star
Entrevistas
Rosa Aneiros: sachando historias devagar
24/maio/24
A semente dunha novela vive na cabeza de Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) máis tempo do que precisa a cebola para agromar na terra. As ideas que non fican son como a mala herba que, xa di seu pai, hai que desbotar por moito que innove a horticultura de internet. Del debeu aprender que se queres alcanzar un bo produto tes que mimar cada detalle, e por iso consegue de novo que n'A noite das cebolas (Xerais) sexa tan importante o devir da historia como cada palabra escollida para contala, e que o pouso perdure como a cebola no ceo da boca.
CULTURA
Que libros optan aos galardóns Arcebispo Juan de San Clemente de novela?
23/maio/24
Os libros gañadores das tres categorías son elixidos por alumnado de Bacharelato do propio instituto Rosalía de Castro e doutros de fóra da Galiza.
CULTURA
Afonso Eiré publica a novela 'O militante', a reivindicación dunha xeración que fixo da militancia a trabe da súa conduta
18/maio/24
Afonso Eiré (Chantada, 1955) acrecenta a súa obra narrativa con 'O militante' (Hércules), onde amalgama ficción e información real, un híbrido que reivindica e lle serve para explicar acontecementos relevantes da Galiza contemporánea.
CULTURA
O 'Ulysses' de Joyce volve pasear por Lugo con poesía e gastronomía
13/maio/24
Cadrando co centenario da obra central do modernismo literario Ulysses, de James Joyce, o programa da Unión Europea Ulysses European Odissey puxo en marcha unha iniciativa itinerante por 18 cidades europeas nas que se interpretan episodios do libro.
CULTURA
Benito Vicetto, un autor literario rodeado dun sospeitoso silencio
08/maio/24
Unha palestra en Ferrol debate sobre a obra literaria de Vicetto.
CULTURA
Xosé Ricardo Losada recibe o premio Antón Avilés de Taramancos de relato de aventuras
04/maio/24
A Editorial Toxosoutos vén de publicar a cuarta novela de Xosé Ricardo Losada, 'Un inferno frío', coa que conseguiu o galardón dedicado ao poeta noiés Antón Avilés de Taramancos.
CULTURA
Abel Tomé gaña o Premio García Barros de Novela con 'A noite do oso'
18/abr./24
A novela fecha unha triloxía que comezou en 2018 coa súa primeira novela, A noite do corvo.
Contracultura
María Solar: "Vivimos nunha sociedade que non admite o diferente nin acepta outras verdades"
06/mar./24
María Solar (Santiago de Compostela, 1970) vén de publicar 'Adeline' (Xerais), novela finalista do premio Jules Verne da editorial e que trae a historia de Carmilla ao contexto galego actual.
Contracultura
Lola Rontano: "Todo comezou coa mina de Corcoesto. Tratei de dar forma novelada aos acontecementos"
23/xan./24
Lola Rontano (Comala, Murcia, 1977) é a autora de 'Esperta do teu sono' (Xerais), unha novela que xira arredor das ameazas ambientais que tiveron lugar na Costa da Morte, mais tamén da toma de conciencia da poboación e a súa loita.
Contracultura
Adrián Gómez: "Son fan da fantasía e dos mundos que mesturan os monstros coa realidade que coñecemos"
17/xan./24
Adrián Gómez (Rianxo, O Barbanza, 1994) é o autor de 'Aqueles corpos nosos' (Xerais), unha fantasía urbana na que as vidas de lobishomes e meigas se entrecruzan cos asasinatos e desaparicións da cidade de Compostela. Esta novela xuvenil é a continuación de Cando sangren os lobos e chegará ás librarías a partir de mañá.
Contracultura
Ana Bulnes, Raquel Campos e María Ramos "Emma é unha protagonista coa que te podes sentir identificada porque é moi adolescente"
13/xan./24
Ana Bulnes (Gondomar, 1984), Raquel Campos (Santiago, 1984) e María Ramos (Vigo, 1984) foron as encargadas de realizar as anotacións de 'Emma' (Rinoceronte), a novela de Jane Austen recentemente editada pensada especialmente para o público xuvenil.
Contracultura
Óscar Manuel Guzmán: "Aínda que os meus finais sorprenden a quen le, sempre intento que teñan todos os datos na man"
03/xan./24
Óscar Manuel Guzmán (Vilamarín, Ourense, 1970) vén de ser galardoado co Premio de Novela Vilar Ponte, que impulsa o Concello de Viveiro, pola súa obra 'Pero... Como morren as pegas?', onde mestura unha trama propia da novela negra con outros temas como a migración, a conexión da Galiza con Portugal e os lazos de sororidade entre as protagonistas femininas.
Contracultura
Lois Pérez: "Unha das protagonistas foi alumna miña en Riotorto e faríame moita ilusión dar con ela"
22/dec./23
Lois Pérez é un home de moitos oficios. É escritor, poeta e mestre, mais até 2011 foi xogador profesional de fútbol sala. Ao longo da súa traxectoria, gañou numerosos premios, por exemplo, o Agustín Fernández Paz ou o Premio de Teatro Radiofónico. Agora vén de gañar o XVI Premio Raíña Lupa con 'A tribo do mar', unha novela xuvenil que a través das experiencias de varios protagonistas narra as traxedias que acompañan a migración utilizando o humor para falar das feridas do mundo. Ademais, esta semana foi recoñecido co premio María Victoria Moreno convocado polo Concello de Pontevedra.
Contracultura
Sara Vila: "A adolescencia é un momento de catarse e de ser conscientes de cuestións como a morte"
14/dec./23
Sara Vila (As Neves, 1989) é a autora de 'O incendio', o título galardoado co XLII Premio Blanco Amor de novela que convoca a Deputación de Ourense. A obra xira arredor da adolescencia, os coidados e as problemáticas presentes no día a día do rural.
Contracultura
César Cequeliños: "Na novela vese o espírito de comezos do século vinte, a época dourada do ocultismo"
30/nov./23
César Lorenzo Gil, o autor coñecido como César Cequeliños (Arbo, A Paradanta, 1977), vén de ser galardoado co Premio Torrente Ballester de narrativa, que convoca a Deputación da Coruña, pola súa novela Sábeme a salamántiga o ceo da boca, onde mestura o humor e as investigacións científicas de comezos do século XX coa situación histórica da burguesía viguesa da época.
star
MEMORIA E HISTORIA
Xosé-Henrique Costas explica a Galiza medieval a través da novela histórica
23/nov./23
Ao sur da liberdade é a primeira incursión do catedrático de Filoloxía Galega Xosé-Henrique Costas na ficción. A vida do caudillo muladí Muhammad ibn Marwán Al-Galiqí, alcumado 'O Galego', dá pé a un relato que, en forma de novela, debuxa un panorama do medievo peninsular que desafía os tópicos da historiografía. Hoxe presénta o volume na Libraría Librouro de Vigo.
Literatura
'Nove Lúas', de Lionel Rexes Martínez, Premio Neira Vilas de Novela Curta
31/out./23
"Sobre o pano de fondo da guerra civil, destaca a vontade de estilo que impregna todo o relato", argumenta o xurado.