SOCIAL
Veciñanza do Courel denuncia a carencia de atención médica durante tres días á semana
29/maio/24
Veciñanza do Courel realizou esta cuarta feira protestas ante os centros de saúde de Seoane e de Folgoso. Denunciaron a carencia de atención médica durante tres días á semana, así como a obriga de ter que desprazarse até o hospital de Monforte (Terra de Lemos).
CULTURA
As Revoltas Irmandiñas centrarán a cuarta edición das Xornadas Pacegas
09/abr./24
O Museo Pazo de Tor, en Monforte (Terra de Lemos), acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a cuarta edición das Xornadas Pacegas, un punto de encontro entre a investigación académica e a acción cultural comprometida co patrimonio, que este ano terá como eixo temático as Revoltas Irmandiñas.
Xustiza
Quendas de 24 horas "durante varios días", contratos irregulares e enganos: condenan o responsábel dunha empresa de Monforte
29/feb./24
A sentenza considera probado que o acusado empregou "múltiples traballadores como vixiantes de seguridade, a quen impuña, mediante engano e abusando nalgúns casos da súa situación de necesidade", condicións laborais que "vulneraban os dereitos recoñecidos aos mesmos nas disposicións legais vixentes".
SOCIAL
Cae unha árbore sobre o tendido eléctrico e deixa sen potabilizadora Monforte de Lemos
27/feb./24
O Concello sinalou que se requiriu a Naturgy "a instalación e utilización dun xerador para reestabelecer o subministro" mentres se prolonguen os traballos de reparación da liña eléctrica.
18-F
Besteiro garante en Monforte o desbloqueo do Porto Seco e as infraestruturas para o seu despegue económico e creación de emprego
03/feb./24
“Queremos unha Galiza viva, que medre ao mesmo ritmo que o resto de España, que cree emprego e permita á xente quedarse a vivir nos seus pobos e cidades se así o queren, pero para iso debemos tamén recuperar a calidade dos servizos públicos que nos foron recortados por estes 15 anos de ineptitude do PP”, salienta o candidato socialista.
SOCIAL
Falece un home de 47 anos nunha colisión frontal entre dous vehículos en Pantón
03/feb./24
O sinistro produciuse pouco antes das 21 horas na parroquia de Santalla de Toiriz.
SOCIAL
Lemos e Barcelona únense na distancia para recuperar o tren nocturno que as conectaba: "Queremos ir a Galiza en tren de maneira digna"
28/xan./24
Por segunda semana consecutiva, o tren nocturno que unía Galiza e Catalunya até antes da pandemia mobilizou a colectividade galega en Barcelona e a veciñanza de Terras de Lemos.
POLÍTICA
Besteiro pon a "parálise" do porto seco de Monforte como exemplo dunha Xunta "sen plan industrial" para a Galiza
22/xan./24
O candidato socialista á Presidencia da Xunta da Galiza comprometeuse a reactivar esta infraestrutura que é “decisiva para o crecemento económico e o tráfico de mercadorías”
POLÍTICA
Mobilizacións simultáneas en Monforte e Barcelona pola reposición dos trens-hotel
21/dec./23
Rosana Prieto, responsábel da formación nacionalista nas comarcas de Lemos, Chantada, Quiroga definiu como “esencial” este servizo para unha poboación de concellos eminentemente rurais que adoitaban facer uso del.
Xustiza
O detido en Sober por suposta vinculación cun grupo neonazi pasará a disposición xudicial esta quinta feira
18/out./23
O dispositivo centrouse en Combat 18, unha "organización criminal vinculada ao nacional socialismo e ao supremacismo branco", salientaron as autoridades policiais, e que se centra en "vulnerar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas", fomentando o odio por motivos racistas e ideolóxicos.
star
CULTURA
Antón Patiño e Lemos unen arte, poesía e cinema
23/set./23
O Ateneo de Monforte (Terra de Lemos) foi escenario esta sexta feira dunha intensa actividade cultural auspiciada polo artista plástico e escritor Antón Patiño. Unha xornada na que Olga Novo, Alberto Avendaño e Lois Patiño foron os encargados de presentar o Libro Dos Lugares 2, Caosmos e a curta documental ML-AP. Tres obras nas que Antón Patiño se situou como nexo de unión e coas que reflexionar sobre a natureza, a paisaxe, a incerteza ou a realidade.
SOCIAL
Detidos dous mozos, un deles menor, por unha presunta agresión sexual a dúas rapazas en Monforte
16/ago./23
As mozas acudiron ao servizo de urxencias do Hospital de Monforte, onde se activou o protocolo de atención médica, psicolóxica e policial que está estabelecido nestes casos.
Máis
Viaxe no tempo a través das xudarías
21/xul./23
Durante a Baixa Idade Media, centos de xudías e xudeus instaláronse en vilas como Monforte, Ribadavia ou Tui, coincidindo coa prosperidade que caracterizaba o Reino da Galiza nese período. A poboación hebrea deixou pegadas imborrábeis que hoxe permiten reconstruír o seu modo de vida.
SOCIAL
Persoal do Hospital de Monforte mobilizarase contra o “desmantelamento” do centro
14/xul./23
CIG-Saúde alerta da falta de especialistas en numerosos servizos
Agora
O PSOE de Lugo designa oficialmente José Tomé como candidato á reelección na Deputación
20/xuño/23
A comisión executiva provincial do PSdeG de Lugo vén de designar de forma oficial do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, como candidato dos socialistas a presidir de novo a Deputación de Lugo, institución que o rexedor monfortino encabeza desde 2019. O acordo foi adoptado pola dirección que lidera o propio Tomé, quen, nun comunicado remitido aos medios a última hora da segunda feira, manifestou a súa vontade de "seguir traballando de forma intensa e continua" para que a Deputación "siga sendo útil" aos concellos. O nomeamento como candidato debe pasar agora por mans da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG, previo paso á súa aprobación por parte da Comisión Federal de Listas do PSOE.
28-M
Rueda apoia en Monforte a candidata Katy Varela: "Temos moito que dicir"
16/maio/23
"Monforte ten moitísimo que dicir e moitísimo que liderar e, co PP e con Katy Varela, imos aproveitar esta oportunidade", afirmou o presidente do PP na Galiza.
Eleccións municipais
A dereita divídese na Ribeira Sacra
09/maio/23
As comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga perderon 22,3% de habitantes en 20 anos.
Agora
Investigan un condutor accidentado en Monforte que triplicaba a taxa máxima de alcol
03/maio/23
A Garda Civil investiga un veciño de Castro Caldelas (comarca de terras de Caldelas) que deu positivo en alcol, con máis do dobre da taxa máxima permitida, despois que o vehículo que conducía sufrise un accidente á saída da estrada en Monforte de Lemos (comarca de Lemos). A Comandancia da Garda Civil de Lugo deu a coñecer o feito que ocorreu á altura do quilómetro 11,570 da estrada LU-903.