ONU

QUEREMOS GALEGO
LINGUA

A Mesa participa no Foro europeo de minorías, organizado pola ONU

'Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das Minorías' é o título do encontro, que decorre en Bruxelas.

Fernand de Varennes Relator ONU
Comunicado polo Día da Lingua Materna

Unha declaración da ONU, por primeira vez en galego

“[A lingua] é unha ligazón esencial co noso pasado, o vínculo principal das nosas culturas, e a ferramenta básica para comunicármonos e compartir coñecementos, lembranzas e historia”. Así o explica o Relator Especial de Dereitos Humanos da ONU Fernand de Varennes no comunicado emitido polo Día da Lingua Materna que, por primeira vez, está en galego.
 

a mesa onu
LINGUA

A Mesa insta a Xunta atender o informe da ONU sobre as vulneracións dos dereitos lingüísticos en Galiza

Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado da ONU, emitiu un informe preliminar no que recollía a discriminación lingüística en eidos como a xustiza, a administración pública ou o ensino. A Mesa pola Normalización Lingüística pide agora á Xunta de Galiza que se teña en conta. 

a mesa onu
LINGUA

A ONU recolle vulneracións dos dereitos lingüísticos após xuntanza coa Mesa

“As minorías lingüísticas teñen dereito a usar o seu idioma nas súas interaccións coas autoridades e institucións estatais, sempre e cando sexa razoábel e xustificado, segundo a proporción da poboación que o fale localmente, pero isto segue sen se cumprir nalgunhas rexións”. Esta é unha das consideración do informe preliminar do relator especial para as minorías da ONU Fernand de Varenne, que a pasada semana estivo en Galiza.
 

lula
INTERNACIONAL

A ONU esixe a Brasil que permita Lula exercer os seus dereitos políticos

O Comite de Dereitos Humanos das Nacións Unidas solicita ao Goberno brasleiro que permita a Lula exercer os seus dereitos políticos. Isto inclúe presentarse libremente ás eleccións presidenciais.
 

Kofi_Annan_2012_(cropped)
Nos últimos anos implicárase na resolución do conflito vasco

Morre Kofi Annan, ex secretario xeral da ONU

O ex secretario xeral das Nacións Unidas Kofi Annan morreu este sábado en Suíza. O diplomático ganés dirixira a ONU entre 1997 e 2006 e no 2001 foi distinguido co premio Nobel da Paz “por revitalizar o organismo, por lle dar prioridade aos dereitos humanos” e pola súa oposición ao “terrorismo internacional” e o seu compromiso na loita contra a sida en África.

Ponton na Sexta o sábado 16 de setembro de 2017. Pazo de Meirás
MEMORIA E HISTORIA

Pontón subliña que a Fundación Franco é “fascista” e que o BNG pedirá a súa ilegalización á ONU

Nun debate a dúas bandas no programa La Sexta Noche, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, avanzou este sábado que o Bloque elevará a reclamación de ilegalización da Fundación Nacional Francisco Franco á ONU nos próximos días. Pontón subliñou o carácter “fascista” desta fundación e lembrou que está a utilizar o Pazo de Meirás para facer apoloxía “macabra” do ditador.

INTERNACIONAL

22 por cento das portuguesas e portugueses vivem no estrangeiro

Cada ano saem do país 110.000 pessoas, um ritmo comparável ao dos anos sessenta.

INTERNACIONAL

Israel reduce a súa achega económica anual á ONU

Como represalia pola resolución aprobada polo Consello de Seguridade que prohibe os asentamentos ilegais israelís en Palestina, Israel reduciu a súa achega económica anual ás Nacións Unidas. Di que é a primeira de varias medidas contra o organismo.

Benjamin Netanyahu na ONU
INTERNACIONAL

Israel reprende o mundo

Convocou os embaixadores dos países que están no Consello de Seguridade da ONU para reprocharlles que pidan o fin dos asentamentos de colonos en territorios ocupados. Netanyahu xa advertiu que non ían cumprir a resolución e que ía deixar de contribuír a orzamentos de organismos da ONU.

INTERNACIONAL

Israel non acatará a resolución da ONU

O primeiro ministro de Israel, Benjamín Netanyahu, xa anunciou que o país non acatará a resolución do Consello de Seguridade da ONU. Culpa a administración Obama de fracasar en protexer Israel. O pobo palestino, pola súa banda, celebra a decisión das Nacións Unidas.

rafaelramirez
Os EUA abstéñense

Golpe a Israel: A ONU aproba unha resolución contra os asentamentos en Palestina

O Consello de Seguridade das Nacións Unidas vén de aprobar unha resolución contra os asentamentos de Israel en Palestina. Unha resolución que, a ollos do pobo palestino, representa un golpe a Israel. Os EUA abstivéronse na votación.

[Imaxe: Cubate] Estudantes homenaxearon Fidel
INTERNACIONAL

A ONU e a Unesco recoñecen Fidel como símbolo de solidariedade

O pobo cubano suma o seu segundo día de dó nacional decretado polo Consello de Estado en homenaxe ao líder histórico da Revolución Cubana, Fidel Castro. O mesmo día en que estudantes da Universidade da Habana se reunían para destacar a figura de Fidel, a ONU recoñecíao expresamente como símbolo da solidariedade mundial.

Colonia israelí en Palestina
Israel prepara proxecto de lei para legalizar asentamentos

ONU demanda o fin da ocupación de Palestina

O  Consello de Seguranza da ONU, en reunión mantida para abordar a situación do Medio Oriente, incluído o tema palestino, advirte que a solución de moitos dos problemas do pobo árabe pasa polo cesamento da ocupación de Palestina iniciada en 1967.

Raúl Castro e Barack Obama, nunha imaxe de arquivo
INTERNACIONAL

Cuba volve ser elixido membro do Consello de Dereitos Humanos da ONU

160 votos valéronlle a Cuba para voltar ao Consello de Dereitos Humanos da ONU durante o período de 2017 a 2019. A Asemblea elixía a sexta feira, a través de sufraxio directo e secreto, 14 países para ingresar ou se manteren no órgano.

Nacións Unidas_MINURSO
INTERNACIONAL

A ONU afronta o debate sobre a permanencia da MINURSO

Entre o 26 e o 28 de abril o Consello de Seguridade das Nacións Unidas debaterá a renovación do mandato nun contexto de tensión sobre o terreo.

INTERNACIONAL

Demite o relator da ONU para Palestina

Asegura que no tempo que asumiu a responsabilidade Israel impediulle acceder aos territorios palestinos ocupados.

Cuban@s contra o bloqueo
INTERNACIONAL

EUA rexeita o levantamento do bloqueo a Cuba na ONU

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas apoiou case por unanimidade a desaparición desta medida, contraria ao dereito internacional.

INTERNACIONAL

ONU carga de novo contra o Estado español por ignorar os casos de tortura

Urxe as autoridades para evitar que prescriban ou podan acollerse a amnistía os centos de denuncias, incluídas as desaparicións forzosas.

.
Galiza

Lores brinda o premio da ONU a unha Pontevedra orgullosa do seu modelo urbanístico

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, brindou o premio ONU que vén de recoller en Dubai a unha cidade orgullosa do seu modelo urbanístico nun acto público no Teatro Principal. A festa continúa hoxe en distintas prazas da cidade na que se sentirá a música de grupos de Pontevedra.