Colas para votar nos colexios abertos para o 1-O
Hai grandes colas para votar naqueles colexios que conseguiron abrir para este 1-O. Os Mossos requisaron urnas e fecharon unha quincena de puntos de votación. Antidisturbios da policía española e da Garda Civil están a despregarse fronte algúns colexios e xa realizaron cargas, entre elas, no colexio onde ten que votar o president Puigdemont, que procederon ocupar. Algo que tamén fan onde teñen que votar Forcarrell e Junqueras
Actívase o censo universal para garantir o voto embora se fechen colexios. Isto é, que unha persoa con dereito a voto poderá exercer en calquera colexio electoral, non só no que lle corresponda.