250 puntos negros de vertedura nas rías galegas
Arco Iris denuncia a existencia de máis dunha vintena de verteduras novas ás rías galegas no último ano.
Arco Iris denuncia a existencia de máis dunha vintena de verteduras novas ás rías galegas no último ano.
O deputado Luís Bará, voceiro do principal grupo da oposición en materia de Medio Ambiente, levou ao Parlamento a proposta de que senten a Xunta, o Estado, os sindicatos e a propia compañía para negociar. Amosou preocupación despois de que o presidente de Ence advertira da posibilidade de que decorra un “susto ambiental maiúsculo” por falta de inversión na factoría de Lourizán.
Populares e socialistas votan en contra dun "gran pacto pola sustentabilidade, a calidade das augas, a produtividade e o futuro das nosas rías" que propuña o BNG.
A riqueza das augas galegas é unha gran descoñecida. De feito, o océano como ecosistema é, sen dúbida, a parte máis ignorada do noso planeta. Isidro Mariño embarcouse en 2011 nunha empresa que pretende mitigar esa ignorancia e mostrar algúns dos tesouros da costa de Galiza. Mariño é o capitán e patrón do Chasula, un barco de pesca de 1959 que desde hai nove anos organiza diferentes rutas polo mar de Arousa para observar aves e mamíferos mariños, principalmente, pero tamén para coñecer a xeografía, a xeoloxía e outros moitos aspectos socioculturais e medioambientais das rías e do mar aberto.
As obras para sanear o estuario da comarca coruñesa contan cun orzamento de 48,5 millóns de euros. A Xunta xa suspendeu a actividade na zona hai algunhas semanas.
Na recta final do camiño que leva ao 28 de abril, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, salienta que “hai partido”, e apela a votar o Bloque “para dárlle voz a Galiza” e para “quitarlle escanos á dereita antigalega de Vox e Ciudadanos”.
Vivíronse momentos de tensión no transcurso da reunión da Comisión de Peticións da Unión Europea, a pasada segunda feira 21 de xaneiro, na que se levou a debate a contaminación das Rías do Burgo e Vigo. Xosé Blanco, eurodeputado do PSOE e ex ministro de Fomento, cuestionou a capacidade dos peticionarios para xulgar determinadas condicións técnicas da depuradora de Vigo. Sermos Galiza asistiu á sesión en Bruxelas.
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu esta segunda feira 21 de xaneiro reabrir o expediente do saneamento das rías do Burgo e Vigo após escoitar ao patrón maior da ría da Coruña e o presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Vigo.
A cesta da compra subiu desde comezos de século entre o 30 e o 50% de media; porén, os ingresos pola venda de marisco nas lonxas sufriu unha baixada, como confirman os dados da plataforma Pescadegalicia, da Consellaría do Mar. Deixamos aquí un extracto da reportaxe publicada ao respeito no Sermos Galiza 237.
O saneamento integral da ría de Ferrol non rematará, malia a propaganda, antes de 2020, mais daquela o seu estado será crítico e as condicións económicas do sector marisqueiro, cada vez máis precarias. Mesmo nese horizonte, o esteiro non volverá recuperar o esplendor de antano sen unha aposta decidida da Xunta na rexeneración.
Nun acto simbólico que tivo lugar na mañá do domingo na praia do Areal de Boa Grande (Noia), o BNG reivindicou a rexeneración integral das rías galegas. Desta maneira conmemorou a formación nacionalista o Día Mundial do Medio Ambiente.
A dupla manifestación que partiu das alamedas de Pontevedra e de Marín para confluíren diante da factoría de Ence, en Lourizán, contou coa participación dunha multitude de persoas que clamaron o feche da pasteira. VÍDEO NO INTERIOR.