Banco Sabadell traslada a súa sede fóra de Catalunya, a Alacant
Os servizos centrais da entidade financeira, en todo caso, continúan en Catalunya.
Os servizos centrais da entidade financeira, en todo caso, continúan en Catalunya.
O relato dunha Catalunya sen apoios internacionais é un mito centralista. Hai voces que comezan a se erguer en defensa do direito de autodeterminación do pobo catalán e mesmo da súa independencia. En Bélxica, un estado formado por dúas nacións, o seu ministro de Interior, flamengo, apoia a fundación da República catalá.
As persoas participantes na mobilización tamén se defendeu a lexitimidade dos resultados do 1-O. Vídeo no interior.
Xusto 24 horas despois do discurso do chefe de estado español chegou a resposta do president da Generalitat, Carles Puigdemont. Cunha escenografía moi coidada, a procurar o efeito dunha resposta institucional de igual a igual, a réplica do líder soberanista a Filipe VI foi moi clara: "Així no" (así non). Puigdemont rexeitou o discurso do monarca e pediu unha mediación internacional para o conflito político entrar en vías de solución.
Nun momento especialmente delicado e practicamente en paralelo ao agresivo discurso de El-Rei, o Ministerio de Defensa ordenou o envío de dous comboios militares a Catalunya. A versión oficial é que os destacamentos van en misión de apoio loxístico á Garda Civil e á Policía Nacional.
Centos de miles de persoas toman parte nas mobilizacións nun país que se parolizou desde a primeria hora contra a violencia das forzas de seguridade españolas na xornada do refrendo.
"Fóra as forzas de ocupación!" e "Español, español, español o que non bote" son os cánticos máis coreados nunha das múltiples marchas que percorren este 3-O Barcelona e as distintas vilas e cidades de Catalunya en pleno paro xeral. O vídeo recolle o paso de miles de persoas na confuencia do Passeig de Gràcia e a Gran Via de las Corts Catalanes.
Transporte, ensino, estiba, agricultura ou comercio están a secundar amplamente a convocatoria, así como a pequena e mediana empresa. Un total de 24 manifestacións cortaron estradas e autoestradas. Ducias de miles de persoas participan en mobilizacións en cidades e vilas do país. Centos concentráronse perante os colexios danados pola policía nas súas intervencións.
"Teño a sensación de que ERC e a CUP desexan que haxa mortes", afirmou esta cuarta feira Rafael Hernando, o portavoz do grupo parlamentar que dá suporte ao Goberno que o 1-O lanzou un brutal ataque represivo contra as persoas que exercían o seu direito de voto.
Sen dúbida esta vai ser unha das imaxes icónicas do furacán represivo desatado polo Estado o 1-O, cun balanzo de perto de 900 persoas feridas, albo de pancadas, agresións e, en ocasións, pelotas de goma e gases lacrimóxenos por un único delito: iren a un colexio eleitoral a votar.
Rajoy dixo este domingo que non houbo referendo. Os convocantes do paro xeral -unha greve nacional- desta terza feira 3-O en Catalunya teñen outra opinión. Revélana neste vídeo en que chaman a parar o país.
A alcaldesa de Barcelona asegura que recibiu varios testemuños de mulleres que denuncian estes feitos.
Comunicado da Unión Europea sobre a cuestión catalá. Pau para Madrid -a violencia "nunca pode ser un instrumento en política"- mais pau tamén -e máis de fondo- para Barcelona: "Alén dos aspectos puramente legais desta cuestión, a Comisión europea acredita que estes son tempos para a unidade e a estabilidade, non para a división nen a fragmentación". Bruxelas enfatiza que o referendo foi "ilegal" de acordo coa Constitución española.
Os manifestantes rexeitaron a actuación policial e defensa do dereito de autodeterminación. Vigo e Compostela acolleron as manifestacións máis numerosas.