Referendo 1 de outubro

7 claves para entender o procés catalá dende a esquerda (e a democracia)

aficion_balaidos_celta
DEPORTES

Convocan o celtismo a apoiar no partido contra o Girona o dereito dos cataláns a votar o 1-O

Concentración esta sexta feira, unha hora antes do inicio do encontro, perto de Balaídos

De obediencias, golpes de estado e dereitos

caxade
CULTURA

Músicos galegos gravan 'L'estaca' en solidariedade con Catalunya

Máis de seiscentos músicos galegos apoian un manifesto, difundido a través das redes sociais, que chama a defender "o dereito a convocar unha consulta democrática para decidir sobre a autodeterminación dun pobo". Deles, unha boa parte participan no rexistro dunha versión de L'estaca que verá a luz antes do sábado.

O sábado 30-S, manifestación da Plataforma Galiza con Catalunya en Compostela
INTERNACIONAL

O sábado 30-S, manifestación da Plataforma Galiza con Catalunya en Compostela

A Plataforma Galiza con Catalunya convoca en Compostela este sábado 30 de setembro, a véspera do 1-O, unha manifestación nacional de apoio ao proceso de autodeterminación que está a protagonizar o pobo catalán. A marcha dará comezo ás 12 horas na Praza da Alameda.

Fraga e Paco Vázquez tiñan a solución

bombers
INTERNACIONAL

Bombeiros e labregos mobilízanse para garantir o suceso do 1-O

Ferve Catalunya. E movímentase sen tregua o seu rico tecido social. Esta terza feira, a asemblea de bombeiros de Barcelona tomou a decisión de se oferecer ás entidades soberanistas como "cordón de seguranza" para garantir o "desenvolvimento pacíficos dos actos" do 1-O. Por súa parte, a Assemblea Pagesa (Asemblea Labrega) chama a unha singular tractorada en defensa do referendo.

Screen Shot 2017-09-26 at 11.50.51
Escalada represiva

O único camión con canón de auga do que dispón Interior xa está en Catalunya

Nunca utilizado até o de agora, o polémico vehículo custoulle ás arcas públicas 350.000 euros e foi adquirido, após a aprobación da Lei de Seguranza Cidade, en 2014.

En democracia, o normal é votar
INTERNACIONAL

En democracia, o normal é votar

Nova entrega do vlogue de Xosé Mexuto. "Se non é posíbel votar o 1-O talvez teríamos que concluír que a democracia española non é tal", así o ve o director do SermosGaliza.gal
INQUÉRITO SERMOS

Na actual situación de Catalunya apostarías en...

Screen Shot 2017-09-26 at 09.55.54 1
INTERNACIONAL

Gardas Civís poñen rumo a Catalunya baixo cánticos de "a por eles" ou "eu son español, español"

Enviados como se fosen destacamentos de guerra. Na súa saída rumo a Catalunya, Gardas Civís foron despedido por familiares e amizades con cánticos entre o chovinismo e o racismo.

 

dani candal anton escudero catalunya
Enviados especiais

Sermos Galiza estará en Catalunya para acompañar o 1-O

O xornalista Antón F. Escuredo e o cámara Dani Candal desprázanse a Catalunya como enviados especiais de Sermos Galiza para cubrir unha xornada histórica que transcende os límites do país catalá. “Queremos, desde unha perspectiva galega e a pé de rúa en Catalunya, informar”, comprometénse.

GN catalunya galiza
SOCIAL

O referendo catalán, a debate en Galiza

Diferentes coloquios, charlas ou encontros decorrerán esta semana en diversas partes do país sobre o referendo catalán.

puig
INTERNACIONAL

Puigdemont non desbota ser arrestado nas vésperas do 1-O e advirte: "Non sería unha boa idea"

A escalada represiva do Estado en Catalunya aínda non ten concluído e podería ter como ponto culminante o arresto de Carles Puigdemont. No mínimo iso é o que se tira das súas declaracións a La Sexta nunha entrevista con Jordi Evole. "O fiscal xeral [eleito directamente polo Consello de Ministros] ten aventurado esa posibilidade [a da súa detención]", dixo o president.

diada
A participación sería 82%

Unha enquisa sitúa o “si” á independencia en 53%

O recoñecido politólogo Juan José Domínguez deu a coñecer este domingo un inquérito realizado en base a 3 mil entrevistas que dá como resultado unha vitoria da independencia de Catalunya. 53% das persoas enquistadas apoiarían o “si”.

DKeOLCDXkAAYyz1
Membros de En Marea participan nun acto en Zaragoza

En Marea defende o dereito a decidir do pobo catalán

O Consello das Mareas, reunido o sábado, día 23, emitiu un comunicado en defensa do dereito a decidir, “o pobo catalán ten dereito a exercelo e escoller libremente o seu futuro e a súa relación cos pobos que hoxe conforman o estado español e o resto do mundo”..

[Imaxe: Ministerio do Interior] Diego Pérez de los Cobos
INTERNACIONAL

O coordinador do operativo policial imposto polo Estado en Catalunya foi xulgado por torturas

O coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos, imposto polo Ministerio do Interior para coordinar o operativo policial en Catalunya para impedir que teña lugar o referendo do 1 de outubro, fora xulgado por torturas ao preso vasco Kepa Urra.

DSCN5843
INTERNACIONAL

Os Mossos non aceptan o control do Ministerio de Interior

[ACTUALIZACIÓN ÁS 18.20 ] Aínda que o Ministerio do Interior vén de asegurar que “non se retira ningunha competencia” aos Mossos, o Goberno asumiría de facto o control sobre os Mossos co obxectivo de impedir o 1-O. Porén, apenas unhas horas após a reunión entre corpos policiais que tivo lugar este sábado, os Mossos din que non aceptarán a inxerencia do Estado.

CESAREO SANCHEZ. autor EDUARDO CASTRO BAL
INTERNACIONAL

A AELG esixe acabar coa “persecución sen límites” contra as institucións literarias catalás

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega emitiu na mañá do sábado un comunicado en que se solidariza coa Associació d'Escriptors en Llengua Catalana dada a “vixilancia especial” que padecen institucións literarias catalás nos días previos ao referendo.

trapero
Máis presenza policial en Catalunya

Trapero opúxose a que o Estado asumise o control dos Mossos

O major dos Mossos, Josep Lluís Trapero, negouse a que o Ministerio do Interior dirixise a policía integral de Catalunya após a Fiscalía reclamase o seu control por parte do Estado.