menores

Os delitos contra as liberdades sexuais aumentan (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Violencia machista: a Rede galega de acollemento acubillou 143 mulleres e 92 menores o pasado ano, 25% máis que en 2021

Desde 2009 foron atendidas a través dos sete recursos —casas de acollida, vivendas tuteladas e centro de emerxencia— que operan na Galiza 1.942 mulleres e 1.567 crianzas.
IES de Ortigueira. (Foto: Xunta)
SOCIAL

Tres anos de suspensión a un profesor por agarrar un alumno polo pescozo e deixarlle "marcas visíbeis"

O profesor asegurou ser albo de "burlas e insultos reiterados" por parte deste e outros alumnos.
#cazadores #cazaría #cacería #caza (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

85 menores de idade teñen licenza para cazar na Galiza

Entre 2007 e 2020 faleceron cinco persoas en accidentes de caza.
Fernando Suarez é presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática da Galiza (Foto: Nós Diario).
Día da Internet Segura

Fernando Suárez, enxeñeiro informático: "Temos que ser referentes no uso das redes e internet"

No Día da Internet Segura o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática da Galiza advirte da responsabilidade da sociedade adulta á hora de fomentar un uso seguro, responsábel e positivo das tecnoloxías dixitais entre crianzas e mocidade. 'Nós Diario' conversa ao respecto co seu presidente, Fernando Suárez Lorenzo.
Concentración feminista en Lugo, esta quinta feira. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Feministas rexeitan a pena de só tres anos aos violadores de Baleira

O Concello baleirés votará o rexeitamento da sentenza.
Ánxel Carramal entrou na escola O Garaxe Hermético tras estudar Psicoloxía. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Ánxel Carramal: "En 'O Caderno de rama' quería representar os grandes esquecidos das guerras: as crianzas"

Ánxel Carramal, psicólogo e artista, foi galardoado co IV Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético pola súa obra 'O caderno de rama'. Carramal relata as dificultades de construír unha historia protagonizada por un neno sen nome que recorre á súa creatividade para esquecer a guerra que acontece ao seu arredor xa que, como el di, “tampouco quería que por estar dirixida a crianzas se perdese o sentido da mensaxe”.
Xulgados de Santiago. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Once anos de prisión para un home por abusar sexualmente, agredir e obrigar a mendigar á súa filla

Tanto o pai como a nai, tamén condenada, trasladaban habitualmente en coche polas mañás desde o domicilio familiar a Santiago de Compostela e deixábana ás portas de distintos supermercados. Se o diñeiro recadado non o consideraban suficiente, golpeábana.
Roberto Leal, Rubén Porto, Mónica García, Machi Salgado, Guillermo Carbajo, Belén Constenla e Fran Lareu, o elenco de 'Hamelin'.
Redrum Teatro estrea 'Hamelin'

As ameazas á infancia, no escenario

A obra, dirixida e adaptada por Alex Sampayo, está protagonizada por un elenco de sete intérpretes formado por Guillermo Carbajo, Mónica García, Roberto Leal, Machi Salgado, Belén Constenla, Fran Lareu e Rubén Porto.

Antonio Rial Boubeta, profesor da facultade de Psicoloxía da USC.
Entrevista

Antonio Rial Boubeta, profesor de Psicoloxía da USC: "O consumo de tecnoloxía require normas e límites"

Antonio Rial Boubeta, profesor da facultade de Psicoloxía da USC, lidera desde hai máis dunha década estudos sobre mocidade, tecnoloxía e saúde; unha tríade que analiza e observa desde a evidencia científica co fin de favorecer un uso das pantallas menos problemático. Fronte á demonización, pide prevención e maior esforzo en educación.
As crianzas menores de cinco anos non deben inxerir uvas enteiras. (Foto: Sonia Almudévar)
SOCIAL

Poden as crianzas comer as doce uvas en Noitevella? E froitos secos?

Estas son as recomendacións das persoas expertas de cara ás tradicións que caracterizan o último día do ano.
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. (Foto: Y. C. M.)
Vigo

Falece un bebé de cinco meses por meninxite dous días despois de ingresar no hospital

Sucedeu a comezos de decembro, cando a familia levou o neno a Urxencias en até dúas ocasións. Días despois empeorou considerabelmente e tivo que ser trasladado en ambulancia, momento no que xa se lle detectou esta doenza.
Unha persoa deposita o seu voto nunha urna electoral. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

É "discriminatorio" impedir o sufraxio antes dos 18 anos? Estes son os países que permiten votar aos 16 (e os requisitos)

A Corte Suprema de Nova Zelandia considera unha "vulneración de dereitos" restrinxir o voto por razón de idade. Outros (poucos) países fixan a idade mínima nos 16 anos... mais cunha serie de obrigas como ter un emprego ou casar.
O acoso nos centros de educación especial redúcese a 3%. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Nove de cada dez estudantes con discapacidade foron vítimas de acoso: "Manipulábanme, insultábanme"

Persoas expertas debullan nunha xornada organizada no Senado a realidade do 'bullying' nos centros de educación ordinaria. Até 33% do alumnado sentiuse "illado, rexeitado ou excluído".
55% de menores tutelados residen en centros de internamento e 45% conviven con familias de acollida. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

Non en nome das menores

Marta Capeáns, traballadora social nunha Oficina de Atención a Vítimas no ámbito xudicial, consultora e perita forense, prosegue co ciclo de análises de Nós Diario.
A memoria 2021 da actividade xudicial da Galiza recolle que 21% de persoas novas consideran que a violencia de xénero non existe. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

70% das vítimas de violencia sexual son menores

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza vén de publicar a edición 2021 da 'Memoria da Actividade Xudicial dos Tribunais e Xulgados', que por vez primeira reflicte datos de xuízos sobre violencia sexual. A principal conclusión á que chega o informe é que 70% das 108 vítimas recollidas eran menores de idade.
A deputada do PSdeG Marina Ortega. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PSdeG denuncia o "irracional" e "inadmisíbel" recorte da Xunta no servizo de protección a menores

Traballadores e traballadoras deste servizo enviaron un escrito á Fiscalía de Menores criticando a sobrecarga laboral.
Concentración en Compostela contra a violencia machista. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Dispárase o número de denuncias por violencia machista en menores de 18 anos: subiu 71% en 2021

O número total de vítimas rexistradas na Galiza en 2021 foi de 1.217, un total de 30 máis que en 2020.
Edificio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (Foto: Europa Press).
SOCIAL

O TSXG absolve un home acusado de agredir sexualmente a súa sobriña menor de idade

O alto tribunal galego cuestionou a actuación da Audiencia de Pontevedra ao non chamar novamente a declarar á vítima da agresión.
O arcebispo de Compostela, Julián Barrio, na súa visita ao Vaticano o pasado decembro (Foto: Europa Press).
SOCIAL

O arcebispo de Compostela di que a pederastia "non é unha cuestión da Igrexa, senón social"

Julián Barrio afirma que a comisión de investigación do Congreso sobre os abusos é "ben recibida" pola Igrexa, mais lamenta que "hoxe se pretende identificar abusos con Igrexa". A respecto dos casos denunciados no colexio La Salle de Compostela, o arcebispado garda silencio.
Picada da vacina a un mozo no Estado. (Foto: Jorge Gil / Europa Press)
SOCIAL

Sanidade espera que o sábado estean vacinados os primeiros 60.000 menores de 11 a 9 anos

A Consellaría, "expectante" ante a adherencia da vacina en menores de 11 a 5 anos, cuxa vacinación inicia o día 15.