"Os galegos ollan para Portugal e os portugueses están a ollar para Europa"
Hélia Correia recibiu o premio Escritora Galega Universal da AELG na Gala do Libro que se celebrou onte sábado en Compostela. Afastada por decisión propia das luces de platós e palcos, a autora portuguesa -gañadora do Premio Camôes, o máis prestixiado na súa lingua- fala con Sermos da súa escrita, das relacións galego-portuguesas, de política e tamén de Narf. De case todo agás das dúas cousas que máis lle interesan: os gatos e Grecia.