saúde

Concentración diante do Centro de Saúde de Carballo
SOCIAL

Os recortes aumentan as esperas no Centro de Saúde de Carballo

Carballo é un exemplo máis do que está a acontecer polo país adiante despois do anuncio de graves recortes na Sanidade pública. Traballadores e traballadoras dese centro denunciaron que non hai substitucións para o persoal que está de vacacións e aumenta e degrádase o servizo sanitario.
Proxecto do Centro de Saúde de Conxo Compostela
SOCIAL

Demandan que o centro de saúde de Conxo, en Compostela, conte como prioridade da Xunta

En Compostela a Xunta aprobou a licitación do Centro de Saúde de Galeras mais esquece a promesa electoral do de Conxo.
Praza da Quinatna ao remate da Manifestación de SOS Sanidade Pública
SOCIAL

A CIG-Saúde critica que o PP non debata a ILG de SOS Sanidade Pública

A CIG-Saúde sinala que o feito de se negar o PP a debater njo palamenot a iniciativa lesislativa popular presentada pola Plataforma SOS Sanidade Pública débese a que non quere dar a coñecer o seu “programa oculto” en materia sanitaria.
SOCIAL

Miles protestan no Barco contra a eliminación da área de saúde e a privatización da Sanidade

Até 4.000 persoas saíron á rúa contra a centralización de servizos, coa creación da Área de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco. A plataforma SOS Sanidade Pública rexeitou o rescate á banca española e anunciou novas accións ''para parar os pés a este Goberno de banqueir@s''
SOCIAL

Máis unha maré clama ''saúde!'' para a educación e a sanidade públicas

Miles de persoas botáronse á rúa este domingo en Compostela en contra dos recortes que poñen en xaque os dereitos sociais
POLÍTICA

O PP terá que explicar no Parlamento por que o Sergas non consulta as mulleres inmigrantes

O BNG pide explicacións para os 30 casos denunciados de persoas que non foron atendidas nos centros de saúde públicos da Galiza e reclama coñecer as medidas previstas pola Xunta para dar información ''veraz e completa'' de todos os supostos en que a atención foi negada
DEREITOS SOCIAIS

CIG-Saúde reclama na Mesa Sectorial a retirada do decreto de recortes na sanidade pública

Consideran que as medidas ditadas en Madrid foron trasladadas a Galiza ''submisamente'' por Feijóo e piden que non se apliquen
PARLAMENTO

Máis de 2.000 persoas continúan a agardar entre 6 e 12 meses para seren operadas

O BNG entende que con estas cifras o Sergas ''confirma a súa incapacidade'' para cumprir cos prazos fixados no decreto galego de garantía cirúrxica
MEDICINA

Unha empresa galega deseña o 'Doccomunicator', un aplicativo para discutir diagnósticos entre médic@s

A ferramenta permitirá que o persoal sanitario dado de alta na plataforma poida consultar dúbidas con especialistas e incluso intercambiar probas médicas en tempo real