemas do prolífico autor.

Velo fora, precisamente, un dos fundadores daquelas mocidades galeguistas e editor do semanario Adiante, que dá título tamén a un dos poemas recuperados para este álbum musical, que se está a gravar nos estudos Visué de Suevos (A Coruña), co acompañamento nas voces de Camila Álvarez e Manuel Abalo, e no piano e na produción de Nacho Varela.

Portada do disco 'Adiante'.
Portada do disco 'Adiante'.

Este traballo, informan desde ambas as entidades, constará de cinco pezas orixinais con letras de Xosé Velo, entre as que se inclúen dous poemas manuscritos polo propio Velo e un audio coa súa voz. O poema que titula o disco, Adiante!, escribiuno en 1932.

Sindo Otero Badás, nado en Bande en 1965, é músico de profesión e ex membro de Kérkennai, formación coa que actuou a nivel nacional e internacional. En 2020 xa presentara unha versión musicada do poema Carceleiriña, que fai parte tamén desta obra.

Escudo franquista na fachada do edificio de Aduanas en Vigo (Foto: CCM).
MEMORIA E HISTORIA

O franquismo que aínda pervive na Galiza

Ducias de vestixios do franquismo perviven en espazos públicos e privados na Galiza, desafiando a Lei de memoria histórica 15 anos despois da súa aprobación. Placas en igrexas e prazas e até nomes de rúas ou escudos franquistas en edificios oficiais conforman unha lista de simboloxía que semella resistirse a desaparecer.
Coliseo Noela, Noia (Foto: Colección do autor).
star
MEMORIA E HISTORIA

O mitin do Coliseo Noela

Calvo Sotelo regresa a Noia (VI)
A deputada María Ortega (Foto: Deputación de Pontevedra)
Fai un chamamento á colaboración da veciñanza

A Deputación de Pontevedra recompila con 'Cae de Caixón' documentos da ditadura

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a campaña 'Cae de Caixón' para recompilar no Arquivo Provincial imaxes e documentos de familias ou entidades privadas relacionados coa memoria. A nacionalista María Ortega destaca que os feitos relacionados co golpe do 36 e coa ditadura "non poden seguir baixo chave". 

Biografías secuestradas (VI): José Pérez-Ardá

María Ortega, no centro, coas participantes na homenaxe (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Deputación de Pontevedra homenaxea a Mariví Villaverde

A Deputación de Pontevedra realizou esta sexta feira unha homenaxe a Mariví Villaverde. A institución provincial presentou a reedición do seu libro 'Tres tempos e a esperanza' e estreou a curta documental 'Mariví, na pel da memoria'.